Segunda Guerra do Opio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
Retiro {{en tradución}}
RubenWGA (conversa | contribucións)
Liña 40:
Aínda que os británicos foron atrasados pola [[Rebelión da India de 1857|Rebelión da India]], responderon o ''Incidente do <span>Arrow</span>'' en [[1857]] atacando [[Guangzhou]] desde o [[Río das Perlas]]. Ye Mingchen, quen se convertería en gobernador das provincias de [[Guangdong]] e [[Guangxi]], alertou aos soldados chineses nos fortes. Despois de tomar os fortes próximos a [[Cantón, China|Cantón]] sen moito esforzo, a [[Armada Británica]] atacou a cidade.
 
O [[Parlamento do Reino Unido|Parlamento Británico]] decidiu tomar compensación de China baseándose no informe do ''Incidente do <span>Arrow</span>'' presentado por Harry Parkes, o cónsul británico en Guangzhou. Francia, os Estados Unidos e [[Rusia]] recibiron invitacións pairapara adherirse ao Reino Unido nunha alianza. Francia uniuse á acción británica en contra de China, provocada pola execución do misionario francés Pai [[Auguste Chapdelaine]], no chamado «''Incidente de Auguste Chapdelaine''», por parte de autoridades locais na provincia de Guangxi. O [[Imperio Ruso]] e os Estados Unidos convidaron a [[Hong Kong británico|Hong Kong]] a unirse á causa anglo-francesa, pero nunca achegou axuda militar.
 
Os británicos e os franceses uniron forzas baixo o mando do [[almirante]] Michael Seymour. A armada británica, liderada por [[James Bruce, 8º Duque de Elgin|Lord Elgin]], e a francesa, encabezada por [[Jean Baptiste Louis Gros|Gros]], atacou e ocupou Guangzhou a fins de 1857. Ye Mingchen foi capturado, e Bo-gui, o gobernador de Guangdong, rendeuse. Formouse un comité conxunto da alianza. Bo-gui permaneceu no seu posto orixinal para manter a orde en nome dos agresores. A alianza anglo-francesa mantivo o control de Guangzhou por case catro anos. Ye Mingchen foi exiliado a [[Calcuta]], [[Raj Británico|India británica]], onde morreu de [[inanición]].