Gonzalo de Mondoñedo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cossue (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 1:
{{Ficha de nobre|nome=Gonzalo Froilaz|título=Bispo de Mondoñedo (1070-1108)|imaxe=|tamaño de imaxe=|epígrafe=|reinado=|coroación=|outros títulos=|nome completo=|data de nacemento=|lugar de nacemento=|data de defunción=[[1112]]|lugar de defunción=|sepultura=[[Basílica de San Martiño de Mondoñedo]]|predecesor=[[Suario II bispo de Mondoñedo|Suario II]] (1058-1070)|rexente=|sucesor=[[Pedro I bispo de Mondoñedo|Pedro I]] (1108-1112)|suc-tipo=|herdeiro=|consorte=|cónxuxe=|descendencia=|casa real=|dinastía=|liñaxe=[[Casa de Traba]]|himno real=|pai=[[Froila Vermúdez]]|nai=[[Elvira de Faro]]|sinatura=|tamaño_sinatura=|escudo=COA_Casa_de_Traba.png|lema=}}
 
'''Gonzalo de Mondoñedo,''' tamén coñecido como '''San Gonzalo,''' ou '''Gonzalo Froilaz,''' foi un membro da [[familia Froilaz-Traba]], fillo de [[Froila Vermúdez]] e irmán de [[Pedro Froilaz de Traba|Pedro Froilaz,]] [[Lista de condes de Galicia|conde de Galiza]] e [[Condado de Trastámara|Trastámara]]<ref>{{Cita web|url=http://www.xenealoxiasdoortegal.net/ortegal/traba.htm|páxina-web=Xenealoxías do Ortegal|título=Liñaxe Froilaz-Trava|data-acceso=17/10/2018}}</ref>. Ocupou o bispado de [[Diocese católica latina de Mondoñedo-Ferrol|Mondoñedo]] entre os anos [[1070]] e [[1108]]. Durante o seu mandato impulsou a obra [[Arte románica|románica]] da [[Catedral de San Martiño de Mondoñedo]] ([[San Martiño de Mondoñedo, Foz|Foz]]) e mantivo varios preitos territoriais tentando conservar os dominios da súa diocese. Especial relevancia tivo o litixio mantido co bispo [[Diego Xelmírez]] polos [[Arciprestados de Galicia|arciprestados]] de Salaxia, [[Arciprestado de Bezoucos|Bezoucos]] e [[Terra de Trasancos|Trasancos]]. A súa figura, santificada polo pobo (non esta canonizado pola igrexa), esta envolta na lenda ao atribuírselle o afundimento dunha armada [[Normandos|normanda]] e outros milagres.
 
== Biografía ==
[[Ficheiro:Pieter_Claeissens_(I)_-_A_bishop_saint.jpg|miniatura|Un bispo santo.Óleo do pintor flamengo [[Pieter Claeissens]] o vello S.XVI]]
Gonzalo Froilaz, foi [[Orde de San Bieito|monxe beneditino]] e [[abade]] do [[mosteiro de Sahagún]] até o seu nomeamento como bispo de Mondoñedo. A primeira referencia documental na que aparece neste cargo é do 13 de xaneiro do ano 1071, momento no que confirma unha doazón da [[Urraca de Zamora|infanta Urraca]], irmá dos reis [[García II de Galicia|García II]] e [[Afonso VI de León|Afonso VI]]<ref>{{Cita libro|título=España Sagrada. Theatro geographico-histórico de la iglesia de España|apelidos=Flórez|nome=Henrique|editorial=|ano=1764|ISBN=|url=https://books.google.es/books?id=K-jEZSiDX9QC&lpg=PA123&ots=039q3Ypi5C&dq=Ermesenda%20Nu%C3%B1ez&hl=pt-PT&pg=PA118#v=onepage&q&f=false|volume=18|páxina=118|ref=}}</ref>.
 
