Incendio forestal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Os incendios en Galiza: Serra do Courel
recén > recentemente
Liña 29:
A nivel [[estatística|estatístico]], en Galiza só se consideran incendios forestais aqueles que queiman máis dunha [[hectárea]] de superficie, ou ben se queiman máis de media hectárea de masa arborada. Os incendios por debaixo desa superficie denomínanse [[conatos]].
 
Os incendios clasifícanse en '''activos''' e '''extinguidos'''. Os incendios están activos cando presentan labarada, e extinguidos cando unicamente fumegan e xa non existen materiais de ignición no seu perímetro nin é posible a súa reprodución. Aínda así, a temperatura das áreas recénrecentemente extinguidas é moi alta, e a súa queima é irregular, polo que nalgunhas ocasións os incendios que se consideraban extinguidos reacenden por causas naturais (ademais das causas intencionadas que poidan estar actuando).
 
Os incendios activos clasifícanse en '''acoutados''' e non '''acoutados''' (ou ''controlados'' e ''non controlados''). Os acoutados son aqueles lumes que, se ben están activos, non teñen xeito de progresar e, polo tanto, non necesitan máis medios humanos e técnicos para o seu control. É o que sucede, por exemplo, cando un lume avanza cara ao cumio dun monte ou cando as brigadas de extinción conseguiron crear unha fraxa de seguridade abondo cumprida.