Pantaleón de Nicomedia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
m Bot: Substitución da categoría "Santos (Catolicismo)" pola categoría "Santos do catolicismo"; cambios estética
Liña 3:
== Haxiografía ==
Segundo a tradición [[haxiografía|haxiográfica]], seu pai era o [[paganismo|pagán]] Eustorxio, un podente cidadán de [[Nicomedia]], e die Eubula, que o educou no cristianismo aínda que ao medrar arredouse da relixión, baixo a guía de Eufrosino estudou medicina e chegou a ser o médico persoal do emperador [[Maximiano|Galerio Maximiano]].
 
Volveu ao cristianismo por mediación do presbítero Hermolao e, á morte de seu pai, entrou en posesión dunha gran fortuna e a denteira fixo que o denunciasen durante a persecución de [[Diocleciano]] mais este non lle desexaba mal ningún e intentou convencelo para que abxurase. Así e todo, Pantaleón confesou abertamente a súa fe e como proba de ser Xesús o verdadeiro deus curou un paralítico, secasí o emperador sentenciouno a morte. Primeiro intentaron queimalo, mais o lume apagouse, deseguido mergullárono en chumbo derretido pero milagrosamente arrefriou. Despois guindárono ao mar cunha pedra atada no pescozo, pero a pedra comezou a aboiar. Máis adiante intentárono con feras pero no canto de esnaquizalo agarimábano, seguidamente amarrárono a unha roda pero as cordas e a roda quebraron. Fíxose unha tentativa de escabezalo, mais a espada alombábase. Reiteradamente Pantaleón oraba a Deus para que perdoase os seus verdugos. Finalmente feneceu, logo de dar o seu consentimento, ao escabezalo baixo unha figueira seca que floreceu ao recibir o seu sangue.
Liña 10:
 
== Reliquias ==
Seguindo a tradición numerosas igrexas afirman contar con reliquias do santo, as máis coñecidas son a [[basílica de Saint-Denis]] en [[París]] e a [[catedral do Porto]]. O seu brazo consérvase na [[igrexa de San Pantalon]] en [[Venecia]]; e a súa cabeza en [[Lión]]. O seu sangue conservábase orixinalmente nun único e gran recipiente custodiada na igrexa dedicada ao Santo en [[Ravello]] e máis tarde transladouse ao [[Duomo di Ravello|Duomo]] desa localidade. Os bispos de Ravello comezaron a doar pequenas cantidades a outras localidades, e así existen ampolas custodiadas en [[Constantinopla]], [[Montauro]], [[Martignano]], [[Limbadi]], [[Caiazzo]], na igrexa do Purgatorio de [[Lanciano]], na igrexa do Santísimo Salvador en [[Irsina]] e no [[mosteiro da Encarnación]] de [[Madrid]].
 
Aparece representado cunha pequena cruz e un escalpelo, ou ben, ao pé dunha oliveira ou figueira seca.
 
É avogoso dos que teñen [[Cefalalxia|dores de cabeza]], dos [[Tuberculose|tuberculosos]] e contra da praga de lagosta<ref>William A. Christian (1989) ''Local Religion in Sixteenth-century Spain'' Princeton University Press, p. 71</ref>
[[Ficheiro:14Nothelfer.JPG|miniatura|Os catorce santos auxiliadores]]
En [[Galicia]] é titular de dúas parroquias, [[San Pantaleón das Viñas, Paderne|San Pantaleón das Viñas]] e mais [[San Pantaleón de Cabanas, Ourol|San Pantaleón de Cabanas]].
 
Liña 22:
{{control de autoridades}}
 
[[Categoría:Santos (Catolicismo)do catolicismo]]
[[Categoría:Venerados polas Igrexas Ortodoxas]]
[[Categoría:Mártires]]