Acción Republicana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 4:
Como grupo integrado na [[Alianza Republicana]], participou no [[Pacto de San Sebastián]] para derrocar a Monarquía de [[Afonso XIII]], e implicouse na construción e consolidación da [[Segunda República Española|II República]]. Formou parte do Goberno Provisional que se fixo cargo do país tras a saída de España do Rei.
 
Obtivo 30 deputados nas [[eleccións xerais de 1931]], e enseguida converteuse, a pesar da súa relativamente escasa forza parlamentaria, nunha formación central dos Gobernos da República ata 1933, liderados polo seu presidente, Manuel Azaña.
 
Tras a derrota dos republicanos de esquerda nas eleccións dese ano, nas que Acción Republicana só obtivo 10 escanos, o partido fusionouse con outros grupos republicanos (como a [[Organización Republicana Gallega Autónoma]] (ORGA) e o [[Partido Republicano Radical Socialista]] en [[1934]]) para formar [[Izquierda Republicana]], baixo o liderado de Azaña.