Praga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4948940 de Breogan2008 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 507:
Kafka (1883-1924) é un dos [[escritor]]es máis importantes do [[século XX]] en [[lingua alemá]]. A súa obra é unha das máis influentes da literatura universal no último século, malia non ser moi extensa: foi autor de tres [[novela]]s (''[[O proceso]]'', ''[[O castelo (novela)|O castelo]]'' e ''[[América (novela)|América]]''), unha [[novela curta]], ''[[A metamorfose]]'', e un certo número de [[Parábola (literatura)|parábolas]] e relatos breves. Ademais, deixou unha abundante correspondencia e escritos autobiográficos, a maior parte publicados de forma póstuma. Gran parte da súa obra foi publicada trala súa morte polo seu amigo e confidente, [[Max Brod]]. A súa obra é expresiva, como ningunha outra, das [[ansiedade]]s e a [[alienación]] do home do [[século XX]]. O Museo que leva o seu nome contén as primeiras edicións dos seus libros, así como correspondencia persoal e audiovisuais do escritor.
 
O novelista [[Milan Kundera]], malia non nacer en Praga, estudou na [[Universidade Carolina de Praga]] e deu clases de historia do cinemacine na Academia de Música e Arte Dramática desde [[1959]] a [[1969]], e posteriormente no Instituto de Estudos Cinematográficos de Praga. A súa obra máis coñecida é ''A insoportable levedade do ser'', pola que foi galardoado en diversas ocasións.
 
=== CinemaCine ===
Praga é un lugar excelente para gozar co [[cinemacine de animación]]. Son especialmente fermosos os espectáculos poéticos e cómicos de [[Karel Zeman]] que conseguiu animar personaxes de cristal e gravados en madeira e as obras de [[Jirí Trnka]], o mestre do xénero, que creou as cine-óperas e os cine-ballets.
 
Ademais deste especial cinemacine de animación en Praga existen numerosas salas onde se poden ver películas, sobre todo, americanas e europeas en versión orixinal e subtituladas en [[checo]]. As listas de películas atópanse nos xornais ''Prognosis'' e ''The Prague Post'' onde ademais figuran as direccións dos cines.
 
As rúas de Praga foron tamén escenario de numerosas películas como ''[[Amadeus]]'', ''[[Mission: Impossible (filme)|Mission: Impossible]]'', ''[[Les Misérables (filme de 1998)|Les Misérables]]'' ou ''[[The Bourne Identity]]'' entre outras. En Praga tamén naceron algúns dos máis importantes directores de cinema checos tales como [[Jan Švankmajer]], [[Gustav Machatý]], [[Petr Zelenka]] ou [[Jiří Menzel]]. Na capital checa encóntranse tamén os [[Estudos Barrandov]], uns dos máis grandes e importantes de [[Europa]].