Durante o comezo do seu mandato, Gonzalo foi bispo de dúas dioceses episcopais, a de Mondoñedo (antiga [[Diocese de Britonia|Bretoña]]) e a de [[Diocese de Dumio|Dumio]]. A diocese de Dumio fora trasladada desde Braga nos anos da chegada do [[Islam]] á [[Península Ibérica|península ibérica]]<ref>{{Cita libro|título=Las Catedrales de la diócesis de Mondoñedo en la Edad Media|apelidos=Yzquierdo Perrín|nome=Ramón|editorial=Universidade da Coruña|ano=2000|ISBN=84-95322-46-3|url=https://ruc.udc.es/dspace/bitstream/handle/2183/10974/CC%2055%20art%203.pdf?sequence=1#page=6&zoom=auto,-362,535|páxina=108|en=|ref=}}</ref>. Entre o ano 1071 e o 1108 o bispo Gonzalo figura como confirmante en numerosos diplomas, nalgunhas ocasións asinando como ''minduniensis episcopus'' e noutras como bispo ''dumiensis<ref>{{Cita libro|título=Episcopologio mindoniense|apelidos=Cal Pardo|nome=Enrique|editorial=Instituto de Estudios Gallegos "Padre Sarmiento"|ano=2003|ISBN=|url=https://books.google.es/books?id=AiL6NDJ35RgC&lpg=PP1&hl=es&pg=PA74#v=onepage&q&f=false|páxina=|páxinas=74-78|ref=}}</ref>''.
 
Asistiu no [[1088]] ao [[Concilio de Husillos]], no ano seguinte da tentativa feita por parte da nobreza galega de repoñer no trono ao recluido rei [[García II de Galicia|García II]]. Neste concilio o rei [[Afonso VI de León|Afonso VI]] depuxo e encarceou ao bispo compostelán [[Diego Peláez|Diego Páez]] implicado na conxura<ref>{{Cita libro|título=Grandeza e decadencia do reino de Galicia|apelidos=González López|nome=Emilio|editorial=Galaxia|ano=1978|ISBN=84-7154-303-6|url=https://books.google.es/books?id=iM4x6g715gkC&lpg=PA177&dq=guillermo%20conquistador%20galicia&hl=pt-PT&pg=PA177#v=onepage&q&f=false|páxina=177|ref=}}</ref>. Da asistencia de Gonzalo ao [[concilio]] e de posteriores confirmacións documentais xunto ao rei Afonso pode deducirse que non participou no alzamento. Tampouco existen referencias de que participasen os membros da súa estirpe familiar malia ter sido Froila Vermúdez, pai de Gonzalo, un firme partidario de García, do que os cartularios do [[Mosteiro do Couto|Mosteiro de Xuvia]] indican que non chegou a aceptar nunca a Afonso VI como rei, só como rexente. O conde Froila morreu na vila de Cospeito durante unha visita ao seu fillo Gonzalo no ano [[1091]], este conduciono ao mosteiro familiar de Xuvia onde foi sepultado na súa presenza<ref>{{Cita web|url=http://dbe.rah.es/biografias/62181/froila-bermudez|páxina-web=Real Academia de la historia|título=Froila Bermúdez|data-acceso=30/10/2018}}</ref>.
 
No ano [[1099]], o papa [[Pascual II, papa|Pascual I]]I elevou a sé bracarense á categoría de metropolitana, como consecuencia o bispado de Mondoñedo tivo que retornarlle a diocese de Dumio. Nesta mesma [[Bula|bula papal]] foilles imposto aos bispos galegos a admisión de [[San Xeraldo de Braga]] como [[arcebispo]], e así foi recoñecido un ano despois nun concilio en Palencia, lugar no que todos os seus bispos sufraganeos lle amosaron testemuña de obediencia coa excepción de Gonzalo de Mondoñedo, home de "carácter tenacísimo"<ref name=":1" />, que se negou a bicarlle o anel. Esta negativa motivou unha reprensión do papa<ref>{{Cita libro|título=Episcopologio mindoniense|apelidos=Cal Pardo|nome=Enrique|editorial=Instituto de estudios gallegos "Padre Sarmiento"|ano=2003|ISBN=|url=https://books.google.es/books?id=AiL6NDJ35RgC&lpg=PP1&hl=es&pg=PA78#v=onepage&q&f=false|páxina=78|ref=}}</ref><ref>FERNÁNDEZ PACIOS 2008. p. 62</ref>. A perda de Dumio supuxo para Mondoñedo unha redución nas súas rendas económicas e no seu prestixio eclesiástico, Mondoñedo tivo que devolver a Braga as reliquias de San Martiño custodiadas até entón na [[Basílica de San Martiño de Mondoñedo|basílica de San Martiño]] de [[Foz]].
 
