Wenceslao Fernández Flórez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{biografía}}
[[Ficheiro:Wenceslao Fernández Flórez 1910.jpg|miniatura|175px|Wenceslao Fernández Flórez, retrato en ''[[Vida Gallega]]'', 1910.]]
'''Wenceslao Fernández Flórez''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[11 de febreiro]] de [[1885]] e finado en [[Madrid]] o [[29 de abril]] de [[1964]], foi un [[narrador]], [[xornalista]] e [[humorista]] galego.
 
Liña 12:
 
== Obra ==
[[Ficheiro:Praza do Humor - Wenceslao Fernández Flórez.JPG|miniatura|Busto de Wenceslao Fernández Flórez na Praza do Humor da Coruña.]]
[[Ficheiro:Cemiterio de Santo Amaro - Wenceslao.jpg|miniatura|Tumba de Wenceslao Fernández Flórez no [[cemiterio de Santo Amaro da Coruña]].]]
Publicou unhas corenta novelas e libros de relatos de humor, caracterizados estes por un humor irónico con moita retranca, ás veces próximo ó fantástico. Amósase moi sensible á paisaxe galaica, que envolve nun profundo lirismo. Moitas das súas novelas e relatos posúen contidos simbólicos. Non é un gran innovador en canto ás formas e estruturas novelísticas, senón que segue academicamente os modos da narrativa tradicional. Existen nel reminiscencias de [[Stendhal]] e de [[Eça de Queirós]], ó que traduciu. A súa obra transmite unha mensaxe de escepticismo cara a un mundo que cambia só superficialmente e descoida valores espirituais e morais permanentes. As súas personaxes móvense entre a frustración e o fracaso. Pese ó subversivo, ás veces, do seu conservadorismo, gozou de gran prestixio durante o [[franquismo]], publicando con regularidade artigos de prensa, facendo edicións das súas "Obras Completas" e dando a luz numerosas obras. Os autores e críticos da esquerda literaria non lle perdoan o feito de que non compartise os seus puntos de vista políticos e de que se aliñara inequivocamente co bando oposto, e en consecuencia, pasaron a silenciar o seu nome e a súa obra.