Kazán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Kanato > Khanato
Liña 35:
'''Kazán'''<ref name="Diciopedia">Ver entrada de «Tatarstán». {{cita libro |título=[[Diciopedia do século 21]] |isbn=9788482893600 |outros=Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición)|ano=2007 |editor=Editorial Galaxia |páxina=2008|volume=3}}</ref> (en {{lang-ru|Казань}}, ''Kazan''; en {{lang-tt|Казан}}, ''Qazan'') é a capital e cidade máis poboada da [[Tatarstán|República de Tatarstán]], na [[Rusia|Federación Rusa]]. A cidade atópase á beira do [[río Volga]], na converxencia co [[río Kazanka]], e ten unha poboación de 1&nbsp;143&nbsp;546 (segundo o censo preliminar de 2010), o que a converte na oitava cidade máis poboada de Rusia, cunha área metropolitana de 1,57 millóns.
 
A cidade foi fundada polos [[búlgaros do Volga]] en 1005 como un forte fronteirizo no norte. En 1438, foi capturada polas [[Horda de Ouro|Hordas de Ouro]] e creouse o [[Kanato de Kazán|KanatoKhanato tártaro de Kazán]]. Unha serie de guerras co principado de Moscova levou finalmente á toma de Kazán polas tropas de [[Iván o Terrible]] en 1552, seguido da destrución de gran parte da cidade e a reubicación dos tártaros nas beiras pantanosas do lago Kaban. Kazán sufriu numerosos incendios graves e despois dun deles, en 1579, descubríuse o ícono de ''[[Virxe de Kazán|Nosa Señora de Kazán]]''.
 
Kazán é un dos principais centros económicos, políticos, científicos, educativos, culturais e deportivos do país. O «Complexo histórico e arquitectónico do [[Kremlin de Kazán]]» está incluído pola [[UNESCO]] dentro do [[Patrimonio da Humanidade]].<ref>[http://whc.unesco.org/en/list/980]</ref> A cidade desfruta dunha [[multietnicidade]] famosa pola convivencia entre [[Islam|musulmáns]] e [[Cristianismo|cristiáns]], que é tamén recoñecida pola UNESCO,<ref>[http://unesdoc.unesco.org/images/0012/001252/125255e.pdf UNESCO Cities for Peace Prize]</ref> o que se reflicte nunha variada riqueza arquitectónica propia de cada confesión, como a mesquita Qul Sharif, unha das mesquitas meirandes de Europa. Dende abril de 2009, leva legalmente o título de "Terceira Capital de Rusia".