Xamaica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 70:
No [[século XX]], Xamaica foi gañando independencia do Reino Unido, en [[1958]] converteuse nunha provincia da Federación das Indias Occidentais, conseguindo a súa total independencia o 6 de agosto de [[1962]].
 
Un crecemento económico importante, de aproximadamente un 6% ao ano marcou os seus primeiros 10 anos de independencia baixo gobernos conservadores liderados polos primeiros ministros [[Alexander Bustamante]], [[Donald Sangster]] e [[Hugh Shearer]]. Este crecemento económico viño promovido polos investimentos en [[bauxita]], turismo, manufacturas e, en menor medida, agricultura. En [[1972]], un cambio de goberno fixo decaer de novo a economía chegando ao extremo de [[1982]] onde o [[PIB]] chegou por baixo dos niveis de 1972. A débeda externa creceu baixo as sucesivas lexislaturas de [[Michael Manley]], acompañada de deficitsdéficits fiscais, o que propiciou a imposición de medidas de austeridade do [[Fondo Monetario Internacional]].
 
A economía en decadencia, o socialismo internacional de Manley, a súa amizade con [[Fidel Castro]] e o temor ao incipiente [[comunismo]] levaron a unhas eleccións apertadas entre o People's National Party e o Xamaica Labour Party, resultando vencedor este último. A crise económica continuou ata mediados dos 80, axudada polo peche das dúas principais compañías de aluminio do país e o decaimiento do turismo. A finais dos 80 a industria comezou a recuperarse, xunto ao turismo, o que propiciou unha mellora económica tras unha década de crise. O goberno electo desde [[1989]] impulsou reformas económicas que melloraron a situación fiscal.