Crime organizado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Crime organizado''' ou '''organización criminal''' son termos que caracterizan grupos transnacionais, nacionais ou locais altamente centralizados e xestionados por criminais, que pretenden involucrarse en actividades ilegais, xeralmente co obxectivo de lucro monetario. Algunhas organizacións criminais, tales como organizacións terroristas, teñen tamén motivacións políticas. Ás veces, esas organizacións forzan as persoas a estabelecer negocios con elas, como cando unha banda [[Extorsión|extorsiona]] cartos dos comerciantes en troques de "protección".<ref>Macionis, Gerber, John, Linda (2010). Sociology 7th Canadian Ed. Toronto, Ontario: Pearson Canada Inc. p. 206.</ref>
 
Outros tipos de organizacións, incluíndo [[Estado|Estados]], [[Militar|militares]], forzas policiais e empresas, poden, ás veces, usar métodos do crime organizado para alcanzar os seus intereses, mais os seus poderes derivan da súa condición de institucións sociais formais. Hai unha tendencia para distinguir o crime organizado doutras formas de crimes, como [[Crime|crimescrime]]s financeiros, políticos, [[Crime de guerra|de guerra]], gobernamentais, entre outros. Esta distinción non sempre é evidente e aínda hai debate académico sobre o asunto.<ref>Tilly, Charles. 1985. “State Formation as Organized Crime.” In Evans, Peter, Dietrich Rueschemeyer, and Theda Skocpol eds. Bringing the State Back In Cambridge: Cambridge University Press.</ref> Por exemplo, nos [[Estado falido|estados falidos]], que non poden realizar as funcións sociais básicas, como infraestruturas, educación ou seguranza xeralmente debido a grupos rebeldes ou [[Pobreza absoluta|extrema pobreza]], o crime organizado, o goberno e a guerra son moitas veces factores complementarios entre si. O termo "mafiocracia parlamentaria" é moitas veces atribuído a países [[Democracia|democráticos]] cuxas institucións políticas, sociais e económicas están baixo o control de poucas familias e/ou [[oligarquía]]s empresariais.<ref>Entrevista con Panos Kostakos (2012) [http://oilprice.com/Energy/Energy-General/Greece-Oil-Smuggling-Helps-Define-the-Parliamentary-Mafiocracy.html Is Oil Smuggling and Organized Crime the Cause of Greece’s Economic Crisis]? (por Jen Alic)</ref>
 
== Notas ==