Xosé Manuel Cabada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 34:
 
== Traxectoria ==
De familia labrega, foi fillo de Manuel Cabada Prieto, natural de [[Marcenlos, Codeseda, A Estrada|Marcenlos]], e María Josefa Vázquez, de Barro. Xosé Manuel foi o segundo de tres irmáns. En [[1918]] entrou no [[Seminario de Santiago de Compostela]] ao mesmo tempo que estudaba Maxisterio e Filosofía e Letras na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Entrou en contacto co [[Galeguismo (política)|galeguismo]] e asistiu á V Asemblea das [[Irmandades da Fala]] ([[1923]]). En decembro de 1925 morreu a súa irmán Emilia. No curso 27-28 residiu no segundo piso do [[Pazo de Raxoi]] como preceptor dos Nenos de Coro da basílica compostelá.{{Sfn|Cabada Castro|2001}} En 1930 foi ordenado [[diácono]].{{Sfn|Cabada Castro|2001}} En [[1931]] saíu da Imprenta, Lib. e Enc. do Seminario C. o seu poemario ''[[:s:Vagalumes|Vagalumes]]'' ilustrado por [[Camilo Díaz Baliño]]. Tamén en 1931 ingresou no [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]]. Ese mesmo ano obtivo o título de licenciado en Filosofía e Letras en xuño, abandonou definitivamente a carreira eclesiástica e ingresou, a comezos de outubro, como profesor no Colexio xesuíta Apóstolo Santiago de [[Teis, Vigo]], onde coincidiu con [[Xesús Ferro Couselo]]. Asinou o 25 de outubro de 1931 o manifesto ''Afirmación Católica dun Grupo de Nacionalistas''.
 
Colaborou en ''[[El Emigrado]]'', ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'', ''[[Vida Gallega]]'' e ''[[Nós (revista)|Nós]]'' onde publicou varios poemas: "Na fala gallega", "O botafumeiro", "San Francisco pregando ós paxariños", "Festa en San-Iago"…<ref name="EGU"/>
 
Foi director dun instituto en [[Medina de Rioseco]] ([[Valladolid]]) en [[1933]], e trasladouse en [[1934]], tamén como director e profesor de [[Lingua latina|latín]], a outro de Linares, Xaén, onde morreu prematuramente por mor dunha [[peritonite]] en [[1936]], antes de casar coa súa noiva a farmacéutica andaluza María Luisa López Jiménez.{{Sfn|Cabada Castro|2001}}
 
Vinte e seis anos despois, en [[1962]], os seus restos foron trasladados á súa Codeseda natal.<ref>{{Cita publicación periódica |nome= M. |apelidos= Blanco |ligazónautor=Mario Blanco Fuentes |autor2= [[Xoán Andrés Fernández Castro|X. A. Fernández]]|ano= 2001|título= A translatio dos restos do poeta Xosé Manuel Cabada Vazquez o cemiterio de Codeseda - A Estrada|revista= A Estrada: Miscelánea histórica e cultural |número= 4|páxinas= 109-139 |url= http://dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/498/1/A%20translatio%20dos%20restos%20do%20poeta%20Xose%20Manuel%20Cabada%20Vazquez%20o%20cemiterio%20de%20Codeseda%20-%20A%20Estrada.pdf}}</ref>