Reforma protestante: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
en secreto > en segredo
m →‎Século XVI: ligazón a castelo de Wartburg
Liña 50:
A política de separación da [[igrexa anglicana|Igrexa de Inglaterra]] de [[Igrexa católica|Roma]] baixo o reinado de [[Henrique VIII de Inglaterra|Henrique VIII]], comezou en [[1529]] e acabou en [[1536]], levando deste xeito [[Inglaterra]] a cabo o seu propio movemento reformista. Con todo, os cambios relixiosos na igrexa nacional inglesa realizáronse de forma máis conservadora que no resto de Europa. Os reformistas na Igrexa de Inglaterra alternaron, durante séculos, entre a simpatía polas tradicións católicas e o protestantismo, creando progresivamente un compromiso estable entre a adhesión á tradición antiga e o protestantismo, a miúdo chamado Vía Media.
 
[[Martiño Lutero]], [[Jean Calvin]], e [[Ulrich Zwingli]] poden considerarse reformistas maxisteriais debido ao feito de que os seus movementos de reforma se fixeron co apoio das autoridades gobernantes ou "maxistrados". [[Frederico III de Saxonia|Frederico o Sabio]] non só apoia a Lutero, que era profesor na universidade que el fundou, senón que tamén o protexeu ocultándoo no [[castelo de Wartburg]] en [[Eisenach]]. Zwingli e Calvino foron apoiados polos concellos de [[Zúric]] e [[Xenebra, Suíza|Xenebra]]. Dado que o termo "magister" tamén significa "mestre", a Reforma maxisterial tamén se caracteriza por unha énfase na autoridade dun profesor. Isto é evidente na importancia de Lutero, Calvino e Zwingli como dirixentes dos movementos de reforma nas súas respectivas áreas maxistrais. Debido á súa autoridade, a miúdo foron criticados por reformadores radicais que os consideraban demasiado similares aos Papas romanos. Por exemplo, o reformador radical [[Andreas Karlstadt]] referiuse aos teólogos de Wittenberg como os "novos papistas".
 
== O humanismo no movemento reformista ==