Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Recuperando 5 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 63:
No seu periplo universitario, prendeu a idea en Castelao dunha Galicia "máis xusta, máis libre, máis farturenta", á vez que, en propias palabras de Castelao, "a nosa mocidade empurrábanos ao separatismo"<ref>[http://www.anosaterra.org/nova/castelao-a-nosa-mocidade-empurrabanos-ao-separatismo.html Castelao: ‘A nosa mocidade empurrábanos ao separatismo’], A Nosa Terra.</ref>.
 
Durante os seus anos na universidade agroma tamén o seu interese polo debuxo e a pintura, e en especial pola caricatura, ademais de pola música, posto que tocaba na [[tuna]]<ref>[http://www.concellopontevedra.es/castelao-pontevedra/castenpont.html Castelao en Pontevedra] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20140312031726/http://www.concellopontevedra.es/castelao-pontevedra/castenpont.html |date=12 de marzo de 2014 }}. 1911. Primeira escala da turné da tuna compostelana.</ref>. En [[1908]] expuxo os seus debuxos en [[Madrid]] e comezou a colaborar coa revista viguesa ''[[Vida Gallega]]''. Entre [[1909]] e [[1910]] fixo un curso de doutoramento en Madrid e participou nos II e III Salón Nacional de Humoristas, á vez que colaboraba como ilustrador con ''El Cuento Semanal''. Acadou unha medalla de ouro na [[Exposición Rexional de 1909]] de Santiago, co tríptico ''Unha festa na aldea''.
 
É nese momento en que reside en Madrid cando lle confesa ó seu pai que é "''artista antes que nada''" e que "''non pensei en ser doutor máis que por satisfacelo a vostede. Eu son artista e a miña ambición so é vivir da arte, o contrario sería a miña desgracia''"<ref>Téñase presente que Castelao sempre escribiu ao seu pai e ás súas irmás en castelán.</ref>. O feito é que regresou de Madrid sen lograr o doutoramento.
Liña 83:
Así, en [[decembro]] de [[1915]] vai a Madrid a opositar a funcionario do Instituto Xeográfico Estatístico, á vez que aproveita para participar nunha Exposición de Humoristas e na Exposición de Belas Artes de Madrid, na que obtén grandes eloxios da crítica. Aprobada a devandita oposición, comeza a traballar como auxiliar de Estatística en [[Pontevedra]] a principios de [[1916]], onde residiría xa ata [[1936]].
[[Ficheiro:Exposición rexional de arte galega. A Coruña 1917.jpg|miniatura|300px|Exposición no [[Palacio de María Pita]], en [[1917]]. De esq. a der., de pé: [[Alfredo Tella|Tella]], [[Manuel Abelenda Zapata|Abelenda]], [[Alejandro Barreiro Noya|Barreiro]], [[Carlos Sobrino Buhigas|Sobrino]], [[Antonio Palacios Ramilo|Palacios]], [[José Seijo Rubio|Seijo]], [[Fernando Álvarez de Sotomayor|Sotomayor]], [[Francisco Lloréns|Lloréns]], Castelao, [[Jesús González Concheiro|Concheiro]], [[José Francés y Sánchez-Heredero|Francés]], [[Emilio Madariaga y Rojo|Madariaga]] (co chapeu nas mans), [[Rafael González Villar|González del Villar]] e dúas persoas sen identificar. Sentados: a muller de Francés, [[Emilia Pardo Bazán|Pardo Bazán]] e [[Manuel María Puga y Parga|Picadillo]].]]
Nese mesmo ano de [[1916]] participa como figurante no filme ''[[Miss Ledyia]]'', rodado en [[Pontevedra]] por [[Xosé Gil Gil|José Gil y Gil]]. Xa en [[1918]] volve opositar e mellora a praza de funcionario en Pontevedra, á vez que comeza a traballar como profesor adxunto da cátedra de Debuxo, no [[IES Sánchez Cantón|instituto de segunda ensinanza de Pontevedra]], onde coñece a [[Antón Losada Diéguez]] cando este vén como catedrático de [[Psicoloxía]], [[Lóxica]] e [[Ética]]. Fíxose cargo da cátedra de Debuxo, por baixa do titular, durante quince meses.<ref>[http://www.concellopontevedra.es/castelao-pontevedra/castenpont.html De auxiliar de estatística a profesor no instituto] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20140312031726/http://www.concellopontevedra.es/castelao-pontevedra/castenpont.html |date=12 de marzo de 2014 }}.</ref>
 
