Circuíto de Spa-Francorchamps: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web (3), |thumb| → |miniatura| (6), | thumb| → |miniatura|
Recuperando 2 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 43:
O '''Circuíto de Spa-Francorchamps''' é un [[circuíto de carreiras]] permanente onde se disputa o [[Gran Premio de Bélxica]] de [[Fórmula 1]] e as probas de resistencia das [[24 horas de Spa]] e os [[1000 quilómetros Spa]].
 
É un dos circuítos máis difíciles do mundo, principalmente debido á súa natureza rápida, sinuosa e accidentada. Spa é o circuíto favorito de moitos pilotos e afeccionados.<ref>{{Cita web |first= Maurice |last=Hamilton |url=http://sundayafternoonclub.blogs.topgear.com/2008/09/05/belgian-gp-different-strokes/ |title=Belgian GP: different strokes |publisher=Top Gear |date=2008-11-05 |accessdate=2011-01-22 |urlarquivo=https://archive.is/20120716051814/http://sundayafternoonclub.blogs.topgear.com/2008/09/05/belgian-gp-different-strokes/ |dataarquivo=16 de xullo de 2012 |urlmorta=si }}</ref>
 
Malia o seu nome, o circuíto non está en [[Spa, Bélxica|Spa]], pero atópase na contorna da localidade de [[Francorchamps]] por completo dentro dos límites do municipio de [[Stavelot]].
Liña 57:
Deseñado en 1920 por [[Jules de Their]] e [[Henri Langlois Van Ophem]]<ref name="spa_history">{{Cita web |url=http://www.spa-francorchamps.be/en/circuit-history.php |title=Circuit History |publisher=Circuit de Spa Francorchamps |accessdate=2011-01-22}}</ref>, o circuíto orixinal en forma de triángulo tiña 15 quilómetros de extensión, e percorría as [[estrada]]s que unen as vilas [[Bélxica|belgas]] de [[Francorchamps]], [[Malmedy]] e [[Stavelot]]. A pista foi pensada para recibir a súa carreira inaugural en agosto de 1921, pero, tivo que ser cancelada xa que só había un participante. A primeira carreira automobilística celebrouse no circuíto en 1922, e dous anos máis tarde viu a primeira edición da xa famosa carreira das [[24 Horas de Spa]]. O circuíto foi utilizado por primeira vez nun Gran Premio de automovilismo en 1925.
 
O circuíto vello de Spa era esencialmente unha carreira de velocidade cos pilotos circulando a moitas máis altas velocidades medias que noutros circuítos, factor que fixo a Spa moi popular desde o seu inicio. Naquel entón, os belgas enorgullecíanse de ter un circuíto moi rápido, e para mellorar a velocidade media, en 1939 entre outras cousas remodelouse a lenta e tortuosa sección da chamada ''Ancienne Douane'' (ata 1920, houbo aquí unha aduana do [[Imperio Alemán]] <ref>[{{Cita web |url=http://greif.uni-greifswald.de/geogreif/geogreif-content/upload/mtbl/5501Buernenville1893Kopie.jpg |título=Deutsche Topographische Karte „5501 Bürnenville“, Ausgabe 1893] |data-acceso=02 de setembro de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110719105514/http://greif.uni-greifswald.de/geogreif/geogreif-content/upload/mtbl/5501Buernenville1893Kopie.jpg |dataarquivo=19 de xullo de 2011 |urlmorta=si }}</ref>), utilizando unha combinación rápida e pronunciada de curvas de esquerda-dereita cara arriba (en 240 metros de pista hai un desnivel de 24 metros), que se convertería nunha das curvas máis famosas do mundo, o Raidillon (en francés, subida forte), é coñecida polos afeccionados e público en xeral xunto coa curva a esquerda na parte inferior do val de Eau Rouge (Auga Vermella, o nome do río que corre baixo a curva), que unidas, forman a sección [[Eau Rouge]]-Raidillon, a máis característica do circuíto. Ata o ano 2000 era posible circular sobre a pista de carreiras, cando aínda era unha vía pública.
 
A pista de carreiras vella continuaba a través das curvas de Kemmel agora enderezadas á parte máis alta da pista (104 metros por encima da parte máis baixa), e logo ía costa abaixo en Les Combes, rapidamente, peraltada lixeiramente a esquerda cara a [[Burnenville]], pasando esta vila lanzabanse rapidamente a dereita. Preto de [[Malmedy]], comezaba a recta de Masta, que só era interrompida pola rápida Masta Kink entre as casas da granxa antes de chegar á localidade de [[Stavelot]]. A continuación, a pista continuaba a través dunha sección recta costa arriba con algunhas pequenas curvas chamadas la Carriere, pasando por 2 curvas ultrarrápidas (un xiro á dereita sen nome e logo Blanchimont) antes de frear moi duro para entrar na horquilla de La Source, e que empalmaba coa sección en descenso da liña de saída a diferenza de hoxe, onde a sección de saía e meta está antes de la Source.
Liña 112:
A alta velocidade da curva a esquerda de Blanchimont, presente tanto no vello circuíto de 14&nbsp;km. como no máis curto de 7&nbsp;km., é unha longa curva ao final da pista antes da chicana que conduce á recta de boxes.
 
Esta curva e o achegamento a ela causaron accidentes graves no tempo, o máis recente en 2001, cando [[Luciano Burti]] perdeu o alerón dianteiro do seu [[Prost Grand Prix|Prost]] debido a un choque co Jaguar de [[Eddie Irvine]], perdeu a carga aerodinámica dianteira e a dirección, saíuse da pista a 298&nbsp;km/h e bateu contra o muro de pneumáticos, o impacto noqueouno e enterrou o coche nun montículo de pneumáticos. Tamén producíronse problemas nas fórmulas máis baixas [[Tom Kristensen]] tivo un choque moi violento nun coche de Fórmula 3000 en 1997 logo de derrapar na entrada da curva de Blanchimont e posteriormente chocar contra a muro, rebotou e quedou no medio da pista, onde foi golpeado por varios coches antes de deterse por completo.<ref>[http://www.tomkristensen.com/karriere.aspx?yearID=d3f50014-55c6-4e1a-b8a0-8712121e9969 The Official Tom Kristensen Website]{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}</ref>
 
A zona de escape é máis estreita que noutras curvas desa velocidade, e detrás das barreiras de protección hai unha caída de 7-8 metros. Esta é a primeira curva, tomada polos coches logo de que a nova pista reúnese co trazado da antiga pista de 14&nbsp;km. Blanchimont foi tamén o escenario onde en 1992 logo de que [[Érik Comas]] se estrelara fortemente durante a sesión do venres, Ayrton Senna detívose, apeouse do seu coche e correu para axudar ao piloto ferido, con outros coches pasando a velocidades de carreira.