Gonzalo López Abente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 9:
 
== Traxectoria ==
Estaba emparentado por liña materna con [[Eduardo Pondal]], pois Gonzalo era neto de Leandro Abente, médico de Muxía e irmán da nai de Pondal. Estudou o [[bacharelato]] en [[Santiago de Compostela]] rematando en [[1893]] e despois a carreira de [[Dereito]], licenciándose en [[1899]]. Viaxou por [[Francia]], [[Bélxica]] e [[Países Baixos]], pero pasou a maior parte da vida en Muxía dedicado aos negocios bancarios. Colaborou na prensa local e comarcal e chegou a dirixir ''[[El Eco de Mugía]]''. En 1907 casou con Balbina Abente Mislovsky, filla—filla do seu tío [[Victorino Abente Lago]], que finou ao cabo dun ano ao [[dar a luz]].
 
Como autor poético, sitúase nos seus libros anteriores á [[Guerra civil española|guerra civil]] (''Escuma na ribeira'', ''Alento de Razaraza'' e ''D'Outono'') na escola do "Poeta da Raza", [[Ramón Cabanillas]]. Como narrador, gañou en 1919 a única edición do Premio de Literatura d' ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'' coa novela ''O deputado de Beiramar''. O [[20 de febreiro]] de [[1921]], estreou a súa única [[peza teatral]], ''María Rosa'', correndo a representación a cargo do [[Cadro de Declamación]] das [[Irmandades da Fala]] da Coruña. Trátase dunha novela naturalista, valiosa non tanto por supor unha renovación estética senón pola súa temática [[Feminismo|feminista]].
 
López Abente foi integrante das Irmandades da Fala e do [[Seminario de Estudos Galegos]] e presidente da [[Asociación de Escritores de Galicia]]. Colaborou en revistas e periódicos: ''[[El Noroeste (1896)|El Noroeste]]'', ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'', ''[[Revista Nós|Nós]]'', ''[[Rexurdimento]]'', ''[[Ronsel]]'' e ''[[Lar (Galicia)|Lar]]''.
Liña 19:
O 27 de xullo de 1941 ingresou na [[Real Academia Galega]], a proposta de [[Manuel Casás Fernández]], [[Alejandro Barreiro Noya]] e [[Ángel del Castillo]], co discurso: "A terra e a poesía de Eduardo Pondal".<ref>[http://academia.gal/documents/10157/27090/Gonzalo+Lopez+Abente.pdf "A terra e a poesía de Eduardo Pondal"]</ref>
[[Ficheiro:Foto da entrada dos poetas no Seminario de Estudos Galegos en 1926 en Santiago.jpg|miniatura|300px|Entrada dos poetas no SEG en 1926 en Santiago. Están, entre outros: [[Florentino López Cuevillas]], [[Victoriano Taibo]], [[Vicente Risco|Risco]], López Abente, [[Salvador Cabeza de León|Cabeza de León]], [[Antón Villar Ponte]], [[Xosé Filgueira Valverde]], [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|Castelao]], [[Ramón Otero Pedrayo|Otero Pedrayo]], [[Manuel Lugrís Freire|Lugrís]], [[Leandro Carré Alvarellos|Leandro Carré]] e [[Jaime Vidal Rey]].]]
En [[1963]] viron a luz tres libros máis de poesía da súa autoría : ''Nemancos'', ''Cintileos nas Ondasondas'' e ''Decrúa'' (este último póstumo).
 
== Obra ==