En Pontevedra comeza a colaborar axiña cos intelectuais da vila e nos círculos culturais que alí existían, como a charla do farmacéutico [[Perfecto Feijoo]], o coro ''Aires da Terra'' e na creación da [[Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra]] (en [[1925]]). O Castelao escenógrafo naceu precisamente para os decorados dunha das representacións desta Coral. Máis adiante, en [[1927]], participará como membro fundador do [[Museo Provincial de Pontevedra|Museo de Pontevedra]]<ref>Da intensa relación de Castelao co Museo de Pontevedra é boa mostra o feito de que o beneficiase co legado dos seus fondos no momento da súa morte.</ref>.
Liña 169:
En [[1944]] publícase o seu libro magno ''[[Sempre en Galiza]]'', que se presenta ó público o [[2 de xullo]]. Nese mesmo ano constitúese o ''[[Consello de Galiza]]'', que proclama a Castelao como Presidente. Case simultaneamente nace o pacto ''[[Galeusca|Galeuzca]]'', no que tamén participa activamente.
 
En [[1946]], o Goberno republicano no exilio de [[José Giral]] instálase en [[París]] e Castelao é nomeado ministro. Os galeguistas do interior (especialmente [[Ramón Piñeiro]]), premeron ante Giral para que Castelao fose nomeado ministro porque xa había un vasco ([[Manuel Irujo Ollo|Manuel de Irujo]]) e un catalán ([[Nicolau D’Olwer]])<ref>Como curiosidade indicar a semellanza física que había entre D’Olwer e Castelao, que provocaba frecuentes confusións no Congreso dos Deputados, e mesmo eles contribuían a tal feito trocándose de asentos, tal e como expresou o escritor [[Wenceslao Fernández Flórez]] en ''Acotaciones de un oyente. Volumen 2.''</ref>, fronte ao candidato do vasco Aguirre e do propio Giral, [[Manuel Portela Valladares]]. Por este motivo trasládase a París e toma posesión en agosto. Por cousa das disensións cos socialistas de [[Indalecio Prieto]], Giral vese obrigado a dimitir e disolve o goberno, co que Castelao, desilusionado<ref name=Carta1947>[http://www.terraetempo.org/media/documentos/TT_137_140_Dossier_Carta_de_Castelao_a_Rodolfo_Prada.pdf Carta de Castelao a Rodolfo Prada] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20110818092201/http://www.terraetempo.org/media/documentos/TT_137_140_Dossier_Carta_de_Castelao_a_Rodolfo_Prada.pdf |date=18 de agosto de 2011 }} (10 de abril de 1947), onde amosa a súa decepción.</ref>, decide regresar a Buenos Aires, a onde marcha en xullo de [[1947]]. Da pouca utilidade que lle ve ao goberno Giral é mostra a descrición que fixo Castelao de ser "''un barco varado, incapaz de navegar''". En resumo, Castelao ostenta o cargo de ministro sen carteira desde abril de 1946 (de facto, desde agosto) ao [[26 de xaneiro]] de [[1947]], en que se disolve o goberno. Durante este tempo súmaselle ó desencanto con boa parte da política española no exilio<ref name=Carta1947/> as desavinzas coa dirección interior do Partido Galeguista, como se ve no intercambio de correspondencia entre Castelao e a dirección interior, entre outras cousas pola intención de constituír unha delegación do partido en París para dirixir a política galeguista do exilio, ou pola de facer a [[Xoán Xosé Plá]] parceiro del para "servir as consignas do Comité"<ref>[http://www.terraetempo.org/media/documentos/Terra_e_Tempo_134.pdf Castelao vs Piñeiro], Terra e tempo, nº 134 (abril, maio, xuño 2005), pp. 37-53.</ref>.
 
=== Enfermidade e pasamento ===
Liña 177:
Xa na [[Arxentina]], Castelao retomou a actividade política e participou en numerosos actos públicos<ref>{{cita web|url=https://cgai.xunta.gal/gl/filmes/imaxes-de-castelao-en-buenos-aires|título=Imaxes de Castelao en Buenos Aires|páxina-web=cgai.xunta.gal|dataacceso=15 de xuño de 2018|data=|lingua=}}</ref>, como o coñecido discurso ''[[Alba de Groria]]'' no [[Día da Patria Galega|día da Patria]] de 1948, pero a comezos de [[1949]] diagnostícaselle un [[cancro]] de [[pulmón]] incurable<ref>Castelao foi un fumador empedernido, como se pode comprobar en boa parte das súas autocaricaturas e nas fotografías da época. Cando comezou a manifestarse o cancro, en 1947, deixou practicamente de fumar. Segundo escribe Victoria Armesto "''A partir de entón só fumaba algún que outro cigarro ocasional, sempre ás agachadas de Virginia''" (''La Voz de Galicia'', 26 de xuño de 1984).</ref> aínda que os médicos só lle din que ten un ''"proceso infeccioso no pulmón esquerdo"'' que esixe repouso e tratamento médico. Os médicos decidiron ocultar a gravidade da enfermidade tanto a Castelao como á súa muller, e semella que el non foi consciente da inminencia da morte<ref>"''(...) os médicos e mais eu (que istamos no témero segredo da súa gravedade) vimos ocultándolle a verdade e dando azos i espranzas de que se reporá... Piadosa aititude de quen non chega a ser prenamente eficaz, pois il (¡e aínda máis, a probe Virxinia!) ten o espritu tebroso coas dúvidas e presentimentos —¡il tan agudo e tan intuitivo!— que non conquerimos barrerlle do ánemo.''" — Carta de Rodolfo Prada a Ramón Otero Pedrayo (15-V-1949).</ref>. En xuño de [[1949]] escribía escusando a súa presenza nun acto do Centro Pontevedrés de Buenos Aires que "''estou absolutamente seguro de repoñer a miña saúde e de acompañalos no ano próisimo, por este xa se vé que non é posible''"; en decembro escribía ao seu amigo [[Manuel Roel Longueira|Manuel Roel]]: "''Estou enfermo pero sandarei. Algún día nos veremos na verde Betanzos''".
 
