Disco celeste de Nebra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 19:
 
== Historia do descubrimento ==
No verán de 1999, Harry W. e Mario R. dedicábanse a buscar [[munición]]s e armas militares no bosque de Ziegelroda (a parte forestal do monte Mittelberg, de 252 metros de altura), coa axuda de detectores de metais. Foi así como bateron, sen sospeitar a súa importancia, cos restos dalgunhadunha civilización prehistórica que máis tarde dataríansese dataría en 1.600 anos a.C. Os achados foron os seguintes: un disco cravado verticalmente no chan, canda dúas espadas, dúas machetas, uns brazaletes e un escoupro; todo iso rodeado por grandes pedras que protexían o depósito. Tralo achado non deron importancia ningunha ao disco, mais o resto vendérono no mercado negro por 31.000 marcos (16.000 [[euro]]s do ano [[2000]]).
 
Houbo un comprador, que ofreceu aos museos de prehistoria de [[Berlín]] e [[Múnic]] os obxectos atopados. Foi entón cando o director do museo de Berlín, Wilfried Menghin recibiu unhas fotos nas que se vía o disco celeste bastante sucio e algunhas pezas máis. Por todo iso, o mercador anónimo pedía un millón de [[marco alemán|marcos alemáns]]. Menghin contestou que o propietario lexítimo do tesouro prehistórico era o patrimonio nacional e que, xa que logo, debían dirixirse ao Museo de Prehistoria de Múnic. Logo desta conversa, o achado desapareceu por un tempo.