Ginger, a princesa do judo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
Liña 40:
*'''Jigorou Inokuma''' (猪熊 滋悟郎 ''Inokuma Jigorou''). O avó de Ginger é o mestre de judo máis famoso do Xapón sendo un judoka de 9º dan e gañador en 5 ocasións do campionato nacional e unha medalla de ouro nas olimpíadas, o seu amor polo judo só é comparábel polo amor que lle ten a súa neta ou pola comida. O seu judo non é comparábel ó de ningún outro, e a súa técnica é practicamente invencíbel. É unha persoa moi respectable e segura de si mesma. O seu obxectivo é que Ginger obteña a medalla douro nos [[Xogos Olímpicos de 1992|Xogos Olímpicos de Barcelona]] 1992 e a medalla de honor nacional.
*'''Sayaka Honami''' (本阿弥 さやか ''Honami Sayaka''). É a rival por excelencia de Ginger, sempre gañaba en tódolos deportes que se propuña, mais nunca lle puido gañar nun combate e dispútanse a Kasamatshuri entre as dúas. Ela é guapa, adiñeirada e moi consentida. A súa familia é unha das máis importantes e influentes do Xapón.
*'''Shinnosuke Kazamatsuri''' (風祭 進之介 ''Kazamatsuri Shinnosuke''). É un dos mellores adestradores de judo en todo o Xapón, el sente unha grangrande admiración por Jigorou Inokuma. Foi contratado por Sayaka Honami para a adestrar. A pesar de ser moi tímido ten moito éxito coas mulleres por cuida-lo seu aspecto. Ende mal para Sayaka Shinnosuke está interesado por Ginger.
*'''Kosaku Matsuda''' (松田 耕作 ''Matsuda Kosaku''). É un reporteiro que traballa para unha revista deportiva. Fan número un de Ginger, é o que a promocionou publicamente. Os dous están namorados un do outro pero sempre acaban discutindo. El é unha gran persoa e de toda confianza. A súa vida é o xornalismo e cando se propón algo non para ata conseguilo. O seu problema é que non amosa os seus verdadeiros sentimentos. Está certo que Ginger será a meirande estrela do deporte do Xapón e mesmo do mundo.
*'''Fujiko Itto'''. A mellor amiga de Ginger. Foi a que a convenceu para que non deixase o judo. É boa persoa e está traumatizada pola súa altura, cousa que lle impediu cumprir o seu soño de ser bailarina de ballet. Cando loita ten pánico cada vez que sobe ó tatami.