Invasión musulmá da Península Ibérica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
inicio revisión lingüística
Liña 157:
No acordo antes citado, sete cidades, das cales hoxe só son recoñecibles polo seu nome Orihuela, Alacant, Elx, Mula, Hellín e Lorca, mantiñan os seus propios señores e goberno, non serían molestados no exercicio de súa relixión (non esquezamos que o islam prohibe as prácticas relixiosas externas doutras relixións) e non serían destruídas as súas igrexas, algo que adoitaba ocorrer durante a conquista. Non obstante, o islam acordaba un trato diferente ao cristianismo e ao xudaísmo, por seren relixións das Sagradas Escrituras, non así aos politeístas. En Córdoba a igrexa principal, Igrexa de San Vicente, foi repartida, a metade para prácticas do rito cristián e a outra metade para o musulmán. Esta medida foi revogada en tempos de Abderramán 50 anos despois, cando se comezou a erixir sobre ela a gran mesquita.
 
A cambio, os vencidos sometíanse ao dominio do Califacalifa, xurando ser fieis e sinceros co walí, e comprometíanse a non dar apoio aos rebeldes contra dita ocupación, así como a pagar un tributo anual fixo por cada persoa, libre ou escrava, non musulmá (a ''gizya'' antes citada). Este tributo era parte en especie (trigo, cebada, mosto, vinagre, mel e aceite) e outra parte en metálico, consistente nun ''dinar'' (moeda de ouro árabe equivalente ao «soldo» visigodo) por persoa libre. Por cada escravo estipulábase medio pago.
 
En Orihuela estableceuse unha guarnición musulmá e enviáronse destacamentos a diversas cidades da antiga provincia. Cartaxena non formaba parte do enclave, senón que foi ocupada directamente polos árabes, dada a grande importancia estratéxica do seu porto. Este enclave continuou o seu autogoberno con Teodomiro ata o ano 743; e foi sucedido polo seu fillo Atanagildo, de cuxa riqueza tensese ten noticia antes de 754. Non obstante, pódese presumir que o status de autonomía de que gozaron as súas terras fora suprimido antes de 780 baixo Abderramán I.
 
Dende esta zona do sueste, Abd el-Aziz dirixiuse pola costa para controlar todo o Levante, sometendo Valencia e Sagunt. Polo outro extremo, e partindo tamén dende Sevilla, na campaña do ano 714, o propio Abd el-Aziz someteu Huelva, Faro, Bexa, EvoraÉvora, Santarem e Lisboa; e alcanzou un acordo de tipo ''‘ahd'' nunha ampla zona ao norte de Coimbra. Así, consolidouse tamén o dominio en Galicia, moi débil ata esa data. Nese mesmo ano morreu o rei visigodo Axila II, que foi sucedido por Ardo; se ben algúns historiadores sitúan a súa morte no ano 713 (pode que coincidindo coa campaña árabe de Levante, antes citada).
 
Abd el-Aziz instalou a sede do goberno [[omeia]] en Sevilla (tras a súa segunda conquista). Isto rompía a política tradicional dos árabes, que consistía, como ocorreu en Persia, Exipto ou África do Norte, en degradar os anteriores centros de goberno e gobernar dende un novo centro. Non obstante, o escaso número dos árabes en España e a continuidade das accións guerreiras de conquista impediron que, como neses outros países, se puidese construír unha nova cidade para o goberno.
 
Por eloiso, como alternativa a Toledo optouse por Sevilla, cidade que fora capital de varias provincias visigodas, e que incluso foi capital do reino godo por algún tempo no pasado. Isto cadraba máis coa política pactista de Abd el-Aziz. Pero había tamén razóns estratéxicas, propias dun tempo de conquista: Sevilla é unha cidade próxima ao mar e ao estreito e, por tanto, dende onde poder recibir reforzos máis rapidamente.
 
