Viquingo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Corrixo o nome das torres: son do lugar de Oeste
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 13:
A palabra ''víking'' deriva do feminino ''vík'', que significa "cala, enseada, pequena baía".<ref>[http://books.google.com/books?id=wyG3HnK0qREC&dq The Syntax of Old Norse By Jan Terje Faarlund; p 25] ISBN 0-19-927110-0; ''The Principles of English Etymology'' By [[Walter W. Skeat]], publicado en 1892, definición de '''Viking''': ''better Wiking, Icel. Viking-r, O. Icel. *Viking-r, a creek-dweller; from Icel. vik, O. Icel. *wik, a creek, bay, with suffix -uig-r, belonging to ''[http://books.google.com/books?id=ls4CAAAAIAAJ&dq Principles of English Etymology By Walter W. Skeat; Clarendon press; Páx 479]</ref> A forma tamén se encontra como nome persoal nalgunhas pedras rúnicas suecas. Hai unha pequena indicación de algunha connotación negativa do termo antes do final da era viquinga. A pesar destas posibles orixes, no seu tempo a palabra foi empregada para indicar unha actividade e ás persoas que participaban nela, e que non pertencían a ningún grupo étnico ou cultural.<ref>Desmond Collins, Background to Archaeology: Britain in Its European Setting, p.97, Cambridge University Press, 1973</ref> Nas [[linguas nórdicas|linguas escandinavas]] modernas, a palabra ''Viking'' adoita referirse especificamente ás persoas que participaron en expedicións viquingas.<ref>{{Cita web |url=http://visindavefur.is/svar.asp?id=6617 |título=Er rökrétt að fullyrða að landnámsmenn á Íslandi hafi verið víkingar? |editor=[[Universidade de Islandia]] |dataacceso=21 de setembro de 2014 |lingua=islandés |autor=Gunnar Karlsson}}; {{Cita web |url=http://www.visindavefur.is/svar.asp?id=6443 |título=Hver voru helstu vopn víkinga og hvernig voru þau gerð? Voru þeir mjög bardagaglaðir?" |editor=[[Universidade de Islandia]] |dataacceso=21 de setembro de 2014 |lingua=islandés |autor=Gunnar Karlsson}}; {{Cita web |url=http://www.visindavefur.is/svar.asp?id=1789 |título=Hvaðan komu víkingarnir og hvaða áhrif höfðu þeir í öðrum löndum? |editor=[[Universidade de Islandia]] |dataacceso=21 de setembro de 2014 |lingua=islandés |autor=Sverrir Jakobsson}}</ref><ref>{{Cita web |title=What Is A Viking |url=http://www.vikingdenmark.com/what-is-a-viking.html |work=vikingdenmark.com |publisher=EssentialContent.com |accessdate=25 April 2014}}</ref>
 
No [[inglés antigo]], a palabra ''wicing'' aparece por primeira vez no poema [[anglosaxóns|anglosaxón]], ''[[Widsith]]'', que probablemente data do [[século IX]]. En inglés antigo, e na historia dos arcebispos de Hamburgo-Bremen escrita por [[Adam de Bremen]] en torno a [[1070]], o termo xeralmente refírese a piratas ou asaltantes escandinavos. Ao igual que nos usos do nórdico antigo, o termo non se emprega para ningún pobo ou cultura en xeral. A palabra non aparece en ningún texto conservado en [[inglés medio]]. A palabra ''Viking'' foi introducida no inglés moderno durante o rexurdimento viquingo do [[século XVIII]], momento no que adquiriu matices heroicos de "guerreiro [[bárbaro]]" ou nobre feroz. Durante o [[século XX]], o significado do termo ampliouse para referirse non só aos invasores mariños procedentes de Escandinavia e outros lugares ocupados por eles (como [[Islandia]] e as [[Illas Feroe]]), senón en segundo lugar a calquera membro da cultura que produciu ditos asaltantes durante o período entre finais do [[século VIII]] ata mediados do [[século XI]], ou máis vagamente dende arredor do ano [[700]] ata en torno ao ano [[1100]]. Como adxectivo, a palabra é empregada para referirse a ideas, fenómenos ou artefactos conectados con este pobo e a súa vida cultural, producindo expresións como ''era viquinga'', ''cultura viquinga'', ''arte viquingo'', ''barco viquingo, ''e así sucesivamente.<ref name="arch in europe">{{Cita web |apelidos=Beard |nome=David |título=The Term "Viking" |url=http://www.archeurope.com/index.php?page=the-term-viking |work=Archaeology in Europe |dataacceso=21 de setembro de 2014 |lingua=inglés |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120407050944/http://www.archeurope.com/index.php?page=the-term-viking |dataarquivo=07 de abril de 2012 |urlmorta=si }}</ref>
 
== Historia ==
Liña 150:
 
=== Ligazóns externas ===
* [https://web.archive.org/web/20110722065628/http://www.history.com/topics/vikings Vídeos sobre viquingos] en The History Channel ''(en [[lingua inglesa|inglés]])''
* [http://www.bbc.co.uk/history/ancient/vikings/ BBC: Historia dos Viquingos] ''(en [[lingua inglesa|inglés]])''
* [http://www.copenhagenet.dk/CPH-Vikings.htm Viquingos daneses] ''(en [[lingua inglesa|inglés]])''