Guerra de Croacia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 5 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
en secreto > en segredo
Liña 58:
En agosto de 1990 celebrouse un referendo non oficial nas rexións croatas cunha substancial poboación serbia, que serían posteriormente coñecidas como a [[República Serbia de Krajina]] (RSK), situada na fronteira con [[Bosnia e Herzegovina]], sobre a cuestión da autonomía e soberanía serbias en Croacia.
{{Véxase tamén|Historia dos eslavos do sur#Croacia e Eslavonia: As Fronteiras Militares}}
[[Ficheiro:Krajina.png|miniatura|250px|En vermello, [[República Serbia de Krajina]], en [[Croacia]].<br /><small>Á esquerda, na fronteira con [[Bosnia e Hercegovina]]; á dereita, na [[Eslavonia|Eslavonia oriental]]. Nótese a coincidencia coas antigas ''Fronteiras Militares'' de Croacia.]]</small>
 
Isto fíxose para tratar de contrarrestar os cambios na Constitución. O Goberno croata tratou de bloquear o referendo enviando forzas policiais ás comisarías de policía rebeldes nas zonas serbias para confiscar as súas armas. Entre outros incidentes, civís serbios do sur de Croacia, a maioría en torno á cidade de [[Knin]], bloquearon as estradas de acceso aos destinos turísticos da costa de [[Dalmacia]]. Anos despois, durante o xuízo a [[Milan Martić]], [[Milan Babić]] afirmaría que foi enganado por Martić para organizar a revolta, e que esta —así como a guerra en Croacia en si mesma— foi responsabilidade de Martić, dentro dun plan orquestrado por Belgrado.<ref>[http://www.iwpr.net/?p=tri&s=f&o=259675&apc_state=henftri259753 IWPR news report: Martic "Provoked" Croatian Conflict]</ref> O Goberno croata respondeu ao bloqueo das estradas mediante o envío de corpos policiais especiais transportados por helicópteros, pero estes foron interceptados por avións de combate do Exército Iugoslavo e obrigados a regresaren a [[Zagreb]].
Liña 121:
En agosto de 1991 a cidade fronteiriza de [[Vukovar]] foi sitiada, dando comezo así á [[Batalla de Vukovar]]. Tropas serbias rodearon completamente a cidade. A poboación croata, incluíndo a 204ª Brigada de Vukovar, atrincheirouse na cidade e mantivo as súas posicións contra un gran número de brigadas mecanizadas de ''elite'' do JNA, apoiadas por unidades paramilitares serbias. Civís etnicamente croatas refuxiáranse na cidade, mentres que outros grupos fuxiron en masa das zonas en conflito. En termos xerais, os croatas escaparon das zonas fronteirizas con Bosnia e Serbia, mentres os serbios movíanse cara a elas.
 
Hai evidencias das extremas privacións sufridas pola poboación de Vukovar naqueles momentos.<ref name="Blaskovich">[http://www.jblaskovich.com/PDF/AnatomyofDeceit.pdf Blaskovich, Jerry (1997). Anatomy Of Deceit, Realities Of War In Croatia, New York: Dunhill Publishing] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20121207055858/http://www.jblaskovich.com/PDF/AnatomyofDeceit.pdf |date=07 de decembro de 2012 }}. ISBN 0-935016-24-4.</ref> Algunhas estimacións cifran en 220.000croatas e 300.000 serbios o número de persoas desprazadas á forza durante a guerra en Croacia. Nos peores momentos do conflito, a finais de 1991, cerca de 550.000 persoas convertéronse temporalmente en refuxiados no lado croata. O censo de 1991 e o de 1993 mostran unha diferenza, na República Serbia de Krajina, de cerca de 102.000serbios e 135.000 croatas. En moitos lugares grandes grupos de civís foron desaloxados polos militares. Isto foi cualificado de [[limpeza étnica]], un termo que comezou entón a empregarse e no que podía entenderse desde o desaloxo até o asasinato dos civís pertencentes a un determinado grupo étnico.
 
{{Véxase tamén|Limpeza étnica}}
Liña 190:
Durante este período, Croacia aceptou a 280.000 refuxiados bosnios que fuxían da guerra. O enorme número de refuxiados foi significativamente desgastando a economía e a infraestrutura croatas. O embaixador de Estados Unidos en Croacia [[Peter Galbraith]] tratou nunha entrevista, o 8 de novembro de 1993, de poñer de relevo o elevadísimo número de refuxiados bosníacos en Croacia, dicindo que a situación sería equivalente a se os Estados Unidos acollesen de golpe 30 millóns de refuxiados.
 
O 18 de febreiro de 1993 as autoridades croatas asinaron o ''Acordo de Daruvar'' cos líderes serbios de Eslavonia Occidental. O acordo mantívose en secretosegredo, e trataba de normalizar a vida da poboación da zona. Porén, as autoridades de [[Knin]] tomaron nota do trato e arrestaron aos líderes serbios responsábeis do mesmo, dado que parecía claro que estaban aceptando unha reintegración pacífica en Croacia.
 
En 1993 os croatas de Bosnia e os bosnios enfrontáronse entre eles, mentres ao mesmo tempo ambos os grupos loitaban contra os serbobosnios. Franjo Tudjman participou nas conversacións de paz entre os croatas de Bosnia e os bosníacos, que cristalizaron no Acordo de Washington de 1994, reducindo o número de belixerantes en Bosnia a dous.
Liña 320:
 
=== Bibliografía ===
* Ingrao, Charles W. & Emmert, Thomas Alan (eds.) (2009): ''Confronting the Yugoslav Controversies: a Scholars' Initiative''. Capítulo "The War in Croatia, 1991–1995" (por Bjelajac, Milke & Ozren, Žunec). Purdue University Press. ISBN 1-55753-533-7
* Beljo, Ante (1992): ''Greater Serbia: From Ideology to Aggression''. Croatian Information Centre. ISBN 0-919817-30-0
* Burg, Steven L. & Shoup, Paul S. (2000): ''The War in Bosnia-Herzegovina: Ethnic Conflict and International Intervention''. M. E. Sharpe ISBN 1-56324-309-1