Lúa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil Edición desde aplicación Android
Liña 13:
 
== Etimoloxía ==
A palabra que designa ao satélite da Terra ''lúa'', procede do [[lingua latina|latín]]. Nesta lingua era orixinalmente o feminino dun adxectivo en -no- *leuk-s-no, 'luminoso'. A palabra ''lúa'', polo tanto significa 'luminosa', 'a que ilumina'. Este adxectivo latino deriva da raíz *lūc-/lǔc- ('brillar', 'ser luminoso'), de onde proceden igualmente ''lux'' ('luz'), ''luceo'' ('lucir'), ''lumen'' ('luz') etc. A súa vez, esta raíz procede dunha raíz indoeuropea *leuk- que se encontra noutras linguas, en termos relacionados coa luz, como o [[lingua grega|grego]] λύχνος, "lýksnos", 'lámpada'. Probablemente, o [[epítetoepíteo]] *leuksno-/ *louksno-, 'a luminosa', xa era utilizado para designar a lua en [[Lingua protoindoeuropea|protoindoeuropeo]].
 
No [[linguas indoeuropeas|indoeuropeo]], existiu outro nome masculino para a Lúa, formado sobre a raíz *mēns-, do que se conservan formas en varias linguas, como o grego μηνός, "menós", 'lúa', e incluso co sentido primitivo en linguas itálicas, como na [[lingua umbra|umbra]] ([[ablativo]] singular) "menzne", 'Lúa'. En latín esta forma *mēns- evolucionou semánticamente para designar o 'mes'. De ''lúa'' procede o termo ''luns'', que xa en latín designaba o 'día da lúa' (''dies lunae'').<ref>{{Cita libro|autor=Ernout, A. y Meillet, A.|ano= 1951 |edición=3.ª ed. |título= ''Dictionnaire etymologique de la langue latine''|lugar= París |editor= Klincksieck}}</ref>