=== Catedral de San Martiño ===
Liña 17:
{{Artigo principal|Basílica de San Martiño de Mondoñedo}}
[[Ficheiro:Iglesia_de_San_Martiño_de_Mondoñedo7.jpg|alt=|miniatura|Pintura mural do [[século XII]] da Catedral de San Martiño. Descuberta no ano 2008<ref>{{Cita web|url=http://www.arquivoltas.com/11-Galicia/01-Mondonedo%2006.htm|páxina-web=www.arquivoltas.com|título=SAN MARTÍN DE MONDOÑEDO - A.Garcia Omedes|data-acceso=2018-11-02}}</ref>, o profesor [[Manuel Castiñeiras González|Manuel Castiñeiras]] atribúe a súa autoría a Bernardo, tesoureiro de Xelmírez e iluminador do [[Tombos da Catedral de Santiago de Compostela|Tombo A de Compostela]]<ref>{{Cita novas|autor=|data=2018-06-24|xornal=La Voz de Galicia|título=«Los frescos de San Martiño son el hallazgo más importante de los últimos 30 años en Galicia»|url=https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2018/06/24/frescos-san-martino-hallazgo-importante-ultimos-30-anos-galicia/0003_201806X24C12991.htm|lingua=es-ES|data-acceso=2018-11-02|cita=Mondoñedo e Santiago tiveron durante moitos anos un gran preito pola posesión de territorios. (...) eu estou convencido, seguramente este ciclo pictórico está en relación con Bernardo, que fose tesoureiro da Catedral de Santiago. Enfadouse con Xelmírez, este botouno e veu aquí, de exilio.}}</ref>.]]
O bispo Gonzalo ocupou a sé mindoniense nun momento de prosperidade económica e de expansión territorial. Favorecida a súa igrexa por importantes donacións, como as dos [[Lista de condes de Galicia|condes de Galiza]] [[Raimundo de Borgoña|Raimundo]] e [[Urraca de León|Urraca]] no ano 1096<ref>{{Cita libro|título=España Sagrada. Theatro geographico-histórico de la iglesia de España|apelidos=Flórez|nome=Henrique|editorial=|ano=1764|ISBN=|url=https://books.google.es/books?id=K-jEZSiDX9QC&lpg=PA123&ots=039q3Ypi5C&dq=Ermesenda%20Nu%C3%B1ez&hl=pt-PT&pg=PA119#v=onepage&q&f=false|volume=18|páxina=119|ref=}}</ref> ou a de Ermesenda Nuñez, herdeira do conde [[Osorio Gutiérrez|Osorio Guterrez]] e motivo dun preito cos monxes do [[Mosteiro de San Salvador de Lourenzá|mosteiro de Lourenzá]]<ref>{{Cita libro|título=España Sagrada. Theatro geographico-histórico de la iglesia de España|apelidos=Florez|nome=Henrique|editorial=|ano=1764|ISBN=|url=https://books.google.es/books?id=K-jEZSiDX9QC&lpg=PA123&ots=039q3Ypi5C&dq=Ermesenda%20Nu%C3%B1ez&hl=pt-PT&pg=PA123#v=onepage&q=ermesenda%20nu%C3%B1ez&f=false|volume=18|páxina=123|ref=}}</ref>, iniciou unha ambiciosa obra para o enaltecemento da súa sé episcopal.
 
Esta reforma edificouse sobre a anterior catedral prerrománica, obra do [[século X]] emprendida polo seu antecesor [[Rosendo de Celanova]], e que aínda pode apreciarse nos muros norte e sur do actual edificio<ref name=":2">{{Cita libro|título=Las Catedrales de la diócesis de Mondoñedo en la Edad Media|apelidos=Yzquierdo Perrín|nome=Ramón|editorial=|ano=2000|ISBN=84-95322-46-3|url=https://ruc.udc.es/dspace/bitstream/handle/2183/10974/CC%2055%20art%203.pdf?sequence=1#page=9&zoom=auto,-361,534|páxinas=111-113|ref=}}</ref>. A construción de San Rosendo tiña remodelado unha construción aínda mais antiga, datada polos arqueólogos no [[Reino suevo|período suevo]]<ref>{{Cita libro|título=El monacato en Galicia|apelidos=Sá Bravo|nome=Hipólito|editorial=Librigal|ano=1972|ISBN=|volume=1|páxina=473|ref=}}</ref>, e da que se pensa foi o [[Mosteiro Máximo]] citado no ''[[Parochiale suevorum]]'' do século VI, residencia do [[Mailoc|bispo Maeloc]] e sé episcopal dos bretóns fuxidos dos ataques bárbaros ás Illas Británicas<ref>FERNÁNDEZ PACIOS 2008. pp. 68-69</ref>.
 
