Otto de Grecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m poño modelo Biografía
en secreto > en segredo
Liña 12:
'''Otto I''' abdicou en outubro de [[1862]], logo de varias tentativas de derrocamento por parte dos seus opositores revolucionarios, e en parte tamén porque as potencias que o sustentaran aconselláranlle renunciar ao poder. El rei e a raíña refuxiáronse nun barco de guerra británico e regresaron a [[Baviera]], levando canda eles o estandarte real grego que trouxeran en [[1832]]. No seu momento suxeriuse que se Otto e a raíña Amelia tivesen un fillo como posible herdeiro non terían sido derrocados, pero aínda así, a sucesión real xa estaba establecida na [[Constitución grega de 1843]], e a coroa tería recaído sobre un dos irmáns menores do rei ou os seus descendentes.
 
Otto morreu no palacio dos antigos bispos de [[Bamberg]], en [[Baviera]], e foi soterrado na [[Theatinerkirche|igrexa dos teatinos]] de [[Múnic]]. No seu retiro, o ex-monarca de Grecia aínda utilizaba os uniformes tradicionais gregos xurdidos a raíz da revolta [[illa de Creta|cretense]] (1866-1869). En [[1866]] Otto fixo importantes doazóns para proporcionarlle armas aos insurxentes de Creta, preocupándose de que esta doazón permanecese en secretosegredo até a súa morte, coa finalidade de evitar causar problemas políticos ao novo rei de Grecia, [[Xurxo I de Grecia|Xurxo I]].
 
Está xeralmente aceptado pola maior parte dos historiadores que Otto, malia ao seu fracaso na empresa do reinado heleno, amou Grecia como a súa nova patria. O seu fracaso como monarca de Grecia debeuse maiormente a problemas relixiosos e ás intrigas existentes entre os tres grandes poderes. Antes de morrer, Otto fixo constar que querería ser soterrado vestindo o seu propio uniforme grego.