Actor, actriz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
No [[século XX]], os actores eran professionais da súa materia e formados en [[arte dramática]]. Coa aparición do [[cinema]], o número de actores de sona multiplicouse.
 
== Historia ==
[[Ficheiro:The_Addams_Family_(8564455732).jpg|miniatura|Actores interpretando persoas do pasado.]]
Semella que o primeiro actor que rexistra a historia, en [[-534]] (probablemente o 23 de novembro, por mor dos cambios no calendario, durante a historia, fai difícil de determinarlo con exactitude), cando o [[Antiga Grecia|grego]] [[Tespo]] representou no ''Teatro de [[Dioniso]]'', e foi o primeiro en dicir palabras como nunha representación. Antes da representación de Tespo, as historias cantábanse e [[danza|bailábanse]] nun estilo narrativo en terceira persoa. O mito teatral mantén que Tespo existe com un espírito malicioso, e ten a culpa dos desastres no teatro. Na [[Antiga Grecia|Grecia clásica]], só os homes podían ser actores e tapaban a cara con carautas grotescas. Continuaron deste xeito tamén durante o [[Imperio Romano]].
 
Na [[Idade Media]], o teatro esmoreceu. Os [[xograr|xograres]] son considerados por algúns expertos como os actores, xa que interpretaban as cancións dos [[trobador]]es.
 
O teatro moderno comenzou cos [[auto sacramental|autos sacramentais]]; como mostra deles pódese citar o [[Misterio de Elx]], que aínda hoxe se representa cada ano na devandita cidade.
 
Durante o [[Renacemento]] e o [[Barroco]], o [[teatro]], xunto cos actores, volve medrar. Os actores comezaron a converterse en professionais. Ademais, cando apareceu a [[ópera]], precisábanse cantantes e actores ó mesmo tempo.
 
== Véxase tamén ==