Ascomicetos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura| (2)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 90:
=== Micorrizas e fungos endofitos ===
{{Artigo principal|Micorriza}}
Os ascomicetos forman dous importantes tipos de relacións coas plantas: as [[micorriza]]s e mailos [[endofito]]s.<ref>http://www.uri.edu/ce/factsheets/sheets/endophyte.html {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20060312124840/http://www.uri.edu/ce/factsheets/sheets/endophyte.html |date=12 de marzo de 2006 }} University of Rhode Island</ref> As micorrizas son asociacións simbióticas do fungo coa raizame das plantas; o fungo realiza a absorción de sales e minerais do solo dun xeito moito máis eficiente que as raíces da planta. Pola súa banda, a planta fornece os produtos da fotosíntese ao fungo. No caso de moitas especies, como a meirande parte das [[conífera]]s e moitas outras plantas, esta asociación é de vital importancia. Incluso, en certos casos o fungo transporta nutrientes dunha planta a outra contribuíndo á robustez do ecosistema. É posíbel que as micorrizas teñan existido dende moi cedo no proceso da invasión dos ambientes terrestres polas plantas. Hai evidencia de que os fósiles de plantas terrestres máis antigos xa presentaban micorrizas.
 
Os '''endofitos''' moran dentro das plantas, especialmente nos talos e follas, mais xeralmente non danan o hóspede. Aínda non se coñece ben a natureza exacta desta relación mais semella que esta asociación confire unha maior resistencia contra os insectos, os nematodos e as bacterias; tamén é posíbel que contribúa á produción de alcaloides tóxicos usados polas plantas na súa defensa contra os herbívoros.