Viktor Yanukovych: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 1 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 21:
O pasado delituoso de Yanukovych foi un dos argumentos dos seus opoñentes durante a [[Revolución laranxa]].<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2004/12/20/internacional/1103566026.html Yúshchenko acusa a Yanukóvich en televisión de robarle la victoria]</ref> Os partidarios de Yanukovych alegaron que en [[1978]] o Tribunal Rexional de Donetsk lle quitara as sancións, e que por iso en [[1980]] puido ingresar no [[Partido Comunista da Unión Soviética]], despois de graduarse na Universidade Técnica Nacional de Donetsk (por correspondencia) como enxeñeiro mecánico. Os opositores afirmaron que esta absolución do Tribunal Rexional era unha falsificación.
 
O [[8 de febreiro]] de [[2005]], a fiscalía de Donetsk reiniciou as investigacións sobre esta acusación. E en xuño determinou que durante o período de 2002 a 2004 os partidarios de Yanukovych falsificaran estes documentos, e que os documentos orixinais de 1978 desapareceran.<ref>[{{Cita web |url=http://glavred.info/archive/2006/07/21/153018-16.html |título=Glavred.info 21.07.2006] |data-acceso=05 de marzo de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20081120161258/http://glavred.info/archive/2006/07/21/153018-16.html |dataarquivo=20 de novembro de 2008 |urlmorta=si }}</ref> O 25 de xaneiro de 2006 o ministro do Interior, Iuri Lutsenko, declarou que a investigación dos documentos sobre a suposta anulación dos antecedentes penais demostrara que estes documentos foran falsificados.<ref>[http://korrespondent.net/ukraine/politics/143172 Glavred.info]</ref>
 
Durante a súa estadía no poder, Yanukovych obtivo os títulos de doutor en Ciencias Económicas e Profesor. Os seus opositores afirmaron que obtivo os títulos inmerecidamente e usando os mecanismos do poder.<ref>[http://www.pravda.com.ua/news/2004/9/21/12046.htm La planilla llenada por Yanukóvich a mano, con numerosos errores ortográficos]</ref>
 
En clara alusión a Yanukovych, o [[24 de setembro]] de [[2007]], [[Iulia Timoshenko]], líder do bloque que leva o seu nome (BYUT), propuxo prohibir por lei que as persoas con antecedentes penais puidesen ocupar altos postos do Estado, en particular, os de presidente, primeiro ministro, deputado, membro do goberno, xuíz e fiscal:
{{cita|''"En todos os países civilizados, os delincuentes postos en liberdade tras cumprir a condena encóntranse baixo un rigoroso control da sociedade e os respectivos organismos controladores. No mellor dos casos, danlles un traballo que non ten grande importancia social. Só aquí, en Ucraína, tales individuos non encontran ningún obstáculo para pretender a presidencia do país, ser primeiro ministro, ou diputado. Cómpre poñer fin a esta práctica. Se tales persoas non se van elas mesmas, quitarémolas do poder pola lei."''<ref>[http://ukranews.com.ar/index.php?option=com_content&task=view&id=20 Ukranews, 24.09.2007: Timoshenko propone prohibir a las personas con antecedentes penales ocupar altos puestos de Estado]{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}</ref>}}
 
== Revolución do Euromaidán ==