Camiño Francés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Substitución automática de "Image-Alto_del_perdon.jpg" por "Alto_del_perdon_2.jpg" segundo o ordenou CommonsDelinker. Motivo: [[:c:COM:FR|Fi
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 222:
Quizais o elemento máis curioso sexa un enreixado gótico no que se conservan un galo e unha [[galiña]] brancos, vivos <ref>A presenza destes animais vivos na catedral xa ten referencias desde 1417. Nompart, peregrino nese tempo, escribe que "''e aínda hai na igrexa un galo e unha galiña da caste dos que cantaron no asador diante do xuíz, e eu vinos e son completamente brancos''" (López Pereira, px. 32)</ref>, en memoria do ''milagre da galiña que cantou despois de asada''.
 
Segundo conta a lenda <ref>Outra lenda moi similar conta un milagre parecido en [[Lenda do Galo de Barcelos|Barcelos]] (Portugal).</ref>, no século X, uns peregrinos alemáns e mailo seu fillo Hugonell peregrinaban cara a Santiago e hospedáronse na cidade. A moza do mesón quixo facerlle as beiras ó rapaz pero foi rexeitada por este polo que, en vinganza, agochou no seu zurrón unha copa de prata e acusoulle de roubala. Axiña chegou a Xustiza e atopou a copa, polo que o mozo foi considerado culpable, condenado e aforcado, sen que os pais puideran facer outra cousa que rezar a Santiago. Cando se van despedir do corpo do fillo para seguir a peregrinación, escoitan como este lles di que está vivo grazas ó Santo. Acoden ó Correxidor para pedir que o baixen da forca pero este, que estaba ceando unhas galiñas asadas, burlouse deles dicindo que "''O voso fillo está tan vivo como este galo e esta galiña que me dispoñía a comer antes de que me importunárades''". Nese mesmo instante, as aves saltaron do prato e puxéronse a andar, cantar e cacarexar alegremente <ref>En lembranza deste feito, un doce típico de Santo Domingo, con forma de [[vieira]], recibe o nome de ''ahorcaditos'' [http://turismoenpueblos.es/la-rioja/a-comer-a-santo-domingo-de-la-calzada/400/] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20140112211735/http://turismoenpueblos.es/la-rioja/a-comer-a-santo-domingo-de-la-calzada/400/ |date=12 de xaneiro de 2014 }}.</ref>.
 
Evidentemente, o xuíz mandou liberar axiña o rapaz e castigar a moza que o acusara falsamente. A lenda quedou recollida no Libro II do ''Códice Calixtino'', dedicado a recoller os 22 milagres atribuídos a Santiago relacionados co Camiño. O capítulo V describe o milagre ''Do peregrino colgado a quen Santiago salvou da morte, aínda que estivo pendente no patíbulo trinta e seis días''.