Airbus A318: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiño
Beninho (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23:
 
Durante o proceso de deseño do avión, [[Airbus]] tropezou con diversos problemas. O maior sen dúbida foi a diminución da demanda de novas aeronaves despois dos [[atentados do 11 de setembro de 2001]]. Outro foi o deseño dos motores turboventilador de Pratt & Whitney PW6000, que debían propulsar á aeronave; queimaban máis combustible do previsto tendo que ser redeseñados, polo que tivo que usar un de CFMI (o [[CFM International CFM56|CFM56-5]]) ao principio, ata que a versión de Pratt & Whitney fosa optimizada e estivese lista. Actualmente hai versións con ambolosdous motores.
 
== Desenvolvemento ==
 
=== Antecedentes ===
O primeiro membro da familia A320 foi o [[Airbus A320]], que voou por vez primeira o [[22 de febreiro]] de [[1987]] despois de que o programa se lanzase en marzo de [[1984]]. Ao pouco tempo a familia ampliouse para incluír ao alongado [[Airbus A321|A321]], ao acurtado [[A319]], e ao aínda máis curto A318. A familia A320 foi pioneira no uso de controis dixitais [[fly-by-wire]], ademais de joysticks de control laterais.
 
O proxecto do Airbus A318 ten a súa orixe na colaboración entre fabricantes chineses, sungapurianos e europeos. En maio de [[1997]], durante a visita do presidente francés [[Jacques Chirac]] a [[China]], [[Aviation Industries of China]] (AVIC), [[Singapore Technologies Aerospace]] (STAe), [[Airbus]] e [[Alenia]] asinaron un acordo marco que describía o desenvolvemento dun avión no rango dos 100 asentos.<ref name=":0">{{Cita publicación periódica|data=1997-06-01|título=New family members mean Airbus means business. (Airbus Industrie contracts)|url=https://www.highbeam.com/doc/1G1-19778327.html}}</ref> O programa AE31X, como se chamou inicialmente, ademais de ser un programa industrial global servía para profundizar significativamente nas relacións comerciais sino-europeas. Cuns custos de desenvolvemento estimados en máis de 2 000 millóns de dólares, AVIC tería unha participación no proxecto do 46%, STAe un 15%, e Airbus Industrie Asia un 39%, este último composto por Airbus e Alenia. A montaxe final realizaríase en China.<ref name=":1">Norris & Wagner 1999, p. 87</ref>
 
O proxecto nunca pasou da fase exploratoria. Comprendeu dous deseños novos, o AE316 e o AE317. O AE316 tería unha lonxitude de 31,3 metros e o AE317 de 34,5.<ref name=":2">{{Cita web|url=https://www.flightglobal.com/pdfarchive/view/1997/1997%20-%203026.html|páxina-web=Flight International|título=Time out in Asia|data-acceso=2018-11-30}}</ref> As versións stándar das dúas variantes tiñan un peso máximo na engalaxe de 49,9 toneladas para o máis pequeno e de 54,2 para o AE317, e estarían impulsados por motores [[Turbofan|turbofán]] BMW Rolls-Royce, [[CFM International]] ou [[Pratt & Whitney]].<ref name=":1" /><ref name=":2" /> O alcance estableceuse nos 3 700 para as dúas variantes, aínda que había unha versión con máis peso que tiña máis alcance e potencia de motor.<ref name=":2" /> Os AE316 e AE317 levarían a un máximo de 105 e 125 pasaxeiros en filas de cinco asentos, respectivamente. Ámbolos dous compartirían cabina de mando e un sistema de control [[fly-by-wire]] semellante ao da familia A320.<ref name=":0" />
 
Un estudo de mercado realizados en 1997 revelou que as aeroliñas querían un avión máis pequeno no rango dos 70-80 asentos. A medida que avanzaba o proxecto aumentaron as discrepancias entre o lado chinés e Airbus. China quería un avión máis grande do previsto orixinalmente. Ademais, houbo dificultades derivadas das negociacións sobre a transferencia de tecnoloxía e do reparto do traballo de produción. STAe, que xa expresara dúbidas sobre o rendemento do proxecto,<ref>{{Cita web|url=https://www.flightglobal.com/pdfarchive/view/1997/1997%20-%202270.html|páxina-web=Flight International|título=STAe thinks again on AE31X|data-acceso=2018-11-30}}</ref> retirouse en [[1988]] pola incapacidade de AIA e AVIC de chegar a un acordo; Airbus e AVIC cancelarían o proxecto en xullo dese ano.<ref>{{Cita novas|data=1998-07-08|xornal=Flightglobal.com|título=Airbus Industrie and AVIC abandon AE31X|url=https://www.flightglobal.com/news/articles/airbus-industrie-and-avic-abandon-ae31x-39195/|lingua=en-GB|data-acceso=2018-11-30}}</ref> O A318 crese que xurdiu do proxecto AE31X<ref>{{Cita libro|título=The Global Commercial Aviation Industry|apelidos=Eriksson|nome=Soren|editorial=Routledge|ano=2015|ISBN=978-1136672392|ref=}}</ref> aínda que Airbus comezara un proxecto exclusivo chamado A319M5 en [[1995]], antes da cancelación do AE31X.<ref>Gunston 2009, p. 222</ref>
 
== Operadores ==
Liña 35 ⟶ 46:
* {{GBRb}} [[British Airways]]: 2
 
== Notas ==
{{Listaref}}{{Airbus}}
{{commonscat|Airbus A318}}