Lev Tolstoi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Notas repetidas
mazurka > mazurca
Liña 64:
 
=== Procuras relixiosas ===
Tolstoi consideraba as súas pescudas relixiosas como o máis importante da súa obra. O ano [[1871]] enviou unha carta ao poeta ruso [[Aleksandr Fet]] na que lle aseguraba que nunca máis ía escribir unha obra do estilo de “A guerra e a paz”. En [[1908]] lamentábase no seu diario de que “a xente quéreme por esas parvadas d' ”A guerra e paz” etc. que lles parecen moi importantes”, e en resposta a un admirador, que o felicitara pola mesma obra dixo “é como se a Edison o admirasen porque baila moi ben a mazurka”mazurca”. Tolstoi empezou a traballar febrilmente no campo relixioso e editou en [[1891]] en [[Xenebra, Suíza|Xenebra]] “Pescudas na teoloxía dogmática” no que criticaba aspectos do cristianismo ortodoxo. Comezou a manter debates con monxes e relixiosos, a ler tratados teolóxicos a estudar o grego e o hebreo antigos (este coa axuda do rabino moscovita [[Shlomo Minor]]). Relacionouse tamén con membros das correntes cismáticas da [[igrexa ortodoxa]] e con Siutaev, campesiño fundador dunha seita relixiosa. Coa mesma paixón estudou filosofía e ciencias exactas e intentou levar unha vida o máis acorde posible coa natureza, afastándose das comodidades da súa vida anterior, vestíndose con roupas simples, entregando á familia as súas propiedades e facéndose vexetariano. Malia as súas posturas relixiosas e o seu apoio ás doutrinas de desobediencia civil de [[Thoureau]], o goberno non se atreveu a molestar o escritor, temeroso da mala publicidade que lle podía supor no estranxeiro. Ata [[1901]] non foi oficialmente excomungado polo sínodo da igrexa ortodoxa rusa.
Tolstoi empezou a traballar febrilmente no campo relixioso e editou en [[1891]] en [[Xenebra, Suíza|Xenebra]] “Pescudas na teoloxía dogmática” no que criticaba aspectos do cristianismo ortodoxo. Comezou a manter debates con monxes e relixiosos, a ler tratados teolóxicos a estudar o grego e o hebreo antigos (este coa axuda do rabino moscovita [[Shlomo Minor]]). Relacionouse tamén con membros das correntes cismáticas da [[igrexa ortodoxa]] e con Siutaev, campesiño fundador dunha seita relixiosa. Coa mesma paixón estudou filosofía e ciencias exactas e intentou levar unha vida o máis acorde posible coa natureza, afastándose das comodidades da súa vida anterior, vestíndose con roupas simples, entregando á familia as súas propiedades e facéndose vexetariano. Malia as súas posturas relixiosas e o seu apoio ás doutrinas de desobediencia civil de [[Thoureau]], o goberno non se atreveu a molestar o escritor, temeroso da mala publicidade que lle podía supor no estranxeiro. Ata [[1901]] non foi oficialmente excomungado polo sínodo da igrexa ortodoxa rusa.
 
Segundo medraba a súa reputación foron aparecendo en Rusia algunhas comunidades que buscaban poñer en práctica as súas doutrinas. Iásnaia Poliana converteuse no punto de destino de peregrinos que querían ver o gran home. A familia, coa excepción da filla máis nova, era contraria ás opinións de Tolstoi. A súa muller foi a opositora máis decidida. Rexeitou a idea do seu home de desfacerse das súas posesións e Tolstoi viuse obrigado a cederlle tódalas propiedades e os dereitos da súa obra anterior.