Fernando Fernán Gómez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Sen resumo de edición
Liña 40:
Tras algún traballo escolar como actor, estudou Filosofía e Letras na [[Universidade Central de Madrid|Madrid]], pero a súa verdadeira vocación levouno ó [[teatro]]. Durante a [[Guerra civil española|guerra civil]] recibiu clases na Escola de Actores da [[Confederación Nacional do Traballo|CNT]], debutando como profesional en 1938 na compañía de [[Laura Pinillos]]. Alí descubriuno [[Enrique Jardiel Poncela]], que lle deu a súa primeira oportunidade ó ofrecerlle en 1940 un papel como actor secundario na súa obra ''Los ladrones somos gente honrada''. Tres anos despois contratouno a produtora cinematográfica [[Cifesa]], irrompendo así no [[cine]] coa película ''Cristina Guzmán'', dirixida por [[Gonzalo Delgrás]]. Ó ano seguinte ofrecéronlle o seu primeiro papel protagonista en ''Empezó en boda'', de [[Raffaello Matarazzo]]. Malia a incursión no cine, non descoidou a súa vocación de autor de teatro e director de escena, e foi escritor e guionista asiduo da [[tertulia]] do [[Café Gijón]].
 
A partir de 1984 dedicou a súa cada vez máis intensa vocación literaria á escritura de artigos moi persoais en ''Diario 16'' e no suplemento dominical de ''El País'', producindo ademais varios volumes de ensaios e once novelas, fortemente autobiográficas unhas e históricas outras. Foi un grande éxito a súa autobiografía en dous volumes, ''El tiempo amarillo'', da que hai dúas edicións, a segunda algo máis ampliada. Pero o seu éxito máis clamoroso obtívoo cunha peza teatral prontamente levada ó cine, ''Las bicicletas son para el verano'', sobre os seus recordos infantilesinfantís da guerra civil.
 
En 1947 casou coa cantante [[María Dolores Pradera]], divorciándose en 1959, coa que tivo unha filla, a actriz [[Helena Fernán Gómez]], e un fillo, Fernando, relacionado tamén co mundo da cultura. VoveuVolveu casar en 2000 coa actriz [[Emma Cohen]], coa que mantiña unha relación desde os anos 70 tras participar nun episodio dunha serie de TVE onde Emma era protagonista (''Tres eran tres'', 1973) xunto a [[Lola Gaos]].
 
Da súa man entrou o cine na [[Real Academia Española]], da que foi elixido membro en 1998<ref>{{Cita web|url = http://www.elmundo.es/1998/12/18/cultura/18N0112.html|título = «"Este año es el colofón de mi carrera", dice Fernán-Gómez»|data-acceso = 22 de novembro de 2007|editor = (xornal ''[[El Mundo]]'', 18 de decembro de 1998)}}</ref> e tomou posesión da cadeira B o 30 de xaneiro de 2000. Foi galardoado co [[Premio Príncipe de Asturias das Artes]] en 1995. Polifacético, querido e respectado polos profesionais da industria e por varias xeracións de espectadores, encontrou a popularidade como actor case ó principio da súa carreira cinematográfica co clásico da comedia negra ''Domingo de carnaval'' (do célebre realizador [[Edgar Neville]]), que protagonizou xunto a [[Conchita Montes]] en 1945. Dous anos antes aparecera como secundario noutro notable título do cine español dos cuarentacorenta con ''Cristina Guzmán''. Ese mesmo ano acompañou á xa consagrada [[Imperio Argentina]] e ó recordado galán [[Alfredo Mayo]] na exótica comedia ''Bambú'' e participou tamén nun pequeno clásico da comedia fantástica con ''El destino se disculpa'', de [[José Luis Sáenz de Heredia]], seguindo o estilo do subxénero norteamericano en voga durante eses anos (como ''I Married a Witch'', de [[René Clair]], ou ''A Guy Named Joe'', de [[Victor Fleming]]). A partir de entón encadeou títulos de éxito considerados pola crítica actual como indispensables, traballando con [[Gonzalo Delgrás]] (''Los habitantes de la casa deshabitada''), [[Carlos Serrano de Osma]] (''Embrujo'', xunto a [[Lola Flores]] e [[Manolo Caracol]]), Sáenz de Heredia (''La mies es mucha'', ''Los ojos dejan huellas''), [[Ramón Torrado]] (''Botón de ancla''), [[José Antonio Nieves Conde]] (''Balarrasa'', ''El inquilino''), ou [[Luis Marquina]] (''El capitán Veneno''). Naquela época tamén traballou en [[Barcelona]] como actor de dobraxe.
 
