Carlos Núñez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 19:
 
== Traxectoria ==
Naceu en [[Vigo]] en 1971 nunha familia comunista (o seu pai, Carlos Núñez, era un dos líderes do [[PCG]]), e comezou a tocar a gaita galega aos oito anos. Aos doce, era invitado para tocar na [[Orquestra Sinfónica de Lorient]] e en 1989 gravou xunto ao grupo irlandés '''[[The Chieftains]]''' a banda sonora da película [[A illa do tesouro]], cos que seguiría colaborando até ser coñecido como ''o sétimo Chieftain''. Núñez ademais completou a súa formación no ensino académico obtendo a cualificación de [[Matrícula de Honra]] e Premio Extraordinario Fin de Carreira no instrumento [[frauta doce|frauta de pico]] polo Real Conservatorio Superior de Música de [[Madrid]].
 
Carlos Núñez é un estudoso incansábel da [[música celta]] e no panorama internacional está considerado como un [[erudito]] do tema. As súas investigacións seguen basicamente dúas liñas relacionadas entre si: a orixe da música celta e a súa fusión coas músicas do mundo actuais. O seu interese polo tema levouno a percorrer o globo e a relacionarse con músicos e artistas dos países que visitou, para logo plasmar os seus coñecementos e experiencias na súa prolífica [[Álbum musical|discografía]].