Renacemento hispánico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
inicio revisión lingüística
Liña 8:
A introdución das formas artísticas do Renacemento na [[península Ibérica]] fíxose a finais do [[século XV]], e non se desenvolvería ata ben entrado o [[século XVI]].
 
Os diferentes estados peninsulares que hoxe coñecemos como [[España]] (e tamén [[Portugal]]), no século XV, herdarían a influencia de [[Coroa de Castela|Castela]] na política europea e os contactos comerciais no Mediterráneo da [[coroa de Aragón]]. Isto fixo que nos estados gobernados polos [[Reis Católicos]] se introduciranintroducisen as máis modernas correntes artísticas e filosóficas que se estaban a xerar en [[Italia]].
 
== Antecedentes históricos ==
Liña 16:
Comunmente acéptase a data de [[1492]] como inicio da influencia do [[Renacemento italiano]] en España. Este novo enfoque nas [[Arte|artes plásticas]], na [[literatura]] e na [[ciencia]], inspirado na [[antigüidade clásica]] e en especial na tradición [[antigüidade clásica|grecolatina]], recibe o impulso transcendental neste ano por varios acontecementos históricos sucesivos:
 
* Unificación do ansiado reino cristián coa toma definitiva do [[reino de Granada]], último reino da [[Al-Ándalus|España Islámicaislámica]], o [[31 de marzo]] de [[1492]].
* O descubrimento ''oficial'' de [[América]], o venres [[12 de outubro]] de [[1492]], coa chegada da expedición de [[Cristovo Colón|Colón]] a unha illa do mar Caribe chamada Guanahani.
* A publicación da primeira [[gramática]] dunha lingua vulgar europea, ''La Gramática de la lengua castellana'' de [[Antonio de Nebrija]].
Liña 24:
Os Reis Católicos unen as forzas do incipiente estado e alíanse coas principais familias da nobreza para manter o seu poder. Unha destas familias, os Mendoza, utiliza o novo estilo como distinción do seu clan e, por extensión, da protección da [[monarquía]].
 
Pouco a pouco, a estética novidosa introdúcese no resto da corte e no clero, mesturándose con estilos puramente ibéricos, como a arte [[nasríarte nazarí]] do agónico [[reino de Granada]], o gótico exaltado e persoal da raíña castelá, e as tendencias flamengas na pintura oficial da corte e a Igrexa.
 
A asimilación de elementos deu lugar a unha persoal interpretación do Renacemento ortodoxo, que se deu en chamar [[Platerescoplateresco]].
 
Así mesmo, impórtanse artistas de [[Italia]], envíanse aprendices aos talleres italianos, tráense deseños, plantas arquitectónicas, libros e gravados, cadros etc., dos que se copian personaxes, temas e composicións.
Liña 39:
A consideración ou non do isabelino como un estilo gótico ou renacentista, como un estilo [[ecléctico]], ou como unha fase dentro do máis xenérico [[plateresco]], é unha cuestión debatida pola historiografía da arte e aínda non resolta.<ref>''...tampouco é satisfactoria a pretendidamente esclarecedora denominación de gótico plateresco, a partir da terminoloxía adoptada por D. Bayón para o que Durliat chamara estilo Isabel e como aglutinante do un e o outro (Marías), pois se conceptualmente existe unha continuidade, o repertorio ornamental empregado é ben distinto, e non existe constancia do uso do vocábulo para as fantasías decorativas medievais.'' Virginia Soto Caba [http://www.artehistoria.jcyl.es/artesp/contextos/7626.htm ''La cuestión plateresca''] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120301233038/http://www.artehistoria.jcyl.es/artesp/contextos/7626.htm |date=01 de marzo de 2012 }}, en Artehistoria.</ref>
 
O estilo isabelino introduce varios elementos [[decorativo]]s, máis que [[estrutural|estruturais]], da tradición castelá e algúns ornamentos de influencia [[Islam|islámica]] e outros procedentes de [[Flandres]], tipicamente as formas [[flamíxera]]s. Moitos dos edificios que se construíron neste estilo foron encargas dos Reis Católicos ou ben estiveron dalgún modo patrocinados por eles. Paralelamente desenvólvese en [[Portugal]] unha arte moi similar denominada [[Arte|manuelina]]. Como característica máis evidente está o predominio dos motivos [[heráldica|heráldicos]] e [[epigrafía|epigráficos]]; especialmente os símbolos do xugo e as frechas e a [[milgranda|granada]], que fan referencia aos monarcas. Tamén é característicocaracterística deste período a ornamentación con [[bóla]]s.
 