Na década de 1950 consolidouse como actor principal en toda serie de comedias (''El fenómeno''), dramas (''La gran mentira'') e cine relixioso ''Balarrasa'', ''Molokai'', ou folclórico (''Morena clara'') propagandísticos ou directamente escapistas (o que en moitos sentidos tamén é considerado propaganda polos historiadores), ó tempo que interviña nunha das primeiras avanzadas do que posteriormente sería o «Novo cine español»: ''Esa pareja feliz'' de [[Juan Antonio Bardem|Bardem]] e [[Luis García Berlanga|Berlanga]]. Tamén participou nalgunhas co-producións de interese como ''La conciencia acusa'' (do xenial [[Georg Wilhelm Pabst]]) o ''Lo scapolo'' (de [[Antonio Pietrangeli]]) xunto a [[Alberto Sordi]], e por último, inicia unha incipiente carreira como director, con obras de encargo de desigual fortuna: neste sentido, sobresae a súa versión da novela de [[Wenceslao Fernández Flórez]] ''El malvado Carabel'' e dúas excelentes comedias nas que compartiu química e cartel coa deliciosa [[Analía Gadé]], unha das súas parellas artísticas máis recorrentes, como son ''La vida por delante'' e ''La vida alrededor''.
 
Ó fío do cine español dos sesenta, a súa filmografía como actor e director encheuse de comedias de todo tipo (''La venganza de Don Mendo'', ''Adiós, Mimí Pompón'', ''Ninette y un señor de Murcia'' ou ''Crimen imperfecto''), excepción á parte dos seus traballos de dirección en ''El mundo sigue'' (1963), un durísimoduro drama naturalista, inspirado na novela homónima de [[Juan Antonio Zunzunegui]], onde se enfrontan dúas irmás de concepcións vitais opostas en plena sociedade de posguerra española. Ese foi o seu primeiro éxito como director. A outra película que dirixiu daquela foi ''El extraño viaje'' (1964), onde retrata, case con maior profundidade que o propio Berlanga, o clima cicateiro e opresivo da sociedade española do [[franquismo]]. A obra permanece como un dos cumios do cine español de tódolos tempos.<br />Ambas producións tiveron tremendos encontronazos coa [[censura]]. Por outra parte, é entón cando inicia relación profesional con outra das súas parellas máis emblemáticas, [[Concha Velasco]], coa comedia negra ''Crimen para recién casados''.
 
Ambas producións tiveron tremendos encontronazos coa [[censura]]. Por outra parte, é entón cando inicia relación profesional con outra das súas parellas máis emblemáticas, [[Concha Velasco]], coa comedia negra ''Crimen para recién casados''.
Nos setenta Fernán Gómez convertiuse nun dos actores máis solicitados da chamada [[transición española]], con títulos dorados como ''El espíritu de la colmena'', ''El amor del capitán Brando'', ''Pim, pam, pum, fuego'', ''Mi hija Hildegart'', ''Los restos del naufragio'', ''Mamá cumple cien años'' ou ''¡Arriba Azaña!''. Iniciou así unha exitosa colaboración xunto ó notable director [[Jaime de Armiñán]], e unha tamén estreita relación profesional con [[Carlos Saura]], gañándose así un xusto prestixio como actor e director, ademais do recoñecemento pola súa xa longa traxectoria. En 1976 interviu nun título de indubidable valor, se ben non tivo éxito entre o gran público, como ''El anacoreta'', premiada no [[Festival de cine de Berlín]]. Tamén dirixiu e interpretou dúas exitosas series para TVE (''Juan soldado'' e sobre todo ''El pícaro'') que si triunfan entre o gran público.<br />Trala morte de [[Francisco Franco|Franco]] e a legalización da [[CNT]], tivo unha militancia activa no Sindicato de Espéctaculos de Barcelona.
 
Nos setenta Fernán Gómez convertiuseconverteuse nun dos actores máis solicitados da chamada [[transición española]], con títulos dorados como ''El espíritu de la colmena'', ''El amor del capitán Brando'', ''Pim, pam, pum, fuego'', ''Mi hija Hildegart'', ''Los restos del naufragio'', ''Mamá cumple cien años'' ou ''¡Arriba Azaña!''. Iniciou así unha exitosa colaboración xunto ó notable director [[Jaime de Armiñán]], e unha tamén estreita relación profesional con [[Carlos Saura]], gañándose así un xusto prestixio como actor e director, ademais do recoñecemento pola súa xa longa traxectoria. En 1976 interviu nun título de indubidable valor, se ben non tivo éxito entre o gran público, como ''El anacoreta'', premiada no [[Festival de cine de Berlín]]. Tamén dirixiu e interpretou dúas exitosas series para TVE (''Juan soldado'' e sobre todo ''El pícaro'') que si triunfan entre o gran público.<br />Trala morte de [[Francisco Franco|Franco]] e a legalización da [[CNT]], tivo unha militancia activa no Sindicato de Espéctaculos de Barcelona.
 
Trala morte de [[Francisco Franco]] e a legalización da [[CNT]], tivo unha militancia activa no Sindicato de Espéctaculos de Barcelona.
 
