Xustiniano I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 26:
 
Xustiniano naceu nunha pequena aldea chamada [[Tauresina]] ([[Taor]]) en [[Iliria]] (preto da actual [[Skopje]]), na [[Balcáns|península Balcánica]], probabelmente o [[11 de maio]] de 483. A súa nai era irmá do famoso xeneral [[Xustino I|Xustino]] que ascendeu desde o exército á dignidade imperial. O seu tío adoptouno e asegurouse de que recibise unha educación: Xustiniano seguiu así o currículo educativo habitual, centrándose na [[xurisprudencia]] e a [[filosofía]]. Avanzou na súa carreira militar con gran rapidez, e abriuse ante el un gran futuro cando, en [[518]], Xustino se converteu en emperador. Xustiniano foi nomeado cónsul en [[521]], e posteriormente xeneral do exército de oriente. Moito antes de que Xustino o fixese coemperador o [[1 de abril]] de [[527]], xa participaba nas actividades de goberno.
[[Ficheiro:IUSTINIANUS I - CONOB DOC 7 - 851082.jpg|miniatura|esquerda|[[Moeda da Antiga Roma|Moeda]] dun [[Sólido (moeda)|sólido]] de '''Xustiniano I''' [[Cuñaxe|cuñado]] en [[Tesalónica]]]]
Catro meses despois, Xustiniano pasou a ser o único soberano trala morte de Xustino. O seu reinado tería un grande impacto na historia mundial, dando lugar a unha nova era na historia do Imperio bizantino e da [[Igrexa Ortodoxa]]. Foi un home cunha capacidade de traballo fóra do común, que tiña un carácter afábel, moderado e alegre, pero que tamén podía ser mentirán e falto de escrúpulos cando lle conviña. Foi o último emperador que intentou recuperar os territorios que posuíu o [[Imperio Romano]] en tempos de [[Teodosio I]], e con este fin, puxo en marcha grandes campañas militares. Tamén desenvolveu unha colosal actividade construtiva emulando a dos grandes emperadores romanos do pasado. Partindo da premisa de que a existencia dunha comunidade política se funda nas armas e nas leis, prestou especial atención á [[Lexislatura|lexislación]] e pasou á posteridade pola súa codificación do [[dereito romano]] (o ''[[Corpus Iuris Civilis|Codex Iustinianus]]'' e as ''[[Corpus Iuris Civilis|Novellae Constitutiones]]'').