As referencias á [[antigüidade clásica]] en España apenas son algo máis que literarias, ao contrario que en Italia, onde a presenza de edificios romanos era moito máis abundante e o ''gótico'' recibírase dunha forma moi adaptada ao gusto ''clasicista'' local. Até a década de [[1530]] non terminou de impoñerse o ''romano'' ao ''moderno'' na arquitectura española. O uso destes termos referíase, na intención dos que os usaban, a cousas diferentes ao que hoxe podería pensarse: ''o romano'' era o estilo do renacemento italianizante, clasicista ou purista; mentres que ''o moderno'' era para eles o gótico final e o plateresco.<ref>Maroto, J. ''Historia del Arte'', Casals, ISBN 978-84-218-4021-4, páx. 195, citando, entre outros, a [[Diego de Sagredo]] ''Las Medidas del Romano'', 1526.</ref>
 
Independentemente das características ambientais dos interiores, o gótico proporciona uns sistemas estruturais de probada eficacia. E precisamente o estilo gótico sufrira na península unha serie de modificacións debidas á tradición local: ventás moito máis pequenas das coñecidas no sistema construtivo e pendentes de cuberta moito menos pronunciadas, e tamén cubertas planas, o que fixo un estilo realmente orixinal, pero que aproveitaba eficientemente o sistema construtivo gótico. Por outro lado, moi probabelmente os arquitectos españois habituados ao gótico, consideraran con certo desprezo os tirantes metálicos vistos, que os arquitectos italianos víansese vían obrigados a poñer nos arcos para resistir os empuxes horizontais, cando no sistema construtivo "gótico" non eran necesarios ou había outros métodos que evitaban a "trampa".
 
A partir da herdanza gótica comeza a xestarse un estilo propio no que se inclúen elementos máis modernos. Quizais o exemplo máis representativo deste estilo sexa o Mosteiro de San Xoán dos Reis de Toledo, en que a idea gótica está máis no sistema construtivo que na concepción do espazo interior, a relación faise máis distante co gótico orixinal francés.
 
Por iso na península, cuxa tradición de arquitectura clásica está temporalmente moi afastada (tras séculos de construción gótica), prefírese, por tradición propia, por racionalidade construtiva, o sistema gótico, que no tempo vai evolucionando na decoración dos edificios, -correspondendo coa riqueza xeneralxeral do país no momento,- cara a un recargamento, o que se deu en chamar plateresco, mentres que se manteñen intactos varios elementos do gótico, especialmente o modo de levar as cargas das bóvedas aos piares (non aos muros, como no románico), apuntalándoos cos [[Arcobotante|arcobotantes]], cos seus [[Capitel|capiteis]] e, moitas veces, os [[Arco apuntado|arcos apuntados]].
 
<gallery>
Liña 427:
* Fernández Álvarez, Manuel (1998): ''Felipe II y su tiempo'', Madrid: Espasa Calpe. ISBN 978-84-239-9736-7
* Fernández, A., Barrenechea, E. e Haro, J. (1999): ''Historia del Arte''. Barcelona: Vicens Vives.
* García Iglesias, José Manuel (1993): ''A catedral de Santiago: A Idade Moderna''. A Coruña: Xuntanza. ISBN 84-86614-69-4.
* Garcia Melero, José Enrique (2010): ''Historia del Arte Moderno: Renacimiento''. Madrid: Editorial Centro de Estudios Ramón Areces. ISBN 978-84-8004-978-8
* Gingras, Y., Keating, P. e Limoges, C. (2000): ''Du scribe au savant. Les porteurs du savoir, de l'Antiquité à la Révolution industrielle''. París: PUF, Col. Science, savoir et société. ISBN 978-2-13-050319-4
* Jones, Royston Oscar (dir.) (1974): ''Historia de la literatura española''. Barcelona: Ariel. (6 volumes) ISBN 978-84-344-8326-2 (É a tradución de ''A Literary history of Spain'' de Ernest Benn, London, 1971).
* Keppler, Erhard (1986): ''Sol, lunas y planetas''. Barcelona: Salvat Editores. Biblioteca Científica Salvat.
* López-Calo, José (1994): ''Historia de la música española. Vol 3. Siglo XVII''. Madrid: Alianza Editoprial. Col. Alianza Música. ISBN 84-206-6475-0
* López Piñero, José María et. al. (1983): ''Diccionario histórico de la ciencia moderna en España'', Barcelona. ISBN 84-297-1954-7.
* Martínez Ruiz, Enrique (dir.): ''Felipe II, la Ciencia y la Técnica'', Editorial Actas, Madrid, 1999, ISBN 978-84-87863-75-2
* Menéndez Pidal, Ramón (1972): ''Los españoles en la literatura''. Madrid: Espasa Calpe.
* Navascués Palacio, Pedro (1997): ''Catedrales de España''. Madrid: Espasa Calpe. ISBN 84-239-7645-9.
* Rubio, Samuel (2005): ''Historia de la música española. Vol.3. Desde el Ars Nova hasta 1600''. Madrid: Alianza Editiorial. Col. Alianza Música. ISBN 84-206-6474-3.
* [[José Manuel Vázquez Varela|Vázquez Varela, J. M.]]; Yzquierdo Perrín, R.; García Iglesias, Castro, J. M. (1996): ''100 obras mestras da arte galega''. Vigo: Nigra Arte. ISBN 84-87709-50-8.
* Yzquierdo Perrín, Ramón (2005): "Catedral de Lugo". En ''Las catedrales de Galicia''. León: Edilesa.
=== Outros artigos ===