Coagulación do sangue: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 16:
A fervenza de coagulación da hemostase secundaria consta de dúas vías que levan á formación de ''[[fibrina]]''. Estas son a ''vía de activación por contacto'' (tamén chamada vía intrínseca), e a ''vía do factor tisular'' (tamén chamada vía extrínseca). Pensábase inicialmente que a fervenza de coagulación consistía en dúas vías de igual importancia que confluían nunha vía común. Agora sábese que a vía principal para iniciación da coagulación do sangue é a vía do ''factor tisular''. Estas vías consisten nunha serie de reaccións nas cales un [[cimóxeno]] (precursor encimático inactivo) dunha [[serina protease]] e a súa [[glicoproteína]] cofactora son activados comverténdose en compoñentes activos, que á súa vez catalizan a seguinte reacción da fervenza, orixinándose finalmente a rede de fibrina entrelazada. Os factores de coagulación denomínanse xeralmente utilizando [[número romano|números romanos]], cun ''a'' minúsculo para indicar a forma activa.<ref name="isbn1-904842-39-9">{{Cita libro |author=Pallister CJ and Watson MS |title=Haematology |publisher=Scion Publishing |location= |year=2010 |pages=336–347 |isbn=1-904842-39-9}}</ref>
 
Os factores de coagulación son normalmente [[encima]]s serina proteases, pero hai algunhas excepcións. Por exemplo, [[factor VIII|FVIII]] e [[factor V|FV]] son [[glicoproteína]+]s, e o [[factor XIII]] é unha [[transglutaminase]].<ref name="isbn1-904842-39-9" /> As serina proteases actúan cortando outras proteínas en residuos de [[serina]] específicos. Os factores de coagulación circulan como [[cimóxeno]]s inactivos.
A fervenza de coagulación está dividida clasicamente en tres vías. As vías do ''factor tisular'' e da ''activación por contacto'' activan ambas as dúas a "vía común final" do factor X, trombina e fibrina.<ref name="isbn0-632-05153-1">{{Cita libro |author=Hoffbrand, A. V. |title=Essential haematology |publisher=Blackwell Science |location=Oxford |year=2002 |pages=241–243 |isbn=0-632-05153-1}}</ref>