Ana Bolena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 44:
A carencia de arquivos parroquiais do período fixo imposible establecer a data do nacemento de Ana Bolena. As probas a partir do século XVI son contraditorias, con distintas datas que foron propostas por varios autores. Un historiador italiano, en 1600, suxeriu que ela nacera en 1499, mentres que o xenro de sir [[Thomas More]], William Roper, suxeriu unha data moi posterior, 1512. Hoxe en día, o debate académico céntrase ao redor de dúas datas claves: 1501 e 1507.<ref>A data de 1507 foi proposta primeiro por un anticuario isabelino, William Camden, e foi a favorita ata o traballo do historiador de arte Hugh Paget, que argumentou en contra en 1981. Ver a biografía de Eric Ives ''The Life and Death of Anne Boleyn'' para os argumentos máis extensos que favorecen 1500/1501 e ''The Rise and Fall of Anne Boleyn'' de Retha Warnicke para a especulación subxectiva sobre o ano de nacemento de 1507.</ref> Ives, un historiador británico e experto legal, promove a data de 1501, mentres Retha Warnicke, un erudito americano e historiador de xénero que tamén escribiu unha biografía de Ana, prefire 1507.
 
A peza clave das evidencias escritas sobreviventes neste argumento é [https://web.archive.org/web/20090321081526/http://www.nellgavin.com/boleyn_links/boleynhandwriting.htm unha carta que Ana escribiu en 1514]. Escribiuna en [[Lingua francesa|francés]] (a súa segunda lingua) ao seu pai, que aínda vivía en Inglaterra mentres Ana completaba a súa educación nos [[Países Baixos]]. Ives sostén que o estilo da carta e a súa letra madura demostra que Ana debía ter aproximadamente trece anos no momento de escribila. Esta estaría tamén ao redor da idade mínima en que unha rapariga podería ser unha dama de honra, cando Ana o foi da rexente Margarida. Isto está apoiado por afirmacións dun cronista de finais do século XVI, o cal escribiu que Ana tiña vinte anos cando volveu de Francia.<ref>Ver Ives, p. 18–20;</ref> Estas conclusións son cuestionadas por Warnicke en varios libros e artigos, pero as probas aínda non apoian concluintemente ningunha data.
 
=== Infancia e familia ===
Liña 120:
 
=== Vida como raíña ===
Ana tiña un persoal de serventes maior que o de Catarina: había máis de 250 criados para atender ás súas necesidades persoais, desde sacerdotes ata mozos de cortello. Había tamén máis de 60 damas de honra que a servían e acompañaban a acontecementos sociais. Tamén empregou a varios [[sacerdote]]s que actuaron como os seus confesores, capeláns e conselleiros relixiosos. Un destes era o relixioso moderado [[Matthew Parker]], que se convertería un dos principais arquitectos da moderna Igrexa de Inglaterra baixo o reinado da súa filla Isabel I.<ref>[http://parkerweb.stanford.edu/parker/actions/page.do?forward=aboutparker&section=parker About Matthew Parker & The Parker Library] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20090415052522/http://parkerweb.stanford.edu/parker/actions/page.do?forward=aboutparker&section=parker |date=15 de abril de 2009 }}, the Parker Library.</ref>
 
A súa reputación como reformista relixiosa estendeuse por Europa, e foi aclamada como unha heroína por figuras Protestantes; ata [[Martiño Lutero]] viu a súa subida ao trono como un bo signo. Tamén salvou a vida do reformista francés [[Nicolas Bourbon]], que foi condenado á morte pola [[Inquisición]] francesa.<ref>[http://www.biographybase.com/biography/Boleyn_Anne.html Anne Boleyn Biography], Biography Base</ref> Apelou á familia real francesa, que salvou a vida de Bourbon como un favor á raíña inglesa. Bourbon referiríase máis tarde a ela como "a raíña que Deus ama". Aínda que avogase pola reforma relixiosa, sobre todo traducindo a [[Biblia]] ao [[Lingua inglesa|inglés]], non desafiou a doutrina Católica de [[transustanciación]]. Ademais, cando o seu marido opúxose á maior parte das reformas doutrinales [[Luteranismo|luteranas]], Ana tivo que ser coidadosa en canto a dirixir a Inglaterra cara ao que a miúdo se chamou "a Nova Aprendizaxe". Era tamén unha xenerosa patrocinadora da caridade, distribuíndo esmolas para axudar aos pobres e fondos a fundacións educativas.