Castelao, recluído no seu domicilio e cada vez con maiores dores –que el describía como que "''xa está eiquí o corvo, xa está o corvo peteirando''", dedícase a preparar a edición de ''[[As cruces de pedra na Galiza]]'' pero só consegue ver impresas e asinar as primeiras páxinas. Finalmente, para intentar reducir as dores que sufría, os médicos deciden sometelo a unha lobotomía prefrontal.<ref>{{cita web|url=http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.2656.php|título=Tres médicos escritores (II)|páxina-web=galiciadigital.com|dataacceso=20 de xuño de 2016|data=27 de maio de 2008|lingua=castelán}}</ref> O día [[2 de xaneiro]] de [[1950]] ingresárono no Sanatorio do [[Centro Gallego de Buenos Aires]], o 4 operárono pero non consegue recuperarse da operación e morre pouco antes da medianoite do [[7 de xaneiro]], sen chegar a cumprir os 64 anos. Foi embalsamado para cumprir o seu desexo de, algún día, regresar a Galicia e, ademais, o escultor [[Domingo Maza]]{{Cómpre referencia}} fixolle unha mascariña da cara e un baleirado en xeso da súa man dereita <ref>{{Cita web|url=http://emigracion.xunta.es/patrimonio/centro-galicia-de-buenos-aires-culturasocial-y-deportivo/máscara-mortuoria-de-daniel-r-ca|páxina-web=Xunta de Galicia|título=Ficha de "Máscara mortuoria de Daniel R. Castelao"|urlarquivo=httphttps://archive.istoday/RaHN#selection-28920120713062525/http://emigracion.0-289xunta.50es/patrimonio/centro-galicia-de-buenos-aires-culturasocial-y-deportivo/m%C3%A1scara-mortuoria-de-daniel-r-ca|data-acceso=26 de xuño de 2018|dataarquivo=13 de xullo de 2012|urlmorta=non}}</ref>. Foi soterrado o día 9 no cemiterio da [[Chacarita]], de Buenos Aires<ref>[http://www.centrogallegoba.com.ar/#!/centro-gallego/panteon Panteón do Centro Galego no Cemiterio da Chacarita] (Buenos Aires).</ref>, no medio de grandes mostras de solidariedade da poboación bonaerense e dos exiliados galegos, que ateigaron as rúas amosando o seu afecto polo egrexio Castelao.
 
=== A censura ===
Non cabe estrañarse da censura que estableceu o goberno de [[Francisco Franco]] sobre toda a obra de Castelao. Especialmente significativa é a nota que a Dirección Xeral de Prensa envía aos xornais para advertirlles do tratamento que debían dar á noticia do pasamento:
{{cita centrada|''Unha vez falecido en Bos Aires o político republicano e separatista galego Alfonso Rodríguez Castelao advírtese o seguinte: A noticia da súa morte darase en páxinas interiores e a unha columna. Caso de inserir fotografía, esta non deberá ser de ningún acto político. Eloxiaranse unicamente do falecido as súas características de humorista, literato e caricaturista. Poderase destacar a súa personalidade política, sempre e cando se mencione que aquela foi errada e que se espera da misericordia de Deus o perdón dos seus pecados. Da súa actividade literaria e artística non se fará mención algunha do libro "Sempre en Galiza" nin dos álbums de debuxos da guerra civil. Calquera omisión destas instrucións dará lugar ó correspondente expediente.''<ref>[http://www.museocastelao.org/morte/censura.html A censura española] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20080820104512/http://www.museocastelao.org/morte/censura.html |date=20 de agosto de 2008 }}, Museo Castelao.</ref>}}
 
=== Regreso a Galicia ===