Na obra románica de San Gonzalo construíuse a parte central da basílica, o [[Arco (arquitectura)#Arco triunfal|arco triunfal]], as [[Absidiola|absidiolasabsidiola]]s e o [[ciborio]]. Así como outros elementos como o [[retablo]] que se atopa sobre o [[altar]] ou os [[Capitel|capiteis]]. No arranque da bóveda a norte do cruceiro figura unha inscrición na honra do bispo Gonzalo: ''"ONOREM SCI MARTINI GUNDISALBUS EP"''<ref name=":4" />. O proxecto do bispo Gonzalo ficou inconcluso na hora da súa morte, e foi rematado posteriormente polo bispo [[Munio Afonso]]. Nese momento xa estaba tomada a decisión de trasladar a sé episcopal cara o interior polo que o remate da obra foi notabelmente mais modesto do planificado. A este momento pertencen unha serie de columnas sen capitel nin base incrustadas no muro que perderon o seu sentido ao reducirse as pretensións da obra<ref name=":4">FERNÁNDEZ PACIOS 2008. pp. 70-71</ref>.
 
=== Preito dos arciprestados ===
[[Ficheiro:Gelmires.jpg|esquerda|miniatura|Diego Xelmírez, bispo de Compostela, mantivo unha longa inimizade con Gonzalo de Mondoñedo]]
[[Ficheiro:Ruinas_del_Monasterio_de_Sahagún,_Leon.JPG|alt=|miniatura|[[Mosteiro de Sahagún]] en León. Gonzalo Froilaz foi o seu [[abade]] nos anos anteriores á súa consagración como bispo mindoniense.]]
O asunto que marcou o bispado de Gonzalo Froilaz foi o seu longo enfrontamento co poderoso bispo de Compostela [[Diego Xelmírez]]. A restauración da diocese bracarense non só foi prexudicial para o bispado de Mondoñedo, senón que tamén afectou aos de Lugo e Compostela. Estes dous bispados deixaron de percibir importantes ingresos (Compostela posuía a metade da cidade de Braga) o que motivou que os tres bispados galegos iniciasen unha loita polos seus territorios limítrofes. Santiago reclamou a Mondoñedo os [[Arciprestados de Galicia|arciprestados]] de Salaxia, [[Arciprestado de Bezoucos|Bezoucos]] e Trasancos alegando que lle foran cedidos á sé mindoniense como préstamo<ref name=":0">{{Cita libro|título=Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela|apelidos=López Ferreiro|nome=Antonio|editorial=|ano=1900|ISBN=|url=https://archive.org/stream/historiadelasant03lpez#page/258|volume=3|páxina=|páxinas=258-267|ref=}}</ref> <ref>{{Cita libro|título=Historia Compostelá|apelidos=|nome=|editorial=Akal. Clásicos latinos medievales.|ano=1994|ISBN=|url=https://books.google.es/books?id=XVybJYbv27AC&lpg=PP1&hl=pt-PT&pg=PA133#v=onepage&q&f=false|apelidos-editor=Falque Rey|nome-editor=Emma|páxinas=133-142|ref=}}</ref> e o bispado de Lugo, reclamou o de Montenegro<ref>FERNÁNDEZ PACIOS 2008. p. 62.</ref>.
 
Para dirimir esta disputa celebrouse un sínodo episcopal na vila de Carrión no ano [[1103]]. Ao mesmo asistiu o bispo de Compostela, [[Diego Xelmírez]], pero non Gonzalo de Mondoñedo alegando problemas de saúde. A consecuencia do concilio, [[Bernardo de cluny]] [[arcebispo de Toledo]], solicitou por carta ao bispo mindoniense a devolución dos arciprestados. Diante da negativa do bispo, a mesma solicitude foi repetida, un ano mais tarde, polo bispo de Burgos e polo rei [[Afonso VI de León|Afonso VI]]. No ano 1105 o propio pontífice [[Pascual II, papa|Pascual II]] ordenou terminantemente a devolución dos arciprestados: "se vos opoñedes á xustiza, sentiredes mais vivamente a súa espada"<ref>FERNÁNDEZ PACIOS 2008. p. 65</ref>. Malía as presións recibidas, o bispo Gonzalo, amparado polo poder da súa familia, propietaria da xurisdición civil do territorio en disputa, continuou retendo os arciprestados<ref name=":1">{{Cita libro|título=Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela|apelidos=López Ferreiro|nome=Antonio|editorial=|ano=1900|ISBN=|url=https://archive.org/stream/historiadelasant03lpez#page/264|volume=3|páxina=264|ref=}}</ref>.
 
