Otto von Bismarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
enoxo > anoxo
Liña 214:
 
Dentro dese contexto, Bismarck non se cansaba de atacar o brando romanticismo político de Federico Guillerme IV, ao mesmo tempo que acentuaba a súa oposición aos gobernantes austríacos do seu tempo.<ref name="Chousda" /> Cando ao finalizar o conflito de [[Crimea]], Prusia non foi invitada á [[Tratado de París (1856)|Conferencia de París]], Bismarck montou en [[cólera]] e comparou o seu estado de ánimo co da [[primavera]] de [[1848]].<ref name="Chousda" /> Pouco despois avisou nun amplo informe de que Austria era o único país ante o que Prusia podería sufrir unha derrota ou unha vitoria duradeira.<ref group=n.>Con respecto a isto, pódese apreciar nunha nota feita por Bismarck: {{Cita|O dualismo alemán, desde fai un milenio en certas ocasións, pero desde Carlos V cada século, regulou metodicamente as relacións entre as partes por medio de guerras interiores radicais; no noso tempo, tamén é este o único método para poñer na súa hora xusta o reloxo do progreso.}}</ref>
[[Ficheiro:Napoleon3.PNG|miniatura|esquerda|250px|[[Napoleón III de Francia|Carlos Luís Napoleón Bonaparte]] ([[París]], [[20 de abril]] de [[1808]] – [[Inglaterra]], [[9 de xaneiro]] de [[1873]]), tamén coñecido como Napoleón III, mantivo contacto co estadista Bismarck durante a estancia deste en [[Frankfurt]] viaxando a [[París]]. Bismarck entrevistouse máis de dúas veces co [[monarca]] francés, mantendo contacto político e diplomático en [[Francia]]. Isto provocou o enoxoanoxo de Gerlach, o que conduciu a unha disputa sobre as directrices políticas que determinarían a situación interna. Aínda así, Bismarck mantivo o seu [[Neutralidade|punto de vista neutral]] sobre Napoleón III argumentando que era máis anódino e banal do que o mundo pensaba, ao contrario do que Gerlach supoñía.<ref name="Stereo" /><ref name="Heinrich" />]]
 
En realidade Bismarck non desexaba por entón provocar guerra algunha, sobre todo porque sabía que iso era imposible reinando Federico Guillerme IV. No entanto, era plenamente consciente de que algunha vez habería que afrontar ese combate xerado polos problemas do dualismo alemán, e por iso as palabras de Bismarck<ref>Véxase a nota número 4</ref> non falan da desaparición da regulación do dualismo alemán, ao contrario que outras interpretacións erróneas. Nunha carta dirixida ao seu amigo Gerlach, Bismarck esixe unha delimitación das esferas de influencia en Alemaña cunha liña de demarcación xeográfica ou política.<ref name="Stereo">Mommsen, Wilhelm, “Embaixador en Frankfurt, San Petersburgo e París”..., páx. 45</ref> Así polo menos unha [[Guerra dos Sete Anos|guerra como a dos sete anos]] aclararía as relacións entre Prusia e Austria.