Asociación Regionalista Gallega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Arranxos varios, replaced: <br> → <br/>
m Bot: Substitución da categoría "Século XIX de Galicia" pola categoría "Século XIX en Galicia"; cambios estética
Liña 2:
A '''Asociación Regionalista Gallega''', foi unha organización política [[Rexionalismo galego|rexionalista galega]] activa entre [[1890]] e [[1892]].
 
== Traxectoria ==
En novembro de 1890 constituíuse en [[Santiago de Compostela]] o Comité Central Regionalista presidido polo liberal [[Manuel Murguía]], aínda que a maioría dos seus membros viñan do [[Carlismo|tradicionalismo]], entre eles destacaban [[Alfredo Brañas]], [[Salvador Cabeza de León]], [[José Tarrío García]] e [[Juan Barcia Caballero]]. En [[1891]] fórmanse comités locais, baixo o nome xa de Asociación Regionalista Gallega, en [[Lugo]], [[A Coruña]], [[Ourense]], [[Pontevedra]], [[Vigo]] e [[Tui]]. En total non chegou a moito máis de 50 asociados, aínda que nas eleccións municipais de Santiago, José Tarrío e Cabeza de León saíron elixidos concelleiros.
 
''[[La Patria Gallega (Santiago de Compostela)|La Patria Gallega]]'' (1891-1892) foi o seu órgano oficial, dirixido por Murguía, e no que Brañas escribiu artigos importantes para a evolución posterior do rexionalismo.<br/>
A Asociación Regionalista Gallega mantivo contactos cos rexionalistas cataláns a través de Murguía que participou nos Jocs Florals de Barcelona de 1890 e colaborou en ''La España Regional'' de Barcelona.
 
Entre as actuacións da ARG, destaca a organización dos [[Xogos Florais de Tui]] en 1891, nos que Brañas e Murguía empregaron o [[Lingua galega|galego]] por vez primeira nun acto público e a participación na Xunta de Defensa de Galicia que se opuña ao traslado da capitanía militar fóra de Galicia.
Liña 12:
As diferenzas entre tradicionalistas e liberais impediu a consolidación da organización, aínda que foi un chanzo moi importante na formación dun sentimento nacional galego, ao ser a primeira organización política rexionalista de [[Galicia]].
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Rexionalismo galego]]
* [[Liga Gallega (A Coruña)]]
* [[Liga Gallega (Santiago de Compostela)]]
 
{{Nacionalismo galego}}
Liña 23:
 
[[Categoría:Forzas políticas de Galicia]]
[[Categoría:Século XIX deen Galicia]]
[[Categoría:Rexionalismo galego]]