National Audubon Society: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 18:
As organizacións para a protección das aves non eran unha idea completamente nova. Antes de que se organizase a Audubon Society de Grinnell, xa existía a [[American Ornithologists' Union]] (AOU), fundada en 1883, que se preocupaba dos perigos aos que tiñan que enfrontarse moitas aves en Estados Unidos. Porén, houbo ornitólogos influentes que defendían a recolección de aves. En 1902 [[Charles B. Cory]], o presidente electo da AOU rexeitou asistir a unha reunión da [[Audubon Naturalist Society|Sociedade Audubon do Distrito de Columbia]] declarando que "Eu non protexo as aves. Mátoas."<ref>Moss, Stephen (2004) A Bird in the Bush: A social history of Birdwatching. Aurum Press. p. 78</ref>
 
En 1895 as sociedades Audubon estaban xa organizadas en [[Massachusetts]] e [[Pennsilvania]], e poucos anos despois os amantes das aves de moitos outros estados seguiron o seu exemplo. A St. Louis Audubon Society (SLAS) creouse en 1916 co nome St Louis Bird Club. En 1944, o Club de aves converteuse no primeiro capítulo local da Audubon nos Estados Unidos, [https://web.archive.org/web/20091013115155/http://www.stlouisaudubon.org/who/WhoWeAre.php St. Louis Audubon]. O comité nacional das sociedades Audubon organizouse nunha xuntanza realizada en Washington en 1902. No ano 1905 organizouse a ''National Association of Audubon Societies for the Protection of Wild Birds and Animals'' (Asociación Nacional das Sociedades Audubon para a Protección de Aves e Animais Silvestres), da cal era presidente William Dutcher, e era secretario e axente financeiro T. Gilbert Pearson. Durante ese tempo, Albert Willcox proporcionaba o apoio financeiro, máis de 331.072 dólares en 1905 e 1906. A finais de 1906, a Association tiña un fondo de doazóns que producía intereses de máis de 336.000 dólares e uns ingresos doutras fontes de aproximadamente 9.000 dólares.<ref name="americana"/>
 
=== Protección das aves ===
Liña 38:
=== Guías de campo ===
 
En 1934, cando o número de membros da sociedade baixara a 3.500, e coa nación sufrindo a [[Gran Depresión]], John H. Baker converteuse no presidente da National Audubon Society. Baker, que fora aviador na [[Primeira Guerra Mundial]] e un afervoado amante das aves, era tamén un home de negocios que empezou a darlle novo vigor á sociedade e reforzou os seus orzamentos por medio da publicación de libros. A innovación de Baker era empezar a publicar descricións en formato libro e [[guía de campo|guías de campo]] ilustradas sobre aves e mamíferos. Rapidamente, en asociación co editor de Nova York [[Alfred A. Knopf]], as ''Guías de campo Audubon'' convertéronse en imprescindibles en calquera biblioteca ambientalista e artistica. Hoxe, moitas guías de campo de Audubon foron adaptadas como aplicacións apps para teléfonos móbiles.<ref>[http://www.audubonguides.com/field-guides/mobile-apps.html Audubon mobile apps]</ref> Esta serie de guías de campo abranguen unha ampla gama de tópicos relacionados coa natureza, incluíndo [[rocha]]s e [[mineral|minerais]], [[planta]]s silvestres, o firmamento nocturno e moitos animais.<ref name="marketplace.audubon.org">{{Cita web |url=http://marketplace.audubon.org/products/national-audubon-society-field-guides |título={title} |data-acceso=09 de maio de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20101019041328/http://marketplace.audubon.org/products/national-audubon-society-field-guides |dataarquivo=19 de outubro de 2010 |urlmorta=si }}</ref> Esta serie vendeu uns 18 millóns de exemplares <ref name="marketplace.audubon.org"/> e utiliza hoxe [[fotografía]]s en troques das pinturas encargadas ou outros debuxos que utilizan outras guías.
 
=== O DDT, a caza de baleas e política ===
Liña 138:
=== Perforacións de gas natural ===
 
A sociedade Audubon oponse ás perforacións para a extracción de gas natural en reservas nacionais. Non obstante, perforáronse pozos para a produción de gas natural no [[Paul J. Rainey Wildlife Sanctuary]]. A sociedade dixo que estaba legalmente obrigada a permitir a explotación de gas e petróleo no santuario segundo os termos da doazón desas terras feita polos propietarios orixinais. Porén, esta explicación foi discutida. A presenza de perforacións de petróleo e gas nos santuarios de Audubon foi utilizada para ilustrar a diferenza entre as tomas de decisións privadas ou públicas.<ref>[{{Cita web |url=http://www.perc.org/articles/article167.php |título=Article- PC Oil Drilling in a Wildlife Refuge] |data-acceso=09 de maio de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120717045045/http://www.perc.org/articles/article167.php |dataarquivo=17 de xullo de 2012 |urlmorta=si }}</ref>
 
=== Premio Dan W. Lufkin de liderado medioambiental ===