Con estes acordos e o traballo de desenvolver unha administración estable, 715 foi un ano sen campañas, no que Abd el-Aziz se dedicou a asentar o poder dos conquistadores, sen arrebatar novas terras ao rei visigodo Ardo. Ademais, tras catro anos de guerra era necesario recompoñer o exército e as finanzas, recoller todas as colleitas e permitir que se recuperaran tanto o país como as tropas do [[Califato Omeia]]. Non saíron exércitos en primavera para realizar novas conquistas, e Abd el-Aziz organizou outros plans igualmente efectivos.
 
Dentro da súa política de asentar o conquistado mediante alianzas e acordos, Abd el-Aziz contraeu matrimonio con EgiloExilo (tamén citada nalgunas fontes como Egilonda[[Exilona]]), viúva do rei Rodrigo, con quen tivo un fillo, chamado Asim. Convertida ao islam (aínda que segundo os seus críticos árabes, só en aparencia), cambiou o seu nome polo de Umm ‘Asim (nai de Asim).
 
Isto acercou a outros nobres visigodos, que abandonaron así a resistencia. Algúns deles incluso se converteron ao islam, para non ter que pagar impostos polas propiedades que lograran conservar (de feito, os nobres de ascendencia goda estaban tamén exentos de tributos na época visigoda), e para manter o seu status e influencia mediante novas relacións de clientela política cos xefes dos conquistadores.
 
Pero a voda antes citada de Abd el-Aziz, xunto ao apoio que daban estes nobres visigodos ao gobernador, e as accións deste para reforzar o seu poder fronte aos demais cargos dos conquistadores (como a asunción de varios cerimoniais e pompas rexios), así como a súa crecente autonomía na toma de decisións fronte ao goberno de Damasco, interpretáronse como un intento de rebelión contra o Califacalifa.
 
Por esa causa, o xefe do Exércitoexército, Ziyad ben Nàbigha (casado el tamén cunha nobre visigoda), encabezou, xunto ao cuñado de Abd el Aziz, Ayyub, unha conxura contra o gobernador, acusándolleacusándoo de facerse secretamente cristián. Froito dela, e seguindo ordes directas do califa Sulayman, Abd el Aziz foi asasinado no verán de 715 na mesquita de Sevilla (anteriormente, igrexa de Santa Rufina, expropiada polos musulmáns), mentres estaba rezando, e a súa cabeza foi enviada ao Califacalifa.
 
É notable que en toda a extensión das conquistas musulmás, dende o Punjab ata os Pireneos, só en España encontrase tal situación de rebeldía dun gobernador árabe contra o Califacalifa. Quizais a influencia visigoda, co seu arraigo social e cultural e a súa fortaleza ideolóxica, influíra, dadas as estreitas relacións coa antiga aristocracia visigoda antes citadas. Aínda que tamén axudaba a separación xeográfica. De feito, só uns poucos anos máis tarde, España foi a primeira rexión do «imperio árabe» en romper totalmente coa autoridade dos califas, formándose un emirato independente.
 
Tras os feitos antes citados, Ayyub quedou como gobernante interino durante seis meses, ata a chegada do novo gobernador nomeado polo Walíwalí de Ifriquiyya, irmán maior do asasinado. Durante os seis meses nos que Ayyub dirixiu as forzas do [[Califato Omeia]] non realizou ningunha nova campaña. O novo gobernador foi Al-Hurr (716–19), que chegou á península cun exército árabe de reforzo.
 
Al-Hurr era consciente de que a dominación árabe era claramente precaria, pois os árabes e os seus mercenarios bérberes eran unha porcentaxe moi pequena da poboación de España, e a pacificación do territorio era aínda superficial. De feito, o rei visigodo Ardo mantiña o seu poder no nordeste peninsular. Por eloiso, antes de reiniciar o proceso de conquista dos territorios peninsulares, procedeu a xeneralizar a instalación de guarnicións militares nas cidades xa tomadas, excepto as sometidas mediante acordo.
 
Al-Hurr, para romper co seu antecesor e estar máis centrado na península, trasladou a sede do seu goberno a Córdoba no ano 716, e estableceuse un novo imposto especial para os non musulmáns, aplicado tamén noutros países polos árabes: o ''harag''. Consistía nun imposto territorial, que obrigaba a pagar unha porcentaxe do obtido por traballar a terra.