Ducado de Atenas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 50:
[[Ficheiro:Pietro IV d'Aragón.jpg|miniatura|280px|[[Pedro IV de Aragón]].]]
 
O ducado foi gobernado pola familia De la Roche desde [[1205]] até [[1308]]. Á morte de Guy II en [[1308]] o parlamento ateniense elixiu ao [[Condado de Brienne|conde de Brienne]] [[Gualterio V de Brienne]] como sucesor, xa que ésteeste era fillo de Isabel de La Roche, herdeira de Tebas. A súa esposa, aínda que de forma moi breve, tamén gobernou sobre a cidade de Atenas.
 
En [[1310]] o duque Gaulterio V, titular do Ducado, recorreu ás tropas [[almogávares]] da [[Gran Compañía Catalá]] para facer fronte ao rei de Tesalia, ao que vencenron a este último. Cómpre salientar que os almogávares se instalaran en [[Tesalia]] como [[República|República militar]] independente entre [[1309]] e [[1310]]. Ao non pagaren s atenienses aos almogávares as cantidades estipuladas, estes subleváronse e venceron a De Breinnne na [[batalla do río Cefiso]] o [[13 de marzo]] de [[1311]], tras a que expulsaron aos [[francos]] e tomaron o control do Ducado, proclamando novo señor de Atenas e Tebas ao rei [[Federico II de Sicilia]], ao que serviran anteriormente.
 
O Ducado quedou así ligado aos [[Reino de Sicilia|reis de Sicilia]], que adoitaban deixar o goberno en mans dos seus fillos menores ou dun vigariovigairo xeneral (rexente). Os almogávares substituíron o [[lingua francesa|francés]] polo [[lingua catalá|catalán]] como [[lingua oficial]], e as leis francesas e as derivadas das bizantinas do Principado de Acaia polas [[Cataluña|catalás]] e [[Aragón|aragonesas]]. Os herdeiros de Gualterio continuaron reclamando o Ducado, pero tan só foron recoñecidos en [[Argos, Grecia|Argos]] e [[Nauplia]].{{sfn|Salach & Termes|1992|p= 422}}
 
Entre [[1318]] e [[1319]] os almogávares conquistaron [[Siderocastron]] e o sur de Tesalia e crearon o [[Ducado de Neopatria]] unido ao de Atenas.