A situación non mudou até a morte do rei Afonso VI, naquel momento [[Pedro Froilaz de Traba|Pedro Froilaz]], cabeza familiar da liñaxe Traba, protexía os dereitos do infante [[Afonso VII de León|Afonso Raimúndez]] ao trono do [[Reino de Galicia|Reino de Galiza]] diante da súa nai [[Urraca de León|Urraca]] (filla de Afonso VI) e do seu marido [[Afonso I de Aragón]]. Os Traba precisaban da alianza de Diego Xelmírez, que se debatía entre o bando de Afonso Raimúndez e o da súa nai Urraca. Convenientemente, San Gonzalo cesou no seu cargo, e nomeouse bispo a Pedro Amiguiz, abade do [[Mosteiro de San Xoán de Caaveiro|Mosteiro de Caaveiro]] e confesor de Pedro Froilaz<ref>{{Cita libro|título=Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela|apelidos=López Ferreiro|nome=Antonio|editorial=|ano=1900|ISBN=|url=https://archive.org/stream/historiadelasant03lpez#page/176/mode/2up|volume=3|páxina=177|ref=}}</ref>. Probabelmente unha solución concertada entre as partes, e unha saída airosa para Gonzalo Froilaz<ref>{{Cita libro|título=Episcopologio Mindoniense|apelidos=Cal Pardo|nome=Enrique|editorial=Instituto de estudos galegos "Padre Sarmiento"|ano=2003|ISBN=|url=https://books.google.es/books?id=AiL6NDJ35RgC&lpg=PP1&hl=es&pg=PA88#v=onepage&q&f=false|páxina=88|ref=}}</ref>.
 
En febreiro do [[1110]] a familia Froilaz entrega ao bispado compostelán os arciprestados en litixio mediante un documento no que todos os cregos, cabaleiros e vasalos dos Traba nos territorios disputados prometen obediencia ao bispo Xelmírez. Un documento que asinan en primeiro lugar: [[Pedro Froilaz de Traba]], a súa esposa Dona [[Maior Guntronda]], e as súas irmáns [[Munia Froilaz]] e [[Visclávara Froilaz.]]
 
Non foi esta a única concesión que os Traba fixeron ao prelado compostelán, desexoso de reducir a importancia da sé mindoniense, rival da súa<ref name=":3">{{Cita web|url=http://www.terraetempo.gal/artigo.php?artigo=146&seccion=13|páxina-web=terraetempo.gal|título=San Gonzalo. Bispo mindoniense|data-acceso=30/10/2018}}</ref>. No momento do falecemento de Gonzalo Froilaz no ano [[1112]], o bispo Pedro regresou ao mosteiro de Caaveiro e foi nomeado para o cargo [[Munio Afonso]], secretario persoal de Xelmírez e un dos redactores da [[Historia Compostelá]]<ref>{{Cita libro|título=España Sagrada. Theatro geographico-histórico de la iglesia de España|apelidos=Flórez|nome=Henrique|editorial=|ano=1764|ISBN=|url=https://books.google.es/books?id=K-jEZSiDX9QC&lpg=PA123&dq=Ermesenda%20Nu%C3%B1ez&hl=pt-PT&pg=PA124#v=onepage&q&f=false|volume=18|páxinas=124-134|ref=}}</ref>. Este bispo tivo frecuentes enfrontamentos coa nobreza mindoniense e rematou por dimitir do seu cargo, regresando a Santiago<ref name=":4" />. Unha das primeiras decisións do seu bispado foi o traslado da sé mindoniense cara o interior, á vila de [[Vilamaior do val de Brea]], o seu actual emprazamento<ref>{{Cita libro|título=Las Catedrales de la diócesis de Mondoñedo en la Edad Media|apelidos=Yzquierdo Perrín|nome=Ramón|editorial=Universidade da Coruña|ano=2000|ISBN=84-95322-46-3|url=https://ruc.udc.es/dspace/bitstream/handle/2183/10974/CC%2055%20art%203.pdf?sequence=1#page=29&zoom=auto,-361,421|páxina=131|en=|ref=}}</ref>, e o abandono de [[San Martiño de Mondoñedo, Foz|San Martiño en Foz]], alegando o perigo que supuña a proximidade ao mar da sé episcopal. Esta decisión tomouse no ano 1113 nun concilio en Palencia solicitado polo mesmo Xelmírez<ref>{{Cita libro|título=Historia compostelana|apelidos=|nome=|editorial=Akal. Clásicos latinos medievales.|ano=1994|ISBN=|url=https://books.google.es/books?id=XVybJYbv27AC&lpg=PP1&hl=pt-PT&pg=PA220#v=onepage&q&f=false|apelidos-editor=Falque Rey|nome-editor=Emma|páxina=220|ref=}}</ref>, e no que asinan diversos persoeiros ofendidos polo bispo Gonzalo durante o longo preito polos arciprestados<ref name=":3" />.
 
