Coagulación do sangue: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 22:
A principal misión da vía do factor tisular é xerar a "explosión de trombina", un proceso no que a [[trombina]], o constituínte máis importante da fervenza de coagulación en canto ao seu papel de activación por [[retroalimentación]], libérase instantaneamente. O FVIIa circula en cantidades maiores ca calquera outro factor de coagulación activado.
 
* Despois de producirse unha lesión nun vaso sanguíneo, o [[factor VII|FVII]] abandona a circulación e toma contacto co [[factor tisular]] (TF) expresado nas células que levan dito factor tisular ([[fibroblasto]]s do estroma e [[leucocito]]s), formando un complexo activado (TF-FVIIa).
* O TF-FVIIa activa a [[factor IX|FIX]] e FX.
* O FVII é activado pola trombina, FXIa, [[factor XII|FXII]] e FXa.
* A activación de [[factor X|FX]] (para formar FXa) feita polo TF-FVIIa é inhibida case inmediatamente polo [[inhibidor da vía do factor tisular]] (TFPI).
* O FXa e o seu cofactor FVa forman o complexo [[protrombinase]], o cal activa a [[protrombina]] formando trombina.
* A trombina despois activa outros compoñentes da fervenza de coagulación, incluíndo [[factor V|FV]] e [factor VIII|FVIII]] (que activan FXI, o cal, á súa vez, activa FIX), e activa e libera ao FVIII da súa unión co [[factor de von Willebrand]] (vWF).
* O FVIIIa é o cofactor de FIXa, e xuntos forman o complexo "[[tenase]]", que activa a FX; e así o ciclo continúa. "Tenase" é unha contracción da palabra inglesa "ten", dez (xa que activa o factor X), e o sufixo típico dos encimas "-ase", e tamén se chama "Xase".<ref name="isbn1-904842-39-9" />
 
==== Vía de activación por contacto (intrínseca) ====