En 1981 protagonizou o memorable ''Maravillas'' de [[Manuel Gutiérrez Aragón|Gutiérrez Aragón]], e comezou a encadear éxitos de crítica e público (''La colmena'', ''Stico'', ''Los zancos'', ''Réquiem por un campesino español'', ''La corte del faraón'', ''La mitad del cielo'' e ''El viaje a ninguna parte''). Termina a década con excelentes traballos en películas non moi ben acollidas pero de calidade: ''Esquilache'' e ''El río que nos lleva''. En 1986 rodou na Arxentina ''Pobre mariposa'', de [[Raúl de la Torre]], xunto a un elenco internacional con [[Bibi Andersson]], [[Vittorio Gassman]], [[Fernando Rey]] e [[Graciela Borges]]. Nesta década está moi activo nos seus traballos para TVE (''Ramón y Cajal'', ''Fortunata y Jacinta'', ''Las pícaras'' ou ''Cuentos imposibles'').
 
A década dos 90 presencia o inicio dun período de menor actividade profesional derivada dalgúns problemas de saúde e, seguramente, de falta de papeis de envergadura para un actor como el. Agás ''[[Belle Époque (filme)|Belle Époque]]'' e o [[Oscar á mellor película estranxeira]] que consegue a cinta, non é ata 1998 cando volve aparecer en obras tan distintas como importantes (cada unha ó seu xeito) como son ''El abuelo'' (nomeada ó Oscar e de gran éxito de taquilla) e ''Pepe Guindo'' (homenaxe-ficción ó gran actor por parte dun director infravalorado pero nada mediocre como [[Manuel Iborra]]). Entre medias, estivo varias tempadas na serie de TV ''Los ladrones van a la oficina'', que o devolvería a popularidadpopularidade xunto a grandes nomes da interpretación como [[Agustín González]], [[Manuel Alexandre]] ou [[José Luis López Vázquez]]. Despois recupera folgos con tres grandes películas (''Todo sobre mi madre'', ''Plenilunio'' e o éxito popular ''[[A lingua das bolboretas]]'').
 
Máis recentemente rodou a incomprendida ''Visionarios'', de Gutiérrez Aragón, ''El embrujo de Shangai'', con [[Fernando Trueba]], ''Para que no me olvides'', e a súa última gran interpretación, en ''[[En la ciudad sin límites]]'', de [[Antonio Hernández]].
Liña 60 ⟶ 64:
[[Marisa Paredes]], presidenta da [[Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España]], na entrega da décima Medalla de Ouro, describiuno á perfección: «''Por anarquista, por poeta, por cómico, por articulista, por académico, por novelista, por dramaturgo, por único y por consecuente''».<ref>{{Cita web|url = http://www.rojoynegro.info/2004/spip.php?article20140|título = «Nos ha dejado Fernando Fernán Gómez, un obrero de la Cultura»|data-acceso= 22 de novembro de 2007|editor = ''Rojo y Negro''}}</ref>
 
O 19 de novembro de 2007 foi ingresado na área de Oncoloxía do madrileño [[Hospital Universitario La Paz]] para ser tratado dunha [[pneumonía]]. Faleceu en Madrid, o 21 de novembro de 2007, con 86 anos de idade.<ref>[http://www.elpais.com/articulo/cultura/Fallece/Fernando/Fernan/Gomez/elpepucul/20071121elpepucul_8/Tes/ «Fallece Fernando Fernán Gómez»] (diario ''[[El País]]'', 21 de novembro de 2007).</ref> Tras anuncialo o presidente do Executivo, [[José Luis Rodríguez Zapatero]] na [[capela ardente]] do actor, o Goberno de España concedeulle o día 23 de novembro, a título póstumo, a [[Gran Cruz da Orde Civil de Alfonso X o Sabio]].<ref>[http://es.noticias.yahoo.com/ep/20071123/ten-consejo-fernando-fernn-gmez-condecor-f9f3326_1.html Fernando Fernán-Gómez, condecorado con la Gran Cruz de la Orden Civil de Alfonso X el Sabio]{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}, noticia de [[Europa Press]] en Yahoo! Noticias.</ref> Tamén o alcalde de Madrid [[Alberto Ruiz-Gallardón]] anunciou que como homenaxe o [[Centro Cultural da Vila de Madrid]] pasaría a chamarse Teatro Fernando Fernán Gómez.<ref>[http://www.elpais.com/articulo/espana/Centro/Cultural/Villa/llamara/Teatro/Fernando/Fernan-Gomez/elpepucul/20071122elpepunac_10/Tes «El Centro Cultural de la Villa se llamará Teatro Fernando Fernán-Gómez»] (diario ''[[El País]]'', 22 de novembro de 2007).</ref> Na capela ardente o seu féretro foi recuberto cunha [[Símbolos anarquistas#Bandeira negrivermella|bandeira negrivermella]] anarquista, sendo posteriormente incinerado.
 
== Obra literaria ==