== O tesouro do bispo santo ==
[[Ficheiro:Romanesque_Treasure_of_MNAC-_Bacul_de_Mondoñedo.jpg|alt=|miniatura|[[Báculo de Mondoñedo]]. Pertencente ao bispo de Mondoñedo [[Paio de Cebeira]] (1199-1218)]]
O bispo Gonzalo faleceu no ano [[1112]], foi soterrado na súa igrexa de San Martiño de Mondoñedo nun sartego de granito, conservado até hoxe na nave sur da catedral. Este sartego foi aberto en sete ocasións o longo dos séculos. A primeira vez en [[1648]] polo bispo de Mondoñedo [[Francisco Torres Grijalba]], atopando no interior a osamenta do santo<ref>[https://cloud10.todocoleccion.online/libros-segunda-mano/tc/2017/09/24/17/98694943_68501300.jpg Interior do sartego do bispo Gonzalo de Mondoñedo.] Imaxe do libro editado pola [[Real Academia Galega de Belas Artes|academia galega de belas artes]]: Lugo no obxectivo as nosas raices. [[Manuel Chamoso Lamas]]. Ano 1995</ref>, restos da vestimenta, un baculo e un cíngulo de ouro e prata<ref name=":5">{{Cita libro|título=Las Catedrales de la diócesis de Mondoñedo en la Edad Media|apelidos=Yzquierdo Perrín|nome=Ramón|editorial=Universidade da Coruña|ano=2000|ISBN=84-95322-46-3|url=https://ruc.udc.es/dspace/bitstream/handle/2183/10974/CC%2055%20art%203.pdf?sequence=1#page=28&zoom=auto,-361,396|páxina=|páxinas=130-131|en=|ref=}}</ref>. Testemuñas da apertura do sartego narran como o bispo retirou reliquias do sarcófago e as repartiu entre os eclesiásticos que o acompañaban<ref>FERNÁNDEZ PACIOS 2008. pp. 113-114</ref>, entre elas as moas do santo<ref name=":6">FERNÁNDEZ PACIOS 2008. p. 123</ref>. Nunha posterior apertura, no ano 1704, o bispo [[Manuel Navarrete]] cortou e retirou un oso do sepulcro<ref name=":6" />.
 
A comezos do século XX, foron retirados do sartego<ref name=":7">[https://2.bp.blogspot.com/-aailcXpkSTE/WT54XTGYvFI/AAAAAAAALYg/2FxgqpBglcUX9pr9UFB_S4GHhfgol6QrACLcB/s1600/04%2Bsan%2Bgonzalo.JPG Imaxe do sartego do bispo Gonzalo]</ref> os dous símbolos clásicos do bispo, o báculo<ref>[http://praza.gal/xornal/uploads/fotos/foto/572c82fe9f836-captura.jpg Imaxe do báculo do bispo Gonzalo]</ref> e o anel<ref>[http://praza.gal/xornal/uploads/fotos/foto/572c82fe9f836-captura.jpg Imaxe do anel do bispo Gonzalo]</ref>. Datados no século XII<ref name=":5" />, hoxe consérvanse no museo parroquial de San Martiño de Mondoñedo<ref>{{Cita web|url=http://museos.xunta.gal/gl/san-martino-mondonedo|apelidos=|data=|páxina-web=museos.xunta.gal|título=Museo Parroquial de San Martiño de Mondoñedo|data-acceso=2018-11-04|lingua=gl}}</ref>.
 
