Elvis Presley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎En castelán: engaco ano
Etiqueta: edición de código 2017
→‎Final: engado sección de "influencias" de es:elvis presley
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 78:
 
Entre os anos 1973 e [[1976]] Elvis logrou colocar catro álbums no número un da ''Country Chart''.
 
== Faceta artística ==
 
=== Influencias ===
 
As primeiras influencias musicais de Presley procedían da música gospel. Súa nai lembrou que á idade de dous anos, na igrexa da Asemblea de Deus en Tupelo, onde asistía regularmente a familia, «Deslizouse do meu regazo, entrou no corredor e subiu á plataforma. Alí estaba mirando ao coro e intentando cantar con eles».{{sfn|Guralnick|1994|p=14}} En Memphis, Presley asistía con frecuencia ás noites de gospel no Auditorio Ellis, onde grupos como [[The Statesmen Quartet]] interpretaban a súa música nun estilo tal que, Guralnick suxire, sembrou as sementes das futuras presentacións de Presley:
 
{{cita|The Statesmen eran unha combinación eléctrica... incluían algúns dos cantos máis emocionantes e unha teatralidade ousada nunca antes vista no mundo do entretemento... vestidos con traxes que poderían ter saído da ventá de Lansky... O cantante Jim Wetherington, coñecido universalmente como «o Gran Xefe», mantiña seu traseiro firme, movendo incesantemente primeiro súa perna esquerda e, de seguido, súa dereita, mentres a tea da perna dos pantalóns danzaba e brilaba. «Chegou tan lonxe como se pode chegar na música gospel,» dixo Jake Hess. «As mulleres podían saltar, ao igual que o fan nun concerto de pop». Os predicadores opúñanse con frecuencia aos movementos lascivos... pero o público reaccionou con gritos e esvaecementos.{{sfn|Guralnick|1994|pp=47-48}}}}
 
Como adolescente, Presley tivo intereses musicais amplos, interesouse profundamente nas expresións musicais dos [[afroamericano]]s así como dos de raza branca. Aínda que nunca tivo ningún entrenamento formal, os seus coñecementos musicais xa eran considerables cando fixo as súas primeiras gravacións profesionais en 1954, á idade de 19 anos. Cando [[Jerry Leiber]] e [[Mike Stoller]] o coñeceron dous anos máis tarde, asombráronse polo seu coñecemento enciclopédico do ''blues''.{{sfn|Bertrand|2000|p=211}} Nunha conferencia de prensa ao ano seguinte, declarou con orgullo: «coñezo practicamente cada canción relixiosa que se escribiu».{{sfn|Guralnick|1994|p=430}}
 
== Vida persoal ==