O Salvador: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 51:
== Historia ==
{{Artigo principal|Historia do Salvador}}
Os conquistadores [[España|españois]] que chegaron ao Salvador entre [[1524]] e [[1525]], viñan desde [[Guatemala]] logo de participar na conquista do [[México]]. Durante a colonia, O Salvador formou parte da [[Capitanía Xeneral de Guatemala]], tamén coñecida como Reino de Guatemala. O territorio salvadoreño estivo dividido nas Alcaldías Maiores de San Salvador e Sonsonate. En [[1811]] e [[1814]] producíronse importantes levantamentos contra o dominio español que expresaron a inquietude independentista dos crioulos (a elite branca descendente de españois). Finalmente, as nacións da [[América Central]] conseguiron a súa independencia de [[España]], o [[15 de setembro]] de [[1821]]<ref>Embaixada d'El Salvador nos EE. UU., [http://www.elsalvador.org/home.nsf/0/95378a6324cbb26985256b03005b1c99?OpenDocument De la Civilización a la Independencia] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20070416041739/http://www.elsalvador.org/home.nsf/0/95378a6324cbb26985256b03005b1c99?OpenDocument |date=16 de abril de 2007 }}, consultado o [[29 de marzo]] de [[2007]]</ref>. O [[1823]] formouse a [[Federación Centro-Americana]], composta polos actuais países da América Central: [[Guatemala]], [[Honduras]], O Salvador, [[Nicaragua]] e [[Costa Rica]]. O Salvador independizouse da federación o [[1838]].
 
Unha guerra civil de 12 anos, que custou as vidas de preto de 75 000 persoas, chegou á súa fin no [[1992]], cando o goberno de dereita e a [[guerrilla]] de esquerda asinaron un tratado que levou a reformas militares e políticas.