* O '''báculo'''<ref>{{Cita audiovisual|título=Báculo do Bispo Gonzalo de Mondoñedo|autor=[[Consello da Cultura Galega]]|url=https://sketchfab.com/models/4c9c206b6a6e438fb9cefd40e29042f4|data=|medio=Modelo 3D}}</ref>, que representa a función pastoral do bispo coa súa freguesía, era unha vara de madeira de 1,45 m xungida a unha voluta de cobre dourado de pequeno tamaño, —uns dez centímetros. Decorada con triángulos alternos, orixinaban no centro unha especie de rombos; nos seus extremos unhas molduras daban paso ao bastón e á espiral superior. Esta ten forma de serpe, e rematada nunha cabeza animal con unha bola na boca<ref name=":5" />. Na apertura do sepulcro de 1916 refírese unha inscrición, hoxe desaparecida, na base do báculo na que se podía ler: "GUNDISALVUS"<ref>FERNÁNDE PACIOS 2008. p. 118</ref>
Liña 47:
== Lendas e milagres ==
[[Ficheiro:Wikinger.jpg|alt=|esquerda|miniatura|Frota viquinga invadindo Inglaterra. Iluminación do S.XII.]]
[[Ficheiro:CapelaBispoSanto2.jpg|miniatura|Ermida do bispo santo no monte da cruz do agrelo lugar ao que ascendeu o bispo Gonzalo fuxindo da armada viquinga.Nas proximidades (Pico da Lebre) existen indicios dunha fortificación posibelmente coetánea dos feitos<ref>{{Cita novas|data=2011-02-20|xornal=Capítulo 0|título=Cando as lendas se volven realidade: o Bispo Santo e o refuxio de San Martiño|url=http://www.manuelgago.org/blog/2011/02/20/cando-as-lendas-se-volven-realidade-o-bispo-santo-e-o-refuxio-de-mondonedo/|lingua=gl-ES|data-acceso=2018-11-02}}</ref>.|alt=]][[Ficheiro:FontedaZapata4.jpg|alt=|miniatura|A Fonte da Zapata, supostamente feita brotar por un zapato de San Gonzalo en tempo de intensa seca, é a cristianización do anteriormente chamado "rego de lavar as mans".]]A figura de San Gonzalo esta asociada á lenda do afundimento dunha armada normanda no esteiro da [[Ría de Foz|ria de Foz]]. A lenda, para a que se poden atopar similitudes no folclore céltico<ref>{{Cita web|url=https://www.mythicalireland.com/myths-and-legends/the-sons-of-mil|apelidos=Murphy|nome=Anthony|páxina-web=Mythical Ireland - New light on the ancient past|título=Mythical Ireland - Myths & Legends - The Sons of Mil|data-acceso=2018-11-01|lingua=en}}</ref>, é racionalizada por algúns historiadores atribuindo os naufraxios a causas naturais<ref>FERNÁNDEZ PACIOS 2008 p. 90</ref> ou ao descoñecemento dos perigos da costa galega<ref>{{Cita libro|título=Historia de Galicia|apelidos=Vicetto|nome=Benito|editorial=|ano=1871|ISBN=|url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/5/5a/Historia_de_Galicia_por_Benito_Vicetto%2C_Tomo_IV%2C_1871.pdf#page=56&zoom=auto,-341,694|volume=4|páxina=48|ref=}}</ref>.
 
