Bon Jovi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*pantexarse > tomar en consideración.
indiferencia > indiferenza
Liña 57:
En 1992 reintegrouse o quinteto, lanzando ó mercado o álbum ''[[Keep The Faith]]'', co que a banda experimentou un cambio musical, para estar acorde cos novos tempos e manterse en boa brecha, o que provocou moitas críticas. Estas incrementáronse polo cambio radical da súa aparencia.
 
Ante estas críticas Jon declarou: {{Cita|''«En ocasións penso que é o mellor que fixemos. ''Keep the Faith'' ten un montón de temas excelentes; "I'll Sleep When I'm Dead", trata dunha rapaza que baila sobre unha mesa; "Blame it on the Love of Rock n' Roll", fala de cando eramos novos e diciamos "vou tocar no Madison Square Garden" algún día, e os teus amigos contestábante "si, claro, por suposto..."; "Keep the Faith" é un tema máis serio e recoñece o dura que é a década dos noventa. ReflexaReflicte a decepción da banda ante a indiferenciaindiferenza cara os problemas e trata de dar unha mensaxe positiva nestes tempos tan difíciles; "I Believe" ten un diálogo moi serio: destrúe o mito da idolatría. "If I was your Mother" trata dun tipo que está obsesionado coa relación que ten coa súa moza. Garantízovos que non é a parte dous ou tres de ''Slippery'' ou ''New Jersey''. Non son as mesmas cancións, as mesmas estruturas, pero falamos da mesma banda»''.}}
 
Despois de todo arrasan novamente e amosan a súa calidade en cancións como "Keep the Faith", "Bed Of Roses", "In these arms", "I'll Sleep When I'm Dead", "I Believe" ou "Dry county" (ademais da primeira canción en castelán da banda, "Cama de Rosas"). O álbum logrou vender 10 millóns de copias a nivel mundial, e con el iniciaron outra xira mundial, que os levou por segunda vez a Latinoamérica.