Retículo endoplasmático: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 43:
== Funcións ==
* [[Síntese de proteínas]]: lévase a cabo no retículo endoplasmatico rugoso mediante os ribosomas. Estas proteínas serán transportadas ó aparato de Golgi mediante vesículas de transición onde as devanditas proteínas sufrirán un proceso de maduración para logo formaren parte dos [[lisosoma]]s ou de vesículas secretoras.
* [[Metabolismo]] de [[lípido]]s: O retículo endoplasmatico liso, ó non ter ribosomas, élle imposible sintetizar [[proteínas]]. Non obstante, si sintetiza lípidos da [[membrana plasmática]], [[colesterol]] e derivados deste como os [[Ácido biliar|ácidos biliares]] ou as [[Hormona esteroideaesteroide|hormonas esteroideasesteroides]].
* [[Detoxificación]]: É un proceso que se leva a cabo principalmente nas células do [[fígado]] e que consiste na inactivación de produtos tóxicos como [[droga]]s, [[medicamento]]s ou os propios produtos do [[metabolismo celular]], por seren liposolubles (hepatocitos).
* [[Glicosilación]]: son reaccións de transferencia dun [[oligosacárido]] ás proteínas sintetizadas. Realízase na membrana do retículo endoplasmático. Deste modo, a proteína sintetizada transfórmase nunha [[proteína periférica de membrana|proteína periférica]] externa do [[glucocálix]]. Este serve como un medio de transporte para as distintas proteínas na célula.