Se ben existen multitude de versións do relato<ref name="books.google.es">{{Cita libro|título=Episcopologio Mindoniense|apelidos=Cal Pardo|nome=Enrique|editorial=Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento"|ano=2003|ISBN=|url=https://books.google.es/books?id=AiL6NDJ35RgC&lpg=PP1&hl=es&pg=PA85#v=onepage&q&f=false|páxina=85|ref=}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://lendasgalegas.swred.com/lendas_lugo_o_bispo_santo_e_os_normandos.htm|páxina-web=lendasgalegas.swred.com|título=Lenda O bispo santo e os normandos, Mondoñedo, Lugo, Galicia, lendas galegas|data-acceso=2018-10-31|lingua=es}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.pangalaica.com/britonia/historia/vikingos.htm|apelidos=Comunicación|nome=Abertal|páxina-web=www.pangalaica.com|título=El Obispo Santo y los Normandos|data-acceso=2018-11-01}}</ref><ref>{{Cita novas|xornal=España Fascinante|título=The Bispo Santo and the Normans - Fascinating Spain|url=https://espanafascinante.com/en/legend-of-spain/legends-of-galicia/legend-of-the-the-bispo-santo-and-the-normans/|lingua=en-US|data-acceso=2018-11-01}}</ref>, todas narran mais ou menos os seguintes feitos:{{Cadro de citas|cita=Conta a lenda que cando unha poderosa armada normanda asomou polas costas mariñáns, os veciños da comarca, aterrados polo que lles ía pasar, acudiron ante a autoridade máis importante, o bispo da Sé episcopal de Mondoñedo, que nese tempo (864 – 1117) estaba asentada no lugar de San Martiño de Mondoñedo. O bispo Gonzalo, sabedor de que os soldados que defendían a catedral eran a única forza armada ca que se podería contar para repele-lo ataque, decide marchar en procesión ata o monte coñecido como A Cruz do Agrelo. O prelado portaba unha cruz de madeira que se lle facía cada vez máis pesada, debido a que el era xa unha persoa de idade avanzada e á orografía do camiño, para alivia-lo peso descansaba cada pouco, aproveitando ese tempo para rezar. Por cada vez que se axeonllaba e pregaba a Deus, un barco normando se afundía. Así cando chegaron ao alto do monte tan só quedaba unha nave, tres noutras versións, á que deixa marchar para que informe aos seus paisanos do poder de Deus.|fonte='''De normandos e bispos santos - Xoán Ramón Fernández Pacios'''<ref>{{Cita web|url=http://www.terraetempo.gal/artigo.php?artigo=3539&seccion=13|apelidos=Fernández Pacios|nome=Xoán Ramón|páxina-web=www.terraetempo.gal|título=De Normandos e Bispos Santos|data-acceso=2018-11-01|lingua=gl}}</ref>|largo=60%|aliñamento=centro}}
Dalgún xeito, nos anos posteriores ao "milagre", o bispo Gonzalo comezou a rodearse dun aura de santidade. Foi o pobo quen santificou ao bispo, non a igrexa católica pois non foi nunca canonizado. Esta veneración popular terá recoñecemento da igrexa douscentos anos despois da morte do bispo, xa no século XIV, cando será incluído nos calendarios da catedral de Mondoñedo.
 
A comezos do XVI, aproveitouse esta veneración popular para rematar con algúns dos ritos pagáns e as supersticións presentes na zona<ref>FERNÁNDEZ PACIOS 2008. pp. 90-91</ref>:
 
- Edificouse arredor do 1577<ref>FERNÁNDEZ PACIOS 2008. p. 138</ref> no monte da cruz do Agrelo a '''ermida do bispo santo''', afirmando que alí foi onde se produciu o milagre de San Gonzalo. Oportunamente apareceu no monte soterrada unha imaxe de madeira do santo. Neste mesmo monte da cruz do Agrelo existe unha fonte chamada, fonte dos [[Mouro (mitoloxía)|Mouros]] á que peregrinaba a xente á procura de curación nas súas augas<ref>FERNÁNDEZ PACIOS 2008. pp. 93-94</ref>. Coa construción da capela, cristianizouse tamén a asistencia da xente ao lugar dando orixe á tracional [[romaría]] focense coñecida como festa do Santo.
 
- Xurdiu o milagre da '''fonte da Zapata''' no lugar coñecido popularmente como "rego de lavar as mans". Neste regato levábanse a cabo remedios e ritos encamiñados a conseguir a curación dos enfermos. A igrexa tentou frear este costume aplicando primeiro excomuñóns coercitivas a algún veciño e posteriormente inventando outro milagre do santo Gonzalo<ref>FERNÁNDEZ PACIOS 2008. pp. 99-100</ref>, o nacemento da fonte da zapata. Cóntase que os veciños, acuciados pola falta de auga nun período de intensa seca, acudirón ao santo e este lanzou un dos seus zapatos a un lugar próximo no que naceu unha fonte de auga milagreiras capaz de curar enfermidades<ref>{{Cita libro|títuloname=Episcopologio Mindoniense|apelidos=Cal Pardo|nome=Enrique|editorial=Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento"|ano=2003|ISBN=|url=https://books.google.es"/books?id=AiL6NDJ35RgC&lpg=PP1&hl=es&pg=PA85#v=onepage&q&f=false|páxina=85|ref=}}</ref>.
 
== Debate historiográfico ==
Liña 74:
{{Succession box|título=[[Bispo de Mondoñedo]]|período=[[1071]] - [[1108]]|predecesor=[[Suario II bispo de Mondoñedo|Suario II]]|sucesor=[[Pedro I bispo de Mondoñedo|Pedro I]]}}
{{End box}}
 
 
== Notas ==