Sergei Eisenstein: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 29:
 
=== A súa etapa estadounidense ===
En 1928 inicia unha xira de dous anos por Europa ([[Berlín]], [[ZürichZurich]], [[Londres]] e [[París]]) para aprender técnicas sobre o son no cinema e para facer chegar as obras soviéticas. En 1930 un directivo da [[Paramount Pictures]] viaxou ata [[París]] e convenceu a Eisenstein para asinar un contrato e rodar en Hollywood, onde chegaría a cobrar ata 900 dólares á semana. Foi recibido en [[Nova York]] como un xenio, pero pronto se dedicaría a dar conferencias nas Universidades de [[Universidade de Columbia|Columbia]] e [[Harvard]]. Pouco antes de marchar a Hollywood, estreouse nun cine de Arte e Ensaio de Nova York a súa película ''[[Staroye i novoye]]'', e os directivos da Paramount Pictures puxéronse bastante nerviosos ó ver as súas ideas sobre a colectivización e o [[comunismo]].
 
Ó entrar nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] tivo que xurar respecto á Constitución estadounidense, pero sufriu distintas presións para que non usase a súa gorra típica e non levase barba. Cando lle presentaron as diversas estrelas de Hollywood estivo distante, agás cando coñeceu a [[Charles Chaplin]] e a [[Coleen Moore]].
 
O primeiro guión que escribiu para a Paramount, ''Sutter's Gold'', baseado na obra de [[Jack London]], foi rexeitado entre outros motivos porque o Maior Frank Pease, de tendencias fascistas, lanzou un panfleto titulado ''Eisenstein, o mensaxeiro do inferno en Hollywood'' e entre outras cousas chamábao ''can vermello'' e acusábao de tódalas barbaridades, fosen reais ou non, cometidas polos [[bolxeviques]]. A Paramount non quería renunciar aínda a Eisenstein e encargoulle outro guión, que se titularía ''An American Tragedy'', adaptación dunha obra de [[Theodor Dreiser]]. Trataba sobre a xustiza americana nun xuízo por asasinato, e co que a produtora quedou encantada. O problema foi que o [[Comité Fish]], antecesor do [[House Un-American Activities Committee|Comité de Actividades Antiamericanas]], estaba actuando contra as actividades comunistas en [[California]], e contra a idea de levar esa novela ó cine. Todo isto fixo que finalmente a Paramount rompese o seu contrato con Eisenstein.
 
Entre 1930 e 1932 Eisenstein visitou [[México]], onde intentou producir unha nova película titulada ''[[¡Qué viva México!]]''. Nada máis chegar a México foron encarcerados tanto el como os seus dous axudantes de dirección, todos rusos, pero grazas á intervención dun amigo español, o panorama cambiou ata o punto de que o converteron en hóspede de honra. Chegou a rodar 60 000 metros de película, pero a produción parouse debido a que o novelista estadounidense [[Upton Sinclair]] deixou de patrocinar a película. Díxolle a Eisenstein que volvese a MoscúMoscova, a onde lle enviaría a película xa rodada, cousa que nunca ocorreu. Upton Sinclair terminou a película e estreou o resultado en 1933 baixo un título modificado: ''[[Thunder over Mexico]]''. Sinclair acusou a Unión Soviética do fracaso do proxecto, e malia que puido ser así, é un punto aínda non aclarado.
 
=== De regreso á Unión Soviética ===
 
A visita de Eisenstein a norteaméricaNorteamérica converteuno en sospeitoso para Stalin, e esta sospeita xamais sería erradicada por completo da mente da elite stalinista. As seguintes dúas películas de Eisenstein serían censuradas por cuestións políticas, e foille asignado un supervisor oficial para vixialo durante a rodaxe de ''[[AleksandrAlexandre NevskyNevski (filme)|Alexandre Nevski]]'', película moi popular entre os soviéticos, pola que se lle concedería a Orde de Lenin.
 
A súa película ''[[Ivan Grozniy (filme)|Ivan Grozniy]]'', na que presentaba a [[Iván IV de Rusia|Iván IV]] de Rusia como un heroe nacional, gañou a aprobación de Stalin xunto cun Premio Stalin, pero a súa secuela ''[[Ivan Grozniy, segunda parte]]'' non foi aprobada polo goberno. O traballo existente da película foi confiscado e destruído na súa maior parte, sobrevivindo só unha pequena parte do traballo orixinal.
Liña 48:
 
== Análise da súa obra ==
En 1925 puxo en práctica as súas teorías na súa primeira grande obra, ''[[Stachka]]'' (''Стачка''), se ben el mesmo considerou que fracasara á hora de facer fluír as emocións dos espectadores, e que era demasiado teatral. Incautouse da única copia que había da película, e non se puido volver distribuír ata despois da súa morte, se ben xa fora exhibida en Occidente, e obtivera o premio na [[Exposición Universal de París (1925)|Exposición Uiversal]]Universal de [[París]] de 1925]].
 
Será a súa seguinte película, ''[[O acoirazado Potemkin]]'', a que dará a coñecer o seu nome en todo o mundo, sendo unha das películas sobre as que máis se escribiu en toda a historia do cine. Segundo Eisenstein, o guión da película, de [[Nina Agadzhánova-Shutkó]], foi escrito para unha película en oito episodios, ''1905'', que se comezou a rodar en San PetersburgooPetersburgo e pensaba contar os sucesos da folga xeral dese ano. Tiveron que abandonar a rodaxe polo mal tempo, dirixíndose a [[Odessa]] a rodar o capítulo dedicado ó motín do Potemkin. O director decidiu entón centrar a película nese episodio, abandonando o proxecto de ''1905''.
 
Ó chegaren a [[Odessa]], buscou os superviventes do masacre, e incluso localizou os debuxos dun francés que fora testemuña do ocorrido. Reescribiu o guión e realizou diversos intertítulos para dirixir a acción. Malia que os medios eran escasos, obtiveron resultados asombrosos grazas a unha serie de experimentos técnicos como pantallas proxectantes, fotografía desenfocada ou plataformas móbiles. Eisenstein monta a película con 1290 planos, combinados con xenial mestría mediante unha montaxe rítmica. Os movementos de cámara son escasísimos (só realiza algúns [[travelling]]s) porque os considera innecesarios, xa que o movemento está determinado pola acción e pola montaxe. Destaca a escena da escalinata, con 170 planos, na que o pobo é brutalmente agredido polas forzas tsaristas, onde crea un tempo artificial, que fai que a secuencia dure case 6 minutos. Prescindirá de simbolismos intelectuais, e cunha espléndida fotografía, na que a masa se converte na auténtica protagonista da obra, acaba por ser considerada a primeira obra mestra do cine soviético.
Liña 58:
Despois da experiencia por Europa e América, regresou profundamente deprimido á súa patria, onde tampouco puido culminar a súa seguinte rodaxe: ''[[Bezhin lug]]'', traxedia campesiña, que será sabotada polo máximo responsable da cinematografía rusa, que a considera politicamente incorrecta. Entón, ó igual que fixera [[Vsevolod Pudovkin]], refuxiouse no ensino e na elaboración da súa teoría sobre o emprego da cor e do son, que finalmente non logrou levar á práctica.
 
Dez anos despois da súa última obra dirixe ''AleksandrAlexandre Nevski'',<ref name="DS21"/> que conta as andanzas deste heroe nacional ruso, que derrotou os teutóns no século XIII. Nela volve facer gala da súa mestría para a montaxe. A protagonista volve ser unha soa persoa, non a masa, e desaparece o seu vigoroso estilo [[documental]] para ser substituído por unha delicada reconstrución da historia.
 
A comezos dos anos corenta proxectou unha ampla triloxía sobre a figura de Ivan Grozni, o tsar [[Iván IV de Rusia|Iván o Terrible]]. Presenta o drama do tsar como a materialización das contradicións dun político crente, fiel e ortodoxo, que se ve obrigado a enfrontarse coa Igrexa rusa que non quere perder os seus privilexios feudais. A imaxe que presenta Eisenstein deste tsar torturado, que se cuestiona se o poder provén de Deus ou do pobo, desgusta os dirixentes comunistas soviéticos, e despois de recibir o Premio Stalin polo primeiro capítulo, a segunda e terceira parte, que pensaba rodalas en color, son prohibidas. Eisenstein falece caído en desgraza.
Liña 74:
* ''[[Dnevnik Gloumova]]'' (1923); curtametraxe de catro minutos para o o teatro proletario, inspirada nunha obra de Nicolas Ostrovsky.
* ''[[Stachka]]'' (Стачка, 1924)
* ''[[O acoirazado Potemkin]]'' <ref name="DS21">{{Cita enciclopedia |artigo=Eisenstein, Serguéi Miháilovich |enciclopedia=Diciopedia do século 21 |volume=3 |páxina=752 |url=https://books.google.es/books?id=Udx4INIQGi4C&pg=PA752&dq=%22Eisenstein%22%20%22Sergu%C3%A9i%20Mih%C3%A1ilovich%22#v=onepage&q=%22Eisenstein%22%20%22Sergu%C3%A9i%20Mih%C3%A1ilovich%22&f=false |ano=2006 |editorial= [[Edicións do Cumio|Do Cumio]], [[Editorial Galaxia|Galaxia]] e [[Ediciós do Castro|do Castro]] |isbn=978-84-8288-942-9 }}</ref> (Броненосец Потёмкин, 1925)
* ''[[O acoirazado Potemkin]]'' (Броненосец Потёмкин, 1925)
* ''[[Oktyabr': Desyat' dney kotorye potryasli mir]]'' (''Outubro'')<ref name="DS21"/> (Октябрь: Десять дней,которые потрясли мир, 1927)
* ''[[Staroye i novoye]]'' (Генеральная линия / Старое и ново, 1929)
* ''[[Romance sentimentale]]'' (Francia, 1930)
Liña 81:
* ''[[Death Day]]'' (1933)
* ''[[Bezhin lug]]'' (Бежин луг, inacabado, 1935-1937)
* ''[[AleksandrAlexandre NevskyNevski (filme)|Alexandre Nevski]]'' <ref name="DS21"/> (Александр Невский, 1938)
* ''[[Ivan Grozniy, Parte I]]'' (''Iván o Terrible'')<ref name="DS21"/> (Иван Грозный, 1945)
* ''[[Ivan Grozniy, Parte II]]'' (1946 / 1958)
* ''[[Ivan Grozniy, Parte III]]'' (1946, inacabada)