Xeografía de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 8:
== A costa ==
[[Ficheiro:Portos de Galicia.jpg|esquerda|miniatura|150px|[[Porto (comunicacións)|Portos]]]]
A costa galega conta con 1.195 quilómetros<ref>[http://conselleriamar.xunta.es/web/pesca/litoral Litoral] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20101121113646/http://conselleriamar.xunta.es/web/pesca/litoral |date=21 de novembro de 2010 }}, na web da Consellería de Pesca.</ref> e ten multitude de entrantes e saíntes e illas pequenas, e en xeral é escarpada ou con descensos pouco suaves e dunha elevada diversidade paisaxística e litolóxica. Altérnanse, pois, lugares con características diferentes, como [[Corrubedo]] nas Rías Baixas ou a [[Rasa Cantábrica]] na [[Mariña de Lugo]], a primeira un lugar de características dunares nunha costa de perfil baixo, e a segunda unha zona de deposición xeolóxica elevada sobre o seu nivel orixinal. Os dous puntos citados son exemplos de lugares que reciben moitas visitas debido ás súas características físicas e fermosura: alí se atopan respectivamente o [[Dunas de Corrubedo|Parque Dunar de Corrubedo]] e a [[praia de Augas Santas]] (tamén coñecida como [[praia das Catedrais]]).
 
A maioría da poboación vive á beira das rías atlánticas, nos maiores núcleos urbanos e as súas áreas de influencia. As rías teñen importancia pesqueira, contribuíndo a que a costa galega sexa unha das zonas pesqueiras máis importantes do mundo. Asemade atraen multitude de turistas polas magníficas vistas e praias.