Hospital Real de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Recuperando 3 fontes e etiquetando 4 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 74:
A construción comezou en [[1501]] cando empezou a traballarse nos alicerces e, dez anos máis tarde o Hospital estaba concluído no esencial, salvo a fachada, que é lixeiramente posterior e que se reformou no [[século XVII]]. Céntraa unha portada renacentista, contratada polos mestres franceses [[Martín de Blas]] e [[Guillén Colás]] en decembro de [[1519]]. Anos despois, como protección da fachada, o concello cedeu un terreo que se delimitou por grosas cadeas engarzadas en piares renacentistas.
 
O Hospital Real de Santiago é un edificio excepcional; moi diferente aos grandes hospitais de planta rectangular, usuais na Idade Media (a pesar de que a Egas se lle recomendara que tivera en conta o Hospital Real de Burgos, pero aínda está lonxe dos proxectos de influencia italiana en forma de cruz grega.<ref>[http://cvc.cervantes.es/actcult/camino_santiago/decimotercera_etapa/santiago/hospital.htm cvc.cervantes Instituto Cervantes] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120129132138/http://cvc.cervantes.es/actcult/camino_santiago/decimotercera_etapa/santiago/hospital.htm |date=29 de xaneiro de 2012 }} {{es}} Consultada o 3/2/2012.</ref>
 
Egas pensou nun edificio con planta en forma de T, non en forma de cruz grega, renunciando parcialmente ao modelo do Hospital Maior de Milán e que, ao ser máis reducido, seméllase máis a outras solucións, tamén italianas, como o Hospital do Santo Espírito de Sassia, en [[Roma]], construído entre 1474 e 1478. Dous claustros situábanse a ambos os lados do T, un destinado aos homes e o outro ás mulleres. Na zona traseira dispoñíase unha horta, destinada ao cultivo de plantas medicinais,<ref>[http://www.150facultadefarmacia.com/simal/AFG/discursos/lafarmaciamonmasticayhospitalaria-sanmartin.pdf La Farmacia monástica y hospitalaria en la Galicia del Antiguo Régimen]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} {{es}} Consultada o 3/2/2010.</ref> mentres que na intersección dos brazos do T situábase a capela, con [[bóveda]] de crucería e cunha elegante decoración.
 
O Hospital Real construíuse co fin de dar servizo aos peregrinos, aínda que a maioría dos usuarios, debido á declinación das peregrinacións a partir do [[século XV]], procedían de Santiago e a súa contorna. A partir das ''constitucións de Carlos V'', no ano [[1524]], o hospital pasou a denominarse '''Grande Hospital Real de Santiago'''.<ref>[http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/resultados_navegacion.cmd?busq_autoridadesbib=BDGA20090013056 Galiciana Dixital] Consultada o 3/2/2010.</ref>
Liña 93:
En [[1972]] a [[USC|Facultade de Medicina]] constrúe un segundo edificio unido ao anterior para atender aos pacientes da [[Seguridade Social]], en virtude dun acordo establecido entre ambas as institucións, pasando o primeiro edificio a ser utilizado exclusivamente como Hospital Provincial
 
No ano [[1999]] a [[Xunta de Galicia]] inaugura o novo edifico (o actual), na Choupana, ao que se trasladan as instalacións do antigo [[Hospital|Hospital Xeral]], e que é a sede central do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).<ref>[http://www.camino-de-santiago.net/default.asp?s=43&o=2517&c=0 Nuevo Hospital General de Santiago de Compostela]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} {{es}} Consultada o 3/2/2010.</ref><ref>[http://www.sergas.es/BUCEN/ListadoHospitais.aspx?IdPaxina=10019&tit=0&dtit=Ambas&nom=COMPLEXO+HOSPITALARIO+UNIVERSITARIO+DE+SANTIAGO&pro=15&dpro=A+CORU%d1A&bus=Centro+General Complexo Hospitalario de Santiago]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} {{gl}},{{es}} Consultada o 4/2/2010.</ref>
 
=== O edificio ===
Liña 104:
[[Ficheiro:Santiago Gárgola GDFL050914 037.JPG|miniatura|200px|Gárgola.]]
 
A decoración da portada responde ás características do [[Plateresco]], que se pon de manifesto na utilización de repertorios decorativos italianos nun edificio onde persiste un espírito [[arquitectura gótica en Galicia|gótico]], entendido como unha negación da idea de orde e proporcións propios da normativa clásica: tratábase de dar solucións que tiñan como obxectivo dotar a estas obras dun aspecto moderno respecto ao contexto para o que foron deseñadas.<ref>[http://www.arteistoria.jcyl.es/artesp/monumentos/592.htm Artehistoria]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} {{es}} Consultada o 3/2/2010.</ref>
 
Respecto á parte artística, o proxecto de Egas inscríbese no [[estilo isabelino]], que incorpora elementos tradicionais do [[gótico flamíxero]], con novidades estéticas renacentistas e elementos decorativos clásicos. A parte máis avanzada desde este punto de vista constitúea a fachada principal, concibida como unha especie de gran retablo, cuxo eixe central está formado pola porta de arco de medio punto abucinada (o cal a relacionaba esteticamente cos edificios románicos que a rodeaban). Ao longo da mesma encontramos fornelos, frisos de reis, figuras diversas, entre as que destacan as de [[Adán e Eva]].
Liña 151:
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.proxectoarga.com/Architecture/Building/12 Hostal dos Reis Católicos] en Proxecto ARGA: Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia.
* [https://web.archive.org/web/20120630141333/http://www.parador.es/gl/parador-de-santiago-de-compostela Parador de Santiago de Compostela], páxina oficial {{Vl}}.
* [http://www.elmundo.es/elmundo/2010/07/24/galicia/1279990426.html Un hotel con 500 años de historia] ''El Mundo'' {{es}} Consultada o 4/2/2012.
* [https://web.archive.org/web/20160304052934/http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/04/10/2579605.shtml?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz Un libro del Sergas recoge la historia sanitaria de Santiago] ''La Voz de Galicia'' {{es}} Consultada o 4/2/2012.
{{Control de autoridades}}