Xinkgo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 30:
[[Ficheiro:Ginkgo biloba SZ136.png|esquerda|miniatura|Follas de xinkgo.]]
=== Reprodución ===
Os xinkgos son árbores dioicas, de sexos separados: hai exemplares masculinos e femininos. As plantas masculinas producen pequenas piñas con [[esporófilo]]s, cada un deles con dous [[esporanxio|microsporanxios]] aliñados en espiral ó redor dun eixo central. As plantas femininas non producen conos: fórmanse dous óvulos no extremo de cada talo. Un dos óvulos ou os dous desenvólvense en sementes despois da polinización. A semente mide de centímetro e medio a dous cm de longo, e ten a parte exterior carnosa, semellante a unha froita e de cor castaña amarelada clara. Malia o seu aspecto atractivo contén ácido butanoico e ten un cheiro desagradable. Coma no caso doutras plantas coma os [[musgo]]s, as [[alga]]s e os [[fieito]]s a fertilización faise por medio de espermas móbiles, de entre 250 e 300 micrometros de lonxitude.<ref>[{{Cita web |url=http://www.biologie.uni-hamburg.de/b-online/fo47/ginkgo/ogura.htm |título=History of Discovery of Spermatozoids In Ginkgo biloba and Cycas revoluta.] |data-acceso=21 de decembro de 2007 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20150926052738/http://www1.biologie.uni-hamburg.de/b-online/fo47/ginkgo/ogura.htm |dataarquivo=26 de setembro de 2015 |urlmorta=si }}</ref> Estas cápsulas espermáticas teñen unha estrutura de capas múltiples.
[[Ficheiro:Ginkgo biloba Inflorescences.jpg|miniatura|Conos masculinos.]]
 
Liña 36:
O antigo nome chinés da planta ''yínguo'' ('froito de prata') 银果. Os nomes máis usuais na actualidade son ''bái guǒ'' (白果) (froito branco) e ''yínxìng'' (銀杏) ([[albaricoque]] de prata).
[[Ficheiro:Gingko biloba3.jpg|miniatura|Xinkgo, sementes maduras e follas no outono.]]
O nome científico parece ter a súa orixe nunha lectura incorrecta dos caracteres xaponeses 銀杏, que teñen dúas lecturas posibles ''ichō'' e ''ginkyō''. [[Engelbert Kaempfer]], o primeiro occidental que viu a especie en [[1690]], tería anotado esta segunda pronunciación (inexacta) no seu ''Amoenitates Exoticae'' ([[1712]]); o ''y'' foi mal interpretado coma ''g'', e esta lectura foi a que finalmente quedou establecida.<ref>[http://www.flc.kyushu-u.ac.jp/~michel/serv/ek/amoenitates/ginkgo/ginkgo.html Faculty of languages and cultures, Kyushu University Japan.]{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}</ref>
 
== Galería de imaxes ==