Pireneos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
recén > recentemente
Liña 92:
Entre os [[mamífero]]s destaca a [[Rupicapra rupicapra|camurza]], que estivo ao bordo da extinción a comezos do [[século XIX]] até os 45.000 exemplares actuais, historia igualmente repetida no caso do [[cervo]] ou o [[corzo]], estendidos por todo o monte baixo, así como o omnipresente [[Xabaril|xabarín]]. Non ocorre o mesmo co ''bucardo'' ou [[cabra montesa dos Pireneos]] que se extinguiu no ano 2000. Abundan as [[marmota]]s, ás que se observa con frecuencia entre os pastos alpinos. Moito máis difícil de mirar é a [[auganeira]] ou desmán dos Pireneos (''Galemys pyrenaicus''), un pequeno e estraño insectívoro nocturno, endémico desta cordilleira e algunhas áreas do [[Sistema Central]]. En total existen 42 especies de mamíferos no Pireneo.
 
Entre as [[aves]], o rei indiscutíbel e o [[quebraosos]]. Extinguido en case toda [[Europa]], é no Pireneo onde a especie encontrou o seu último refuxio, actualmente en expansión e provendo exemplares para proxectos de cría e recuperación nos [[Alpes]]. Crese que existen unhas 90-95 parellas e 500-600 quebraosos. O gran depredador dos aires pirenaicos é a [[aguia real]], seguida dunha amálgama de especies nocturnas e diúrnas como son os [[abelleiro]]s, [[miñato real|miñatos reais]] ou negros, [[falcón]]s, [[lagarteiro]]s, [[bufo|bufos reais]] ou o rarísimo [[moucho boreal]] que pasou de considerarse extinto a ofrecer unha poboación en torno ás 80 parellas, así como aves necrófagas, como o [[voitre común|voitre leonado]], os [[voitre pequeno|voitres pequenos]] e ultimamente un recénrecentemente chegado en expansión, o [[voitre negro]].
 
No bosque a [[pita do monte]] atópase en perigo de extinción. Xunto a ela, unhas 120 especies de pequenas aves entre as que destacan o [[peto negro]] e o [[peto real]]. Na alta montaña vive unha das grandes xoias pirenaicas, a [[perdiz das neves]] ou lagópodo alpino.