Salomon Israel Cherezli: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 11:
Como editor foi un dos primeiros en publicar literatura secular en Xerusalén, a maioría dos libros editados fórono en xudeoespañol, converténdose canda Moshé Azriel no principal editor de libros ladinos na cidade. A produción da súa casa editorial consistía basicamente en novelas e historias que se publicaran serializadas na prensa de Esmirna, propiedade de Alexandre Ben Guiat, e na súa maioría eran traducións da mellor literatura internacional. Amais tamén imprimiu literatura hebrea secular e rabínica.
Tamén escribiu literatura orixinal e traducións, ás veces adaptadas, entre elas ''El rey i el shastre : novelah de lah vidah G'udiah en Galisia''<ref>Os títulos das súas obras poden variar segundo a fonte, xa que escribía o xudeoespañol co alfabeto hebreo, como era o habitual na época.</ref> (1903) de N. N. Samueli, ''Esperansa de un ipokrita y el arebividor de los muertos''(1901) de Ḥ. E Mushḳaṭ.
Durante a [[Primeira guerra mundial|Primeira Guerra Mundial]] as autoridades otománs obrigárono a vender a súa casa editora. Tivo que servir tamén no exército otomán en [[Anatolia]] e no tempo libre ensinou hebreo á comunidade xudía. Tras a guerra volveu a Xerusalén e estableceu unha pequena librería e implicouse en actividades de caridade e fundou unha asociación para proporcionar tratamento médico aos pobres.
|