Anticorpo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 220:
=== Conversión xénica ===
 
A conversión xénica é un intercambio non recíproco, no que a [[secuencia de ADN]] doante non se modifica, mentres que o xene aceptor adquiere un segmento do doante por [[recombinación homóloga]]. Aínda que este mecanismo para xerar diversidade nos anticorpos se coñecía desde hai tempo, non se lle dera relevancia dabondo ata agora. Sábese que é moi importante en [[aves]], as cales usan nas súas cadeas lixeiras e pesadas un gran número de [[pseudoxene]]s semellantes ás secuencias D, situadas ao principio da secuencia do xene das cadeas de inmunoglobulina. Posteriormente, estes segmentos cambian [[célula somática|somaticamente]] a única rexión V, e poden tamén estar sometidas a [[Hipermutación somática|hipermutación]].<ref>{{cita publicación periódica|autor=Weill, JC e outros:|título=Somatic hyperconversion diversifies the single V<sub>H</sub> gene of the chicken with a high incidence in the D region|ano=1989|revista=[[Cell (revista)|Cell]]|volume=59|número=|url=}}</ref> Este mecanismo, curiosamente, tamén está presente nalgúns outros [[mammalia|mamíferos]], como os [[oryctolagus cuniculus|coellos]].<ref>{{cita publicación periódica|autor=Knight, KL:|título=Restricted V<sub>H</sub> gene usage and generation of antibody diversity in rabbit.|ano=1992|publicación=annu. Rev. immunol.|volume=10|número=|url=}}</ref>
 
=== Fases finais da síntese